Saltar navegación

TALLER DE MICRÓFONOS

taller de micrófonos

Malia que con paciencia, e algúns coñecementos, poderiamos construír unha versión caseira de case calquera tipo dos micrófonos antes mencionados, hai dous deles cos que podemos conseguir interesantes resultados sonoros sen demasiada complicación no seu proceso de construción.

Para este traballo imos precisar un estañador, estaño e unhas pinzas de corte para pelar os cables. En caso de non contar con este último sempre podes utilizar unhas tesoiras ou mesmo un cutter.

Aínda que non é unha tarefa complexa é recomendable que se faga baixo a supervisión de alguén con experiencia no uso do estañador informando das precaucións adecuadas, xa que imos traballar con altas temperaturas (xeito adecuado de collelo, onde aplicar a calor, como apoialo, etc.). Quizás podes contar coa axuda do profesor de tecnoloxía, xa que seguro que no departamento teñen as ferramentas adecuadas e se podería considerar como unha actividade con contidos transversais.

Realmente so imos utilizar o estañador para facer algúns puntos de soldadura polo que non debería dar demasiados problemas. Pero insisto na importancia de que esta tarefa se faga baixo certa supervisión.

ferramentas