Saltar navegación

Rela e a música (parte 2)

Rela e a música

Rela pensa que sería imposible vivir sen música. Para elo, propón aos seus amigos pasar todo o día sen cantar, nin asubiar, nin tan só tararear un pequeno fragmento de melodía. Queda prohibido calquera tipo de melodía ou harmonía na nosa charca!

Todos os animaliños que habitan nela toman este experimento coma un xogo e deciden colaborar. Comeza o día e na charca soamente hai un pequeno murmuio dos habitantes do lugar e da auga que corre. Pasan os minutos, parecen horas e o lugar máis marabilloso do mundo, convírtese nun lugar oscuro e aburrido. Será posible que a música sexa tan importante?

Despois dun largo tempo, entre todos e todas deciden que a música forma parte da súa vida e, que sin ela, non poden vivir, así que deciden parar o experimento e volver a entoar unha melodía, unha das máis fermosas cancións que se escoitara nunca naquel lugar.

Bravo, Rela!! conseguiches demostrar a importancia da música na charca! e ti, pensas realmente que a música forma parte da túa vida? E posible vivir sen música?

Rela e a música
Patricia Román. Rela e a música (CC BY-SA)

 

Aprendemos a canción da charca de Rela:

A charca de Rela
Patricia Román. A charca de Rela (CC BY-SA)

Clica aquí para acceder á versión instrumental:

A charca de Rela
Patricia Román. A charca de Rela (CC BY-SA)