Saltar navegación

ECOLOXÍA ACÚSTICA

ecoloxía

O momento no que nace o estudio da paisaxe sonora está moi asociado a todo o movemento ecoloxista dos anos 60 do pasado século. De feito cando, anos máis tarde, desapareza o World Sounsdscape Project o seu relevo será tomado polo World Forum for Acoustic Ecology que nace no ano 1993 coa finalidade de estudar "o estado da paisaxe sonora do mundo" centrándose no "estudo dos aspectos sociais, culturais e ecolóxicos do medioambiente".

A ecoloxía acústica tenta incluír o son como unha vía para avaliar con maior precisión o estado mediambiental propoñendo un estudo minucioso dos cambios que se producen.

Moitos outros investigadores teñen traballado neste ámbito de investigación seguindo a estela destas dúas propostas pioneiras. Un dos nomes máis relevantes é Bernie Krause. Pero mellor que te fale el do seu traballo. Podes velo no seguinte vídeo.

La voz del mundo natural, Bernie Krause (CC-BY-NC-ND 4.0)

Se queres escoitar algúns destes sons que ten gravado en diferentes partes do mundo podes visitar a súa web Wild Sanctuary.

CUESTIONARIO: vídeo

Pregunta

Que é un "son característico" (firma sonora)

Respostas

O conxunto de sons que produce un hábitat concreto

Unha marca que permite identificar unha gravación

Unha empresa adicada a vender gravacións de paisaxes sonoras

Retroalimentación

Pregunta

Cales son as tres fontes que conforman a paisaxe sonora dacordo con Bernie Krause?

Respostas

Xeofonía, Biofonía e antrofonía

Zoofonía, biofonía, urbanofonía

Ecofonía, xeofonía, humanofonía

Retroalimentación

Pregunta

En cal categoría estaría o son do vento?

Respostas

Ecofonía

Biofonía

Xeofonía

Ventofonía

Retroalimentación

Pregunta

Por que é útil escoitar atentamente?

Respostas

Porque permite que nos relaxarnos

Porque nos distrae dos ruídos molestos

Porque é unha ferramenta para avaliar a saúde dun hábitat

Retroalimentación

Pregunta

Como podemos conseguir resultados máis precisos sobre o estado dun hábitat?

Respostas

A través da súa avaliación visual

 A través da escoita

Facendo unha gravación en vídeo

Retroalimentación

Pregunta

Como é a influencia dos sons producidos polos humanos nos diferentes hábitats?

Respostas

Positivos, porque inclúen máis variedade

Negativos, porque interfiren na comunicación das diferentes especies

Non teñen ningunha influencia

Retroalimentación

LECTURA: Unha introdución á ecoloxía acústica

Lee os seguintes fragmentos traducidos do texto Unha introdución á ecoloxía acústica de Kendall Wrightson e fai un comentario ao respecto.

"A filosofía na cal se basea a Ecoloxía Acústica é simple, pero profunda: o seu autor -R. Murray Schafer, un músico, compositor e ex Profesor de Comunicación da Universidade Simon Fraser en Burnaby, BC, Canadá- suxire que tratemos de ouvir o ambiente acústico como unha composición musical e, máis que iso, que nos mesmos temos responsabilidade na súa constitución (Schafer, 1977a, 205). Do mesmo xeito que moitas ideas que xorden da explosión de ideoloxías do final da década dos 60, a profundidade da mensaxe de Schafer queda hoxe oculta detrás dun só asunto tan de moda e facilmente comprensible: a polución sonora.

[...]

O punto de partida de Schafer era salientar o incrible predominio que ten na sociedade o sentido da vista -a "cultura do ollo" como se denominada noutras publicacións- e descubrir que a habilidade de escoitar dos nenos estábase a deteriorar. Schafer estaba tan preocupado por este problema que realizou unha apaixonada defensa para lograr que as habilidades de escoitar se incluísen como parte dos estudos nacionais. Schafer se adicou a estudar este tema -ao que denominou "competencia sonolóxica"- e demostrouno por medio de exercicios prácticos realizados con estudantes de música, tales como: "enumere cinco sons ambientais calquera (non musicais) que vostede lembre ter escoitado hoxe"; e "enumere cinco sons (non musicais) que lle gustaron e cinco que non lle gustaron".

[...]

Ao comezo da década dos 70, Schafer comprometera aos seus colegas da Universidade Simón Fraser neste traballo, dando así orixe ao seu primeiro gran proxecto, o World Soundscape Project (WSP), cuxa primeira realización importante foi o traballo de campo sobre a Paisaxe Sonora de Vancouver. Este estudo incluíu medicións de niveis acústicos (con realización de mapas isoacústicos), gravacións de paisaxes sonoras e a descrición dunha clase de características acústicas. Os resultados do estudo viron a luz pública en forma dun libro e dunha colección de gravacións. Outros traballos de campo do World Soundscape Project conduciron á publicación de Five Village Soundscapes (Schafer, 1978b) e European Sound Diary (Schafer, 1977b). A obra de Schafer The Tuning of the World (1977a) é, aínda hoxe, o texto máis coñecido e máis detallado sobre Ecoloxía Acústica .

[...]

A terminoloxía de Schafer axuda a expresar a idea de que o son dunha localidade particular (as súas tónicas, sinais sonoros e marcas sonoras) -do mesmo xeito que a arquitectura local, os seus costumes e a indumentaria- pode expresar a identidade dunha comunidade, de tal xeito que os pobos poden recoñecerse e distinguirse polas súas paisaxes sonoras. Lamentablemente, dende a revolución industrial, hai unha cantidade cada vez maior de paisaxes sonoras únicas que ou ben desapareceron completamente ou se mergullaron dentro dunha nube de ruído homoxéneo e anónimo que constitúe a paisaxe sonora das cidades contemporáneas, coa súa omnipresente tónica: o tráfico.

[...]

Schafer concluíu que o intercambio oral entre as especies probablemente constitúa unha característica das paisaxes naturais. Ademais do balance rítmico do nivel sonoro que Schafer identificou en hábitats naturais, Krause (1933) suxire que tamén existe un balance manifesto ao longo do espectro de audio. A posibilidade de que exista un balance natural espectral se lle ocorrese a Krause durante as súas longas estadías en ambientes salvaxes, intentando gravar vocalizacións de certas especies animais. Ao escoitar atentamente a paisaxe sonora para captar sons específicos (moitas veces logo de esperas de ata 30 horas nun mesmo sitio), Krause notou que "cando un paxaro canta ou un mamífero ou un anfibio emiten sons, parece que as voces encaixasen en relación a todos os demais sons naturais, en términos de frecuencia e ritmo" (1993, 159).

Os mapas espectrográficos acústicos, transcritos logo de 2.500 horas de gravación, confirmaron as súas sospeitas: as vocalizacións de animais e insectos tenden a ocupar pequenas bandas de frecuencias deixando "nichos espectrais" (bandas de pouca ou ningunha enerxía), entre os cales poden encaixar as vocalizacións (fundamentais ou formantes) doutros animais, paxaros ou insectos. Na medida en que as áreas urbanas van crecendo, Krause suxire que o ruído que as acompaña pode "bloquear" ou "enmascarar" os nichos espectrais e, ao non poder escoitar as chamadas das posibles parellas, pode derivar na desaparición dalgunha especie (1993, 158). É moi pouca a investigación que se fixo para confirmar a “Hipótese do Nicho” de Krause (ou a teoría de Schafer de que o intercambio ocorre en términos de niveis de son), pero un estudo recente da Royal Society for the Protection of Birds (RSPB) suxire que os paxaros que viven preto das estradas "non poden oírse entre eles, o que ten como consecuencia que sexa difícil escoitar os seus cantos e, así, establecer comunicación con potenciais parellas" (Barot 1999).

[...]

Schafer suxire que hai dúas formas de mellorar a paisaxe sonora. Por unha banda, incrementar a competencia sonolóxica por medio dun programa educativo que intente inculcar nas novas xeracións a valoración do son ambiental. El cree que con isto se poderá desenvolver un novo achegamento ao deseño -a segunda forma- que incorporará unha valoración do son, reducindo así a perda de enerxía que representa o ruído.


 As ideas de Schafer son loables e eu as comparto. Con todo, é vital que os ecoloxistas acústicos non subestimen o que Schafer está pedindo; para poder ouvir, temos que parar ou polo menos reducir o ritmo -física e psicoloxicamente-, transformándonos en seres humanos no canto de en "seres facedores". "Estar aquí agora" é unha das principais mensaxes que xorde durante a década dos 60, e un dos máis importantes dogmas da multitude de filosofías orientais que foron importadas a occidente dende entón. Para o “homo urbanus”, o parar e escoitar é un toque de atención, aínda cando moitos o seguen intentando. Para outros, o estar acá agora, escoitando a paisaxe sonora, avaliando a paisaxe sonora, é un anatema. Porteus (1990) confírmao na súa crítica ás investigacións orixinais do World Soundscape Project, dicindo que os "expertos" sempre traen consigo a súa propia axenda. Neste caso, di, a axenda é que os individuos deberían avaliar a paisaxe sonora, especificamente esa balanceado; as enquisas de opinión pública, di, indican que os individuos -os "inexpertos"- non o fan.


En resumo, entón, segundo o meu punto de vista, os valores defendidos pola ecoloxía acústica -o valor de escoitar, a calidade da paisaxe sonora- constitúen valores que vale a pena evanxelizar. Con todo, é vital que non subestimemos a magnitude do que estamos solicitando ao final do século máis comercial e ruidoso do que a historia se lembra".

CUESTIONARIO: texto

Pregunta

Cal era o punto de partida do traballo de Murray Schafer?

Respostas

As gravacións sonoras

A desaparición dos sons do pasado

O predominio da "cultura do ollo" e a perda de capacidade para escoitar

Retroalimentación

Pregunta

Que dúas solucións propón Schafer para

Respostas

Acabar cos sons producidos pola humanidade

A educación das novas xeracións nesta materia

A repoboación con especies autóctonas

A creación de espazos libre de ruídos

A intervención na paisaxe a través do deseño sonoro

Retroalimentación

Pregunta

Que son os "nichos espectrais"?

Respostas

Unha cavidade que atopamos na paisaxe

Os silencios que se producen entre diferentes sons

As diferentes frecuencias que ocupan cada unha das especies para comunicarse entre elas

Retroalimentación

Pregunta

Cal é, segundo o autor, o son predominante dende a revolución industrial?

Respostas

O son dos coches

O son das fábricas

A música de fondo

Retroalimentación

Pregunta

Cales son as dúas ideas básicas nas que se basea a Ecoloxía acústica?

Respostas

Ouvir o ambiente acústico como unha composición musical

Buscar sons que existen dende hai moito tempo

Eliminar aqueles ruídos que se consideran molestos

Ser conscientes da nosa responsabilidade na súa constitución

Retroalimentación