Saltar navegación

QUE É UN MICRÓFONO?

microfonos

Podemos atopar múltiples alusións ao desexo de posuír dispositivos que permitiran amplificar o son desde moito antes da aparición da electricidade. As "Casas-son" provistas de "axudas que aplicadas á orella aumentan grandemente a audición" imaxinadas no século XVII por Francis Bacon na súa Nova Atlántida ou o sistema de condutos que levaban o son das prazas da cidade ao interior dunha estancia ideado polo seu coetáneo Athanasius Kircher no Musurgia Universalis (1650) son só dous exemplos da procura de sistemas capaces de engrandecer os sons pequenos e o reflexo dun desexo que se pode rastrexar incluso ata en datas anteriores.

Musurgia UniversalisTrompetas parlantes, Athanasius Kircher (CC BY 4.0)

Seguro que tamén nalgunha película ou cómics viches dispositivos como esas trompetiñas que se poñían antigamente na orella e eran utilizadas pola xente con problemas de audición para capturar as vibracións e escoitar mellor. A súa función era precisamente a mesma que no curioso deseño de Kircher, concentrar as ondas sonoras para aumentar a cantidade de enerxía acústica que entra no noso oído.

TrompetillaTo assist the hearing, Arallyn! (CC BY 2.0)

ACTIVIDADE: AMPLIFICANDO COAS NOSAS MANS

Para comprobar como funcionarían estes dispositivos imos facer un exercicio moi sinxelo seguindo estes pasos:

  • Escoita mirando cara un lugar onde se está a producir un son que poidas identificar (un paxaro, un río, unha fonte, un xerador de electricidade, etc.)
  • Sen mover a cabeza, coloca cada man detrás das orellas facendo como unha cuncha e comproba como cambia os son.
  • Proba a quitalas e poñelas de novo pero sempre escoitando atentamente.

Que é o que experimentaches?

  • Proba a colocar as mans en diferentes posicións.

escoitando

Este sinxelo efecto de amplificación da enerxía sonora é no que se basean as grandes construcións que se coñecen co nome de Espellos acústicos ou sonoros (acoustic mirrors, sound mirrors), e que se edificaron durante o I Guerra Mundial, principalmente na costa británica de Kent, para poder predicir con suficiente tempo o ataque por aire do exército inimigo grazas á súa capacidade para aumentar o ruído producido polos seus motores.

A súa forma cóncava permite concentrar a enerxía sonora e escoitalos a moitos quilómetros de distancia. Pero estes sistemas deixaron de ser de utilidade co desenvolvemento, a mediados do século pasado, de sistemas moito máis precisos e sofisticados inspirados tamén noutro fenómeno, a ecolocalización utilizada por baleas, morcegos e outros animais, dando lugar á invención do Radar.

 Espellos acústicosEspello acústico asilado, GanMed64 (CC BY 2.0) / Grupo de espellos acústicos, Paul Ruson (CC BY-SA 2.0)

Tamén había sistemas máis pequenos que funcionarían como o sinxelo exercicio que acabas de realizar.

amplificadorBocinas para escoitar, Douglas Self (Dominio público)

ACTIVIDADE: TELÉFONO DE FÍO

Pero o son tamén se transmite por outros medios sólidos como pode ser unha parede, o raíl do tren (como se ve nas películas do Oeste) ou unha corda.

Este último é o medio utilizado para facer o sinxelo experimento do teléfono de fío, que probablemente fixeches cando eras pequeno, no que cada extremo dun cordel é anodado no interior dunha lata e, se o tensamos, comprobamos como o son se transmite.

tele_fio

Este tipo de dispositivo tradicionalmente se facía con latas, polo que era coñecido como o teléfono de lata. Trátase dun pequeno experimento que xa se usaba a modo de xoguete ou curiosidade hai séculos.

Se non o fixeches nunca verás que é moi sinxelo. Precisas unha corda, non demasiado grosa, e dous vasos de plástico.

  • Perfora os dous vasos no centro da súa base
  • Pasa cada extremo da corda polo buraco dende o exterior ao interior
  • Fai un nó para que non se solte. Tamén podes atar a corda a un paliño ou un clip para que sexa máis resistente.

Agora so tes que tensar con algún compañeiro a corda e probar a falar ao interior do vaso como se fose un teléfono.

tele-fioTelléfono de lata, (Dominio público)

Que acontece?

Como cambia o son se destensas a corda?

Cal crees que é o proceso polo que se transmite o son?

Todos istos sistemas e algúns outros anticipáronse a invención do micrófono, unha idea que fará posibles inventos revolucionarios como o teléfono ou a radio e que, unido á electrificación dos sistemas de gravación, abre un interesante e produtivo campo de traballo no ámbito da captación e manipulación creativa dos sons.

Pero Que é un micrófono?

Un micrófono é un transdutor, é dicir un dispositivo que convirte un tipo de enerxía noutra, neste caso as vibracións sonoras en impulsos eléctricos, un proceso a partir do que cal podemos transformalas, creando variacións na sinal, ou capturalas almacenando o seu comportamento para logo reproducilo utilizando nuns altofalantes.

ACTIVIDADE: CONSTRUINDO UN MICRÓFONO

Agora imos construír o noso propio micrófono no sentido estrito utilizando tamén un vaso e algúns outros materiais. Non será moi útil para facer grandes gravacións sonoras, pero vainos servir para entender o proceso de transdución entre una sinal acústica e unha sinal eléctrica. Neste caso trátase dun micrófono eléctrico.   

Precisarás os seguintes materiais:

Vaso de plástico
vaso Montaremos as minas no vaso para facer funcionar o noso micrófono. Se o prefires tamén podes utilizar unha caixa de mistos ou outro obxecto que sexa capaz de concentrar o son
Tres minas de lapis minas En realidade precisaremos tres anacos de mina de lapis pero o seu tamaño dependerá do tamaño do vaso que utilicemos
Cables cable Na imaxe aparecen cables con punta de crocodilo moi utilizados para facer experimentos e probas. Isto facilita o traballo, pero se non os podes conseguir sempre podes utilizar cables normais e enganchalos enroscando ou con cinta aillante
Pila de 9V pila Calquera pila de 9v funcionará sen problema. Non utilices sistemas de corrente enchufados, como adaptadores, xa que poden producir un curtocircuíto e ser perigosos cando estamos experimentando
Altofalante altofalante Que non sexa moi grande. O ideal son estes pequenos que as veces atopamos nas radios. Tamén os podes conseguir nunha tenda de electrónica. Se non dispós dun destes altofalantes podes probar a utilizar uns cascos pequenos.

Os pasos a seguir son os seguintes:

mina2 Imos puír as tres minas cunha lixa, ou ben raspalas cunhas tesoiras co fin de que queden planas por un dos lados
vaso e minas Perforamos o vaso para poder atravesalo con dous anacos de mina de forma que queden paralelos e logo colocas o outro anaco de mina cruzado, coma se fose unha ponte sobre os anteriores sen fixalo con nada
micrófono vaso Necesitas os tres anacos de cable (ou podes utilizar os cables con pinza de crocodilo); un o conectas a unha mina e a un dous polos dá pila, agora conectas o outro polo dá pila a un dous polos do altofalante, e, para rematar, o polo do altofalante que che queda conéctao á outra mina  

Agora temos que probalo. So tes que falar no vaso e escoitar no altofalante achegándoo, se podes, á túa orella. Tamén podes poñer un cable o suficientemente longo como para sacalo da habitación e que outra persoa escoite fora. Lembra que poderías utilizar uns cascos para probalo en vez do altofalante.

vaso con cascos

É posible que ou escoites ou, polo menos, intúas con moi pouca potencia, pero é normal xa que é un sistema moi primitivo. Ou que ocorre é que a vibración dá túa voz fai que a mina que está apoiada sobre as outras dous, e que teñen capacidade condutiva, baile coas vibracións dá túa voz producindo variacións de electricidade que o altofalante converte de novo en son.

Neste vínculo podes ver un vídeo dunha versión diferente feita cunha caixa de mistos.