Saltar navegación

CARTOGRAFÍA DA ESCOITA

catografia da escoita

Así describe o escritor de viaxes británico Bruce Chatwin a natureza da práctica cartográfica aborixe relacionada co walkabout australiano; "Unha canción era ao mesmo tempo un mapa e un medio de orientación. Si coñecías a canción, sempre poderías atopar a túa itinerario a través do país [...] Toda Australia podíase ler como unha partitura musical ". Noutras culturas como á que fai alusión Chatwin a cartografía non é necesariamente algo visual ou gráfico, pode ser mesmo unha canción que te axude a memorizar os diferentes elementos que forman parte da paisaxe para poder orientarte nela. En occidente sempre prestamos máis atención ao sentido da vista polo que os nosos mapas, tradicionalmente tenden a ser debuxados. Pero sexa, dun xeito ou outro un mapa se presenta como unha ferramenta que ten a finalidade de achegarnos de forma comprensiva a un contexto.

ACTIVIDADE: MAPA INTUITIVO

Vamos empezar facendo un exercicio inspirados pola idea dos mapas intuitivos ou de percepción que se utilizan en xeografía.

1. Colle unha folla e debuxa de memoria un mapa da zona na que vives

2. Escolle aqueles lugares que consideres que teñen algún son que podes recordar

3. Escribe en cada zona que sons forman parte desa paisaxe sonora

4. Percorre eses lugares e escoita, logo completa o mapa

5. Comparte cos teus compañeiros a experiencia.

É importante desenvolver unha imaxinación sonora que nos permita achegarnos ao medio que vivimos dende sentidos dos que non somos moi conscientes. Exercicios deste tipo poden axudarnos moito a desenvolver esta sensibilidade de escoita atenta.

MAPA VIRTUAL

Agora imos utilizar unha ferramenta de cartografía virtual como un medio para representar a nosa experiencia de escoita e o coñecemento do medio sonoro no que vivimos utilizando algúns dos conceptos explicados nas leccións anteriores sobre a paisaxe sonora.

Unha cartografía pode non ter sons pero ser sonora como vimos na actividade anterior. Un exemplo interesante é o proxecto Sound Tourism no que aparecen indicados diferentes lugares do mundo que é interesante visitar, non porque sexan fermosos visualmente, se non para escoitar. Pero aquí non se recollen as gravacións deses lugares, se non que están rexistradas e xeolocalizadas para que teñas a información.

sonic wonders

Sonic Tourism, por Sonic Wonders

Para empezar a traballar imos utilizar unha ferramenta que te permitirá facer proxectos web similares. Nesta primeira parte imos simplemente a crear un mapa con información textual pero no seguinte apartado aprenderemos como engadir sons para que se converta nun mapa sonoro.

É probable que esteas máis familiarizado cos mapas de Google. A razón pola que escollemos Umap é porque utiliza mapas que foron creados, non por unha empresa, se non coa colaboración de moita xente polo que son unhas cartografías abertas; "OpenStreetMap está creado completamente por xente como ti, e calquera pode corrixilo, actualizalo, descargalo e usalo".

O primeiro que tes que facer é rexistrarte accedendo a esta web. Cando esteas dentro seguir os seguintes pasos.

umap inicio

Escolles o servizo de Open Street Maps entre as opcións que te ofrece.

conta

Agora ou inicias a sesión se xa tes conta ou creas unha conta ben indicando todos os datos ben vinculada a un servizo no que xa teñas unha conta (Gmail, Facebook, Yahoo, etc.)

Umap

Se escolles darte de alta sen vinculala a ningún servizo que xa teñas terás que cubrir o seguinte formulario e esperar que te envíen ao teu mail un correo de confirmación para activar a conta.

Xa podemos entrar na nosa conta. Polo de agora non teremos mapas se é a primeira vez que entramos pero no futuro cando entres na túa conta irás vendo os diferentes mapas que fagas.

Para crear o teu mapa tes que ir á esquina dereita superior.

Umap

A continuación empezamos o proceso de configuración e o primeiro que podes facer é escoller unha capa, poñerlle un nome e gardalo para seguir traballando nel.

ACTIVIDADE: CARTOGRAFIANDO SONS

Agora imos ver algunhas ferramentas de moita utilizade para facer algunhas actividade.

Podemos crear sobre o mesmo mapa varias capas con diferente título e logo os usuarios poden escoller que capas ver e cales ocultar.

capas umap

A primeira actividade que imos facer é crear no teu mapa tres capas cos seguintes nomes; xeofonías, biofonías, antropofonías. Dálle a cada unha unha descición atendendo ao que se explica na unidade 1 sobre paisaxe sonora.

No noso mapa tamén podemos crear indicadores de diferentes tipos coas ferramentas que se atopan á dereita cando estamos en modo "edición". Estás ferramentas permítenos situar no mapa marcadores, liñas e areas (polígonos).

capas umap 2

A segunda actividade que faremos é marcar no noso mapa cun polígono a zona na que imos traballar (se queres podes crear unha capa nova só para a área) e logo colocar marcadores con diferentes sons nas localizacións que aparecen eses sons (coloca polo menos 10 sons). Fai unha descrición para cada marcador e escolle en que capa queres que apareza. Por exemplo, se pos un son que sexa das ondas do mar terás que escoller para el a capa xeofonía, se pos un son de paxaros en biofonía e se pos un de son de xente camiñando ese debería estar na capa de antropofonías.

Cando remates podes darlle a gardar o mapa e podes escoller na dereita o tipo de capa que queres ver seleccionando a icona do ollo. Podes velas todas ou so algunhas.

capas umap 3

ACTIVIDADE: PASEO SONORO

Outra práctica interesante para achegarnos ao son dun territorio é facer un paseo sonoro que non é outra cousas que un paseo que ten como principal finalidade escoitar os sons dun lugar. O interesante é que o movemento fai moito máis dinámica a experiencia xa que os sons da paisaxe van mudando e descubrimos novos sons que son animados por diferentes efectos producidos polos obstáculos que atopamos no camiño.

Hildegard Westerkamp traballou moito con este tipo de práctica cando estaba en Vancouver e deseñou paseos nos que indicaba aos participantes a que lugares era interesante achegarse para escoitar porque tiñan unha calidade especial. Este é un fragmento:

"Empeza aquí e escoita algúns dos sons que veñen de todas as direccións. Cada cidade ten ambientes sonoros diferentes que contribúen ao seu carácter particular Podes atopar eses sons aquí? Cales son típicos do paisaxes sonoro de Vancouver? [...] Camiña cara ás fontes e continúa escoitando os sons da cidade ata que desaparezan tralo son do auga. No teu camiño estás pasando a través de arcadas de madeira que dan unha calidade acústica particular aos teus pasos e aos dos demais [...] Párache na fonte e escoita as diferentes voces do auga Como inflúe o deseño da fonte no son? [...] Preto da fonte atoparás unha escultura de metal (Knife Edge de Henry Moore). Explóraa tanto visual como acusticamente [...] Pon o teu oído sobre a súa superficie e escoita o interior [...] ".

Estas prácticas pódense entender nun sentido amplo como cartografías sonoras xa que estase a facer unha descrición dun territorio que permite interpretalo, neste caso, dende o oído.

Pauline Oliveros, outra compositora, propoñía facer paseos movéndose moi lento para potenciar a experiencia de escoita e de descubrimento da paisaxe sonora:

"Non importa o amodo que camiñes sempre poderas moverte máis amodo... A finalidade deste exercicio é alterar os teus patróns ou ritmos ao andar para que aprendas a reconectar enerxías moi sutís do corpo coma se o peso movésese de lado a lado nun paseo extremadamente lento".

A primeira actividade que vamos facer aquí é pensar nunha zona interesante acusticamente e deseñar unha serie de instrucións para que outra persoa as siga. Intercambias cun compañeiro de clase o paseo e facedes cada un o do outro.

Outro exercicio interesante é facer paseos en parella, un cos ollos pechados mentres é guiado por un compañeiro e logo facer o camiño de volta invertendo os papeis e compartir a experiencia cos compañeiros da clase.

Po último podes visitar a páxina Do-It-Yourself Soundwalk na que te propón paseos xenerativos para que experimentes situacións activas de escoita no teu entorno.

sw1

sw2