Saltar navegación

Materiais plásticos

Proxecto final

Neste último apartado imos realizar un proxecto final en grupos. Para elo faremos un conto musical para un kamishibai onde teremos que argallar un pequeno guión, imaxes, texto e música. Imos por partes:

1º O guión:

Realizaremos un guión sobre a historia que interpretaremos o cal non podedes esquecer:

  • Título da obra
  • Personaxes que interveñen (tamén poderán aparecer personaxes da charca de Rela)
  • Trama ou historia que vai a acontecer no noso conto
  • Recursos e materiais que imos utilizar
  • Repartición das secuencias creadas nas diferentes láminas

o guión
Patricia Román (CC BY SA)


2º O texto:

Escribiremos o texto que desnrolaremos na nosa actividade sen olvidar os tres pasos principais para a creación da obra: introdución, nó e desenlace. Ademais deberán aparecer os diferentes diálogos entre os personaxes.

3º As imaxes:

Realizaremos alomenos seis escenas diferentes para a nosa historia. Para elo utilizaremos unha cartolina de tamaño A3 para a realización das diferentes imaxes, Poderemos utilizar calquera tipo de recurso e material para a realización da mesma. Tamén podemos realizar a montaxe das nosas imaxes con fotografías, puidendo traballar coa mesma no programa Gimp.

Exemplo material a utilizar
Patricia Román (CC BY SA)

 

4º A música:

Para facer a música traballaremos co programa musescore que podedes descargar clicando aquí.

 

5º Montaxe final:

Gravaremos todas as montaxes para facer un pequeno vídeo de cada historia. Para a edición dos vídeos traballaremos con calquera editor de vídeo libre de software.