Saltar navegación

Tipos de micrófonos

tipos de micrófonos

Aínda que o noso micrófono feito co vaso é interesante non é de demasiada utilidade na práctica, xa que non ten unha especial sensibilidade para recoller a cantidade de matices que ten a música ou o noso entorno sonoro. Para iso necesitaremos utilizar outro tipo de micrófonos máis profesionais que permitan capturar todas esas sutilezas. Hoxe en día incluso se poden facer gravacións aceptables utilizando o móbil, aínda que todo dependerá do tipo de son que queiramos gravar e da nosa pericia utilizándoo.

Dependendo das características materiais e técnicas coas que está construído o transdutor acústico que utilicemos terá unha serie de peculiaridades que o fan idóneo para recoller un tipo de sons ou outro. Por esta razón é importante coñecer os tipos que existen e escoller o máis idóneo.

Tradicionalmente faise unha diferenciación dos tipos de micrófonos atendendo ben ao material utilizado para converter o son ou ao tipo de patrón. Imos ver en que consiste todo isto e as súas peculiaridades.

MICRÓFONOS SEGUNDO O TRANSDUCTOR QUE UTILIZAN

Se ben tódolos os micrófonos cumpren a mesma función non todos o fan de mesmo xeito xa que a súa estrutura interna é diferentes. Como o que estamos a facer é un proceso de transformación do son noutra enerxía (electricidade) que poidamos utilizar con facilidade no ámbito da produción sonora, xa sexa esta analóxica ou dixital, o micrófono que escollamos influirá no resultado de xeito importante (tipo de frecuencias que se acentúan, intensidade, dinámica, etc.).

Se o pensas, en realidade o principio físico no que se basea un micrófono imita o funcionamento do noso tímpano e a súa resposta ás ondas sonoras que chegan do exterior. Esta parte móbil logo terá que interactuar con outros elementos para convertelo, igual que o noso oído, en impulso eléctricos.

Imos ver rapidamente algunhas características das tecnoloxías máis utilizadas.

TIPOS FUNCIONAMENTO IMAXE UTILIDADE
Dinámico O funcionamento dos micrófonos dinámicos é o mesmo que o dun altofalante. Temos un imán, un electro imán e unha pequena membrana. Cando o son fai vibrar esta última prodúcense unha serie de oscilacións na relación do campo magnético entre os outros dos compoñentes. Isto provoca, a súa vez, unhas oscilacións eléctricas que son as que se transmiten ao equipo que utilicemos para transformalas (un amplificador, unha mesa de mesturas, unha gravadora, etc.) dinámico Os usos deste tipo de micrófonos está moi estendido xa que é moi resistente e a súa fabricación non é moi custosa. É habitual que se utilice en situacións de concertos en directo para amplificar a voz e os instrumentos. En estudios de gravación tamén se utilizan por ofrecer un son máis agresivo interesante para algún tipo de instrumentos como o dos amplificadores das guitarras eléctricas.
Condensador

Os micrófonos de condensador, como o seu nome indican, se basean no principio eléctrico deste tipo de compoñente capaz de almacenar electricidade. Está formado por dúas placas, unha fixa e outra móbil que, ao moverse pola influencia do son, producen alteracións na carga existente. As variacións entrarán nos nosos equipos de son e xa podemos traballar con elas.

Este tipo de micrófonos necesitan unha fonte de alimentación para poder utilizalos. Moitos equipos de audio xa contan cun sistema interno coñecido como "alimentación fantasma" ou Phantom ofrecendo unha voltaxe duns +48 voltios.

condensador Os micrófonos de condensador son máis delicados que os dinámicos, polo que non é habitual que se utilicen en certo tipo de situacións adversas, pero, pola contra, teñen unha maior sensibilidade ao son e o recolle con máis matices e dinámica, polo que en ocasións é moi utilizado.
Cinta Os micrófonos de cinta son similares aos dinámicos no seu funcionamento, xa que ten un imán fixo, pero neste caso o que se move coas vibracións do son entrante é unha cinta metálica condutora tensada polos seus extremos producindo unha flutuación no campo magnético (indución electromagnética) e, en consecuencia, na carga eléctrica. cinta A súa principal peculiaridade é que responde de xeito moi natural ás frecuencias agudas e aguantan ben altas presións sonoras, ademais de recoller o son bidireccionalmente (pola parte frontal e posterior)
Piezoeléctrico Os piezoeléctricos son micrófonos que recollen o son por contacto. Se os anteriores captaban as oscilacións que se producen nun medio aéreo estes últimos precisan estar en contacto cunha superficie que a súa vez amplifique esas oscilacións. O seu funcionamento basease no principio de piezoelectricidade dalgúns materiais cristalinos capaces de xerar pequenas cargas eléctricas oscilantes en resposta aos cambios de presión.
piezo A súa vantaxe é que permite aillar certos sons das condicións acústicas do espazo no que se producen xa que recolle o son directamente dun elemento que está en vibración. É moi utilizado para amplificar, por exemplo, o son dunha guitarra colocándoo nalgunha das partes resoantes do instrumento.

MICRÓFONOS SEGUNDO O PATRÓN DE RESPOSTA

Aquí non se presta atención xa ao tipo de compoñente utilizado para converter as vibracións sonoras en electricidade, se non en como está deseñado o micrófono para capturar os sons segundo de onde proveñan, a súa direccionalidade. Esta propiedade coñécese co nome de "patrón polar".

Atendendo a isto teríamos os seguintes tipos.

TIPOS PATRÓN IMAXE
Unidireccionais Os micrófonos unidireccionais son aqueles que recollen o son que provén dunha dirección específica. Destacan os micrófonos cardioides que, como o seu nome indica, recollen o son nun espazo tridimensional en forma de corazón na súa parte frontal. Outros patróns que atopamos aquí son as variantes hipercardioide, supercardioide e semicardioide así como os ultradireccionais
cardioide
Omnidireccionais No caso dos micros omnidireccionais o son que recollen pode vir de calquera lado debuxando unha esfera. omnidirecional
Bidireccionais Son aqueles que recollen o son en dúas direccións polo que tamén se coñece co nome de micrófono en oito.
figura en oito

Imaxes de patróns , Galak76 (CC BY-SA 3.0)