Saltar navegación

Micrófono de contacto

microfono contacto

Como xa vimos, na actualidade existen moitos tipos de micrófonos dependendo das súas especificacións e características, o que determina para que uso son máis idóneos.

Nesta actividade imos centrarnos naqueles que se coñecen como micrófonos de contacto. Estes recollen a vibración que se transmite a través dun corpo sólido ao que están pegados, de aí o seu nome.

Aínda que normalmente adoitamos a escoitar a través dun medio gasoso, como é o aire, este tamén se transmite por outros medios como os líquidos e os sólidos.

Se fas soar un diapasón e o apoias en diferentes partes da túa cabeza comprobarás como podes escoitar o son que emite. Esa transmisión non se produce a través do aire se non a través da estrutura ósea do teu cranio.

Os micrófonos cos que imos traballar actúan dunha forma similar. Agora imos construír un micrófono de contacto.  A parte principal na que se basean este tipo de transdutor son uns compoñentes electrónicos de moi baixo custe que se coñecen co nome de Piezoelectricos e que converten as vibracións en electricidade de baixa intensidade.

Podes facer un experimento moi sinxelo para comprobar isto. Só tes que conectar un pequeno led a as dúas areas do piezo, unha metálica e outra cerámica, e se apagas a luz e lle das golpes ao disco comprobarás como se acende sen que haxa outra fonte de enerxía que o propio piezo. 

Este principio estase utilizando nos últimos anos para xenrar electricidade que alimente a iluminación de sinalización de estradas, corredores en centros públicos con moito tránsito de xente, etc.

Pero agora imos ver como podemos sacarlle partido a esta propiedade para gravar sons escondidos.

FABRICACIÓN (VERSIÓN MONO)

Piezo eléctrico piezo

Xa falamos dos piezos cando explicamos os tipos de micrófonos.

Lembra que está formado por dúas capas, unha cerámica central e outra metálica exterior. Os atoparas de diferentes tamaños pero isto non afecta substancialmente ao resultado sonoro

Cable de dúas vías
cable piezo Se non consegues un cable deste tipo sempre podes utilizar dous cables, aínda que será moito máis incómodo á hora de utilizalo para gravar
Conector de audio mono
jack

Imos utilizar un conector mono de 6.3mm coñecidos normalmente como jack.

É unha conexión típica utilizada polos músicos para conectar instrumentos en mesas de mesturas ou amplificadores.

Se te fixas na punta verás que ten un anel de plástico que o divide en dous. Iso nos indica que é mono e separa a conexión de terra da que leva a sinal de audio

O que temos que facer é conectar cada un dos cables a cada unha das capas (á metálica e á cerámica) utilizando estaño e evitando que fagan contacto entre elas.

O primeiro que temos que facer é abrir por cada un dos extremos o noso cable de dúas vías cable

Atoparemos no seu interior outros dous cables e temos que retirar a un deles o plástico que o cubre na súa punta.

Podes utilizar unha ferramenta especial para pelar os cables, pero se non unha tesoira ou mesmo un cutter poden servir

Agora tes que soldar cada un dos cables dun dos extremos a cada unha das capas do noso piezo.

O que está protexido por outro plástico interior (vivo) co material cerámico central, e o que está sen protección (malla) á capa metálica

piezo con cable Fíxate ben que non fagan contacto os cables entre si

Para finalizar temos que soldar os outros extremos do cable ao noso conector.

Para facelo correctamente tes que conectar o que está soldado ao centro do piezo á patilla máis corta e o que conectaches á superficie metálica ao máis longo

jack mono

Fíxate que antes de estañar o conector de audio pasaches o cable polo interior da caparuza que o cubre xa que se non logo non a poderás poñer.

Outra opción é empezar por este paso montando o conector, poñendo a caparuza e logo pasando a estañar o piezo

Xa construímos o noso micro de contacto e debería ter a seguinte aparencia.

 piezo final

Estes micrófonos recollen máis sinal cando máis en contacto están co obxecto que queremos gravar. Para aumentar a presión podes utilizar diferentes técnicas dependendo da situación na que te atopes (pesas, cinta a dobre cara, pinzas, etc.).

Tamén podemos utilizar diferentes materiais para protexelo. Certas resinas como o epoxy permiten facelo algo máis resistente, ou, se mergúllalo en latex líquido e queda ben encapsulado poderás ata utilizalo para gravar dentro do auga converténdoo nun hidrófono.

Outra modificación seria pegarlle pinzas de crocodilo que venden en tendas de electrónica o que che permitirá suxeitalas en certas situacións a certos obxectos.

Aquí podes escoitar unha gravación no interior dun formigueiro feito con este micrófono.

Ant Nest, Martin Hogg (CC BY-SA 3.0)

Agora podes conectalo a unha mesa de mesturas e comprobar como, por exemplo, se o rozas ou o golpeas se produce son.

Hai que ter precaución xa que se trata dun micro moi sensible polo que si o golpeas con forza podes danar a entrada da mesa de mesturas.

FABRICACIÓN (VERSIÓN ESTÉREO)

Tamén podes construír unha versión estéreo para o que necesitarás: 

Un cable de dúas vías estéreo. É dicir, o que utilizamos antes pero duplicado cable estéreo De novo poderías utilizar dous cables de dúas vías pero se utilizas un so cable como indicamos aquí o resultado final será máis doado de manexar cando teñas que facer gravacións
Dous piezos como o anterior piezos Como imaxinarás, na nosa versión estéreo precisamos dous captadores de son, un que recollerá os sons que logo escoitaremos no noso oído esquerdo a través dun altofalante ou casco e outro que escoitaremos polo dereito creando unha sensación de movemento sonoro e sensación de espazo
Un jack estéreo. Neste caso utilizaremos unha conexión máis pequena que nos permitirá conectalo a unha gravadora de audio
jack estéreo

Este é un conector diferente ao anterior.

Non so é máis pequeno (3.5mm) se non que, se te fixas na conexión verás que ten dous plásticos dividindo o conector en tres partes a diferencia do mono que só estaba dividido en dúas partes.

Iso é porque agora imos recoller unha sinal dobre que se gravará que se pode gravar en estéreo.

Unha conexión será común para os dous (terra) e as outras van a ser unha para o lado esquerdo da nosa gravación e outro para o dereito

Agora imos conectalo todo

Facemos o mesmo que fixemos no exercicio anterior na versión en mono pero agora con cada un dos cables cable estéreo No extremo que imos soldar o conector de audio tomamos os fíos que van por fora de cada un deles, envolvendo ao que vai cuberto con outro plástico, e os xuntamos de xeito que teñamos tres conexións
Agora temos que soldar eses tres cables ao jack jack estéreo

Cada un dos vivos, os que están protexidos polo plástico, a as terminacións activas, as máis pequenas, e a suma das mallas dos outros dous a o máis grande (terra).

Dependendo como conectes os que levan a sinal de audio un funcionará de dereita e o outro de esquerda, pero non te preocupes xa que iso o podes comprobar cando fagas a gravación e cambiar a súa colocación

Por último soldamos cada un dos outros extremos a cada piezo como fixemos na versión mono piezos Lembra que os cables non deben tocarse entre si e que o cable central vai á capa central

Esta configuración estaría pensada sobre todo para unha gravadora con entrada de jack pequeno. Para conectala a un mesa de misturas precisarías un adaptador pero se o que queres é utilizar os micros de contacto nunha mesa de misturas ou cunha interface de audio para gravar no teu computador o ideal é facer dous mono e conectalos en dous canles separados.

PREAMPLIFICADOR

O son recollido por estes transductores ten un carácter moi peculiar co predominio das frecuencias medias e agudas  como podes escoitar no audio anterior. Esto é debido a que cando o conectamos a unha gravadora ou a unha mesa de mezclas se produce un desaxuste da impedancia provocando esa desaparición das frecuencias máis graves.

Se queres recuperar esas frecuencias terías utilizar o que se coñece como un “buffer” ou amplificador FET. Podese propoñer como unha actividade co profesor de tecnoloxía seguindo a información dos seguintes enlaces (1, 2 e 3).

Pero incluso sen o preamplificador cxa podemos conseguir sons interesantes de diferentes obxectos ou instrumentos, por exemplo esta Kalimba que se pode facer de xeito sinxelo utilizando unha caixa de madeira reutilizada, prededores de cabelo e un sistema de empalme de cables.

Kalimba1 kalimba2

 

Tamén poderías crear instrumentos curiosos e amplificalos ou buscar superficies resoantes e escoitar como soan no seu interior.

Cigar-box-resonator, Seth Klueth (CC BY 4.0)

No contexto da Arte Sonora o traballo con este tipo de dispositivos é moi amplo xa que permiten descubrir sons que non escoitamos de forma convencional ampliando a paleta de materiais cos que podemos crear obras como instalacións sonoras.

Un exemplo que se basea no principio da transmisión do son a través de materiais sólidos é a instalación de Laurie Anderson The Handphone Table. Remembering sound (1978) cuxos sons só se fan audibles cando apoiamos os cóbados sobre unha mesa e nos tapamos os oídos. Aproveitando a transmisión ósea dos nosos brazos podemos escoitar na intimidade os sons que a artista deseñou para que se reproducisen dende o interior da mesa.

Outro exemplo é a instalación sonora site-specific Harmonic Bridge (2006) na que o artista Bill Fontana amplificaba con micrófonos de contacto diferentes partes da estrutura e tensores da ponte Milleniun de Londres para convertelo nunha especie de arpa xigante cuxos sons podían escoitarse no interior do centro de arte Modern Tate.

Aquí podes ver unha instalación sonora audiovisual onde os sons capturados por piezos son procesados e ao mesmo tempo xeran vídeo.

Contact, Hannah Mishin (CC BY 4.0)


Na actualidade tamén numerosos artistas que traballan con gravacións de sons da contorna utilizan este tipo de micrófonos para revelar todo un mundo de paisaxes sonoras escondidas e moitos deseñadores de sons conseguen grandes efectos que logo utilizan en películas para recrear as sonoridades de diferentes obxectos, mesmo aqueles que non existen e teñen que imaxinar.

Proba a suxeitar un resorte longo ao teu micrófono de contacto feito cun piezo e escoita o son... Esta técnica se utilizou en algunhas películas de ciencia ficción hai anos para simular como soarían as armas que disparaban láser.

Tamén podes utilizar estes micrófonos para facer gravacións en medios como a neve ou mesmo a auga transformando o micro de contacto nun hidrófono, pero para isto terás que metelo nalgún tipo de encapsulamento estanco xa que a auga e a electricidade non se levan nada ben e podes danar o teu equipo de gravación.

Aquí tes algo de información dalgunha das posibles opcións.

Escoita algúns sons gravados con este tipo de micrófonos.

Whales sound hydrophone, Pierre Gauthier (CC BY-SA 3.0)

Gravación feita nunha charca na zona de Cabo Ortegal