Saltar navegación

Micrófono binaural

micrófono binaural

Xa vimos que existen unha grande cantidade de tipos de micrófonos e que dependendo das súas peculiaridades podemos utilizalos optimizando os resultados nunhas ou noutras situacións. É probable que teñamos acceso a algún deste tipo nalgún momento, ou mesmo podemos utilizar os do noso teléfono móbil, pero tamén existe a opción de construír uns micrófonos sinxelos cun baixo custo e que poden dar uns resultados ben interesantes.

Nesta actividade construiremos o que se coñece como micrófonos binaurais e que xa vimos na taboa na que se especificaban os tipos de micrófonos.

Basicamente consiste en dous pequenos micrófonos (estéreo) de condensador con patrón omnidireccional chamados Electret que se alimentan con baixo voltaxe. O segredo deste tipo de micrófonos está en que os colocaremos nas nosas orellas e así podemos recoller os sons cunha sensación moi realista.

FABRICACIÓN

Para construír o noso micrófono imos utilizar os seguintes compoñentes que poderás conseguir sen problema e a un custo moi reducido nunha tenda de electrónica ou a través de Internet.

Dúas cápsulas electret omnidireccionais electrets É importante que sexan omnidireccionais xa que queremos que capten o son que provén de todas partes
Cable dobre de dúas vías cable_dous Este cable o voveremos a utilizar na construción dos micrófonos de contacto no seguinte apartado. Basicamente consiste en dous cables unidos que á súa vez levan dentro outros dous cables
Conector de audio estéreo 3,5mm jack estéreo É o típico conector pequeno que utilizan os cascos nos reprodutores de de audio ou teléfono móbil

O proceso a seguir para ensamblar o noso micrófono binaural é o seguinte.

O primeiro que temos que facer é retirar a parte plástica que recubre a punta dos cables para deixar as conexións á vista. A continuación veras que no interior do cable hai, a súa vez, dous cables, un que está envolto noutro plástico e un que vai envolvendo a este e que imos chamar "malla". Tes que retirar tamén a cobertura do cable central de cada unha das vías puntas Nun dos extremos tes que crear unha conexión de tres cables. Para conseguir isto tes que xuntar as mallas dos dous cables como ves na imaxe
Agora temos que soldar a punta que está unida porque xuntamos o cable ao conector de audio. Primeiro retira o protector de rosca para acceder ás conexións
jack 3.5 Temos que soldar cada un dos cables independentes a cada un dos conectores máis pequenos. Segundo os conectes determinará cal será o de esquerda e cal o da dereita pero iso non é un problema. Logo solda o outro cable formado polas mallas ao metal exterior (terra). Lembra poñer o protector de rosca antes de pasar ao seguinte paso se non logo non poderás colocalo
Agora temos que soldar as cápsulas electret no outro extremo. Fíxate que teñen como dous conexións unha que parece unha illa e outra que está conectada ao exterior e é como unha península
electret Na que non toca con nada (illa) conectamos o cable principal de cada unha das vías, o que estaba protexido por un cable de cor. E logo soldamos o outro cable, a malla, ao punto de soldadura que está conectado á carcasa exterior. Fai isto coas dúas cápsulas. Ten coidado de que os cables non fagan contacto entre eles
Por último, se queres, podes protexer os teus micrófonos utilizando plástico termo-retráctil
termoretractil Este material que podes conseguir nunha tenda de electrónica se comprime cando o quentamos e se utiliza para encapsular pequenos circuíto electrónicos. Aquí podemos axustalo á cápsula e ao micro. Existen moitos outros tipos de materiais que poderías utilizar (silicona, espuma, etc.) Todo dependerá do uso que lle vaias a dar. Se fas unha busca en Internet atoparás outras opcións.

Xa están listos os nosos micrófonos e con eles poderás facer gravacións moi realistas como estas que podes escoitar a continuación. Se usas un cascos a experiencia funcionará mellor e o son será máis inmersivo. Fai un exercicio de imaxinación e tenta transportarte ao espazo no que eses sons foron gravados.

Esta gravación foi realizada en Tallin (Estonia) e nela se pode escoitar o son nunha praza en inverno, as palas apartando a neve reverberando na praza e os paxaros cantando porque hai algo de sol.

Aquí tes outro exemplo.

Neste caso se trata do son no interior dun tranvía en Nova Orleáns (EE.UU.). Escoita un par de veces esta gravación e a ver qué diferentes sons es capaz de diferenciar.

Podes atopar unha ampla colección de sons binaurais en diferentes espacios de Internet como neste canal de Youtube. Proba a buscar tamén noutros espazos como Archive.org ou Freesound.org.

Aínda que existen diferentes formas para facer gravacións binaurais unha das máis utilizadas é colocar os micrófonos no noso pavillón auditivo de tal xeito que ademais de recoller o son en estéreo coa distancia que aproximada que ten unha cabeza humana, xa que non todos temos o mesmo tamaño de cabeza, tamén se recolle o comportamento do son cando chega a nos e se producen desfases e variacións entre o que escoitamos nun oído e noutro modificado polas interferencias do noso propio corpo. Estas pistas axudarán ao noso cerebro a recompoñer de novo esa imaxe sonora conferíndolle unha aparencia moi realista.

Lembra que para utilizar estes micrófonos terás que utilizar unha gravadora de audio, as hai moi baratas, que teña entrada de micro coa opción de plugin-power. Isto permite alimentar os micrófonos. Outra opción é construir ti mesmo un pequeno preamplificador seguindo algún dos esquemas que podes atopar na rede. Podes buscar como "Electret preamp". Este sería un moi sinxelo. Podes amplialo facilmente para facelo estéreo.

electret preamp

Se non tes a túa disposición unha gravadora podes utilizar o Smartphone. Aquí tes unha interesante guía práctica de gravación con smartphones realizada por Sol Rezza, aínda que pode que nalgún caso precises utilizar un preamplificador para alimentar os teus micrófonos. Neste vídeo e neste vínculo tes algunha información adicional.

OUTOS FORMATOS DIY

Nesta web podes ver máis posibilidades de montaxe de micrófonos na sección Recording nature/recording gear. O primeiro dos apartados está adicado á construción dun sistems SASS (sistema de mostraxe estéreo de ambientes) e foi deseñado no ano 1987 pensando na gravación de orquestras e outras formacións de música, pero a súa aplicación á gravación de paisaxes sonoras estase popularizando nos últimos anos.