O CASO GALEGO:

A CULTURA PROPIA A TRAVÉS DAS IMAXES DE ÁLBUMES ILUSTRADOS

Seguindo concepcións estruturalistas, podemos clasificar os elementos dunha cultura de diferentes sistemas relacionados entre si en diferentes categorías:

- Materiais
- Organización
- Coñecemento
- Códigos comunicativos
- Emocións

Calquera cultura pode mostrarse a si mesma a través destes elementos, e isto é o que acontece nos libros ilustrados en Galicia, ao longo dos anos. A través das súas imaxes mostran a realidade dunha cultura, a GALEGA.

Analizando as imaxes da produción de libros en lingua galega, pensados para prelectores, podemos obter una fotografía nidia dos rasgos culturais que con transmitidos aos máis novos a través delas. Podemos incluso deducir desta observación que en moitos casos a información aportada pola imaxe vai máis alá do que o texto di de maneira explícita.

Considerando o patrimonio material como un dos máis relevantes para una cultura, e facendo subdivisións para analizalas con maior detalle, o primeiro terreo co que nos atopamos é o territorio e a xeografía.


A terra galega é ben coñecida polos seus límites: o mar e a montaña. E no medio, o campo, tradicionalmente explotado coma un dos principais recursos económicos. Un número considerable de libros para xoves lectores tratan o tema de Galicia e partes dela cunha gran presenza. A veces, incluso cando o tema principal non é o territorio, este aparece igualmente, coma nun segundo plano, revelando a paisaxe, os cantís, o mar, as montañas, e moitos lugares reais que non son específicamente naturais: ciudades, aldeas, vilas, ... Algunhas coleccións foron creadas para amosar lugares aos nenos, e as imaxes son o primeiro contacto que os prelectores teñen con eles.

Nalgúns outros casos, os libros deseñados para promocionar una cidade mostran en imaxes moitos máis detalles que os que as palabras poden contar, como sucede con libros ilustrados por Andrés Meixide.

Dáselle un especial tratamento ao territorio, no referente ás reservas naturais: o mar e o campo están presentes en moitas das ilustracións, e normalmente expanden a información aportada polo texto: una ampla presenza de especies vexetais, animais, hábitats, e pequenos detalles dunha flora e una fauna ricas.

Os lectores poden ver a vida rural como unha confluencia de diferentes elementos variados: as casas tradicionais, os animais de granxa, a paisaxe, e, o que pode resultar máis interesante, tradicións e formas de vida. Un bo exemplo disto é "O sono de Ánxela", no que a historia visual nos leva a antigas maneiras de vida nas vellas montañas dos Ancares.

Relacionado con tisto, en libros como "Aiko", aparece un fenómeno inevitablemente asociado ás aldeas, a emigración, fermosamente retratado polas escenas melancólicas dun pai que abandona a terra materna.

As tradicións e os costumes populares son mantidos nas ilustracións, sendo así preservados cisualmente nun mundo cambiante, nun momento en que o campo está a sufrir fortes transformacións.

Algo similar ocorre coa continua presenza do mar. Os botes tradicionais, as técnicas de pesca antigas, e animais, non só como tales, senón como parte da gastronomía galega.

E o mar representado como o que da e quita vidas, o camino para marcharse e emigrar a terras lonxanas, a enterna ameaza.

A flora e a fauna son dous elementos esenciais do territorio: están constantemente mesturados con amplas paisaxes, e tamén con microhábitats.

Aportan aos prelectores o gusto polos detalles e a observación do mundo salvaxe, como en "Bechos pequerrechos", onde María Lires axuda aos nenos e nenas a mirar os pequenos grandes mundos de pequenos animais.

Un aspecto que merece especial atención é o clima.

Dende o húmido ao nubrado, pasando polo nebuloso, está frecuentemente presente en moitas ilustracións, normalmente dándolle ao texto unas altas doses de sentimentos subxectivos: a melancolía das nubes grises cheas de chuvia, ou a ausencia de sol e calor.

O clima está presente incluso cando non é o tema central do libro: a aparición de caracois recórdanos a una eterna atmosfera húmida.

A gastronomía, como resultado de productos naturais, móstranos interesantes imaxes de familias arredor da mesa, de festividades que poderían non existir sen o feito de compartir comida.

Unha boa metáfora disto é a familia de caracois comendo una empanada galega debuxada por Óscar Villán, explicando graficamente o comportamento milenario tradicional de pais e fillos antes as comidas.

E ao final do patrimonio material está a arte, a arquitectura, e as creación humanas que feinen o estilo galego: nun considerable número de historias que teñen lugar no campo podemos ver casas de pedra tradicionais, así como os anexos delas: graneiros, hortas, e elementos similares.

Pero, indo un pouco máis alá, tamén podemos coñecer, grazas a ilustradores como Kiko Dasilva ou Meixide, detalles específicos da arte románica e gótica en Santiago de Compostela.

As festividades e as celebracións son parte do patrimonio inmaterial, e están inevitablemente relacionadas con estruturas organizativas como a familia.

Moitas celebracións tradicionais poden ser comprendidas visualmente polos nenos grazas ás imaxes dos libros: bailes arredor da árbore, vestimentas especiais, saltar sobre lume, e outras deben ser vistas para ser comprendidas na súa totalidade, como acontece no traballo de Jacobo Fernández

Intimamente relacionado coas celebracións está o concepto tradicional de familia, e dunha maneira especial a coexistencia de xeracións, na típica do cultural rural galega.

Considerando as experiencias, a historia e incluso a explicación da súa propia identidade, chegamos aos mitos e lendas.

Este é un terreo no que a ilustración se fai absolutamente necesaria para visualizar aos habitantes dos bosques, das montañas, e protagonistas históricos de ficción de historias que aínda hoxe se contan.

Grazas ás interpretacións delas por parte dos ilustradores, moitos destes elementos son conservados e re-debuxados polos nenos nas escolas, para celbrar, por exemplo, o tradicional solsticio de inverno, co personaxe do APALPADOR.

Os códigos comunicativos especiais compartidos polos membros dunha cultura representan on dos máis relevantes aspectos para definila: a lingua.

A lingua galega ten sido o tema, en si mesma, de moitos libros para prelectores: álbumes sobre adiviñas, poemas sonoros, e a auto-análise do código teñen dado o salto ás ilustracións, como o medio final para explicalos.

As cinco vogais, debuxadas como cinco mulleres nas ilustracións de Maife Quessada,traen os cinco sons aos nenos nunha maneira inductiva. Noutro libro, "O peizoque Roque", un pequeño paxaro medra grazas a comer as palabras que aprende.

Incluso a música ten o seu lugar nas ilustracións, en maravillosas imaxes como as de "A cantiga do mazarico", onde podemos atopar un xogo sinestésico de cores e sons.

O interese polo código linguistico ten incluso traído libros baseados nas vidas de escritores e escritoras galegos relevantes.

As ilustracións humanizan aos autores, transportándoos aos lectores como una cara amable da literatura.

Finalmente, e entrando en elementos subxectivos dunha cultura, podemos mencionar o tradicional humor galego, como outro personaxe presente en moitos traballos.

Vemos como este recurso amplifica historias, detalles, e incluso crea novas tramas secundarias que non están presentes no conto principal.

É bastante frecuente atopar esta práctica en autores que tamén traballan facendo humor gráfico en prensa.

A imaxe, en todos os casos, intencionada ou inintencionadamente, é a portadora de todas as caras dunha cultura.

DOUS CASOS PARADIGMÁTICOS A NIVEL INTERNACIONAL:

ROBERTO INNOCENTI E SHAUN TAN

ROBERTO INNOCENTI www.robertoinnocenti.com

Roberto Innocenti naceu en 1940 en Bagno a Ripoi, unha pequena localidade perto de Florencia. De adolescente, foi obreiro nunha fundición de ferro. Non cursou estudos artísticos, e aos dezaoito anos estableceuse en Roma, onde traballou nun estudio de animación, e tamén como cartelista.

Algúns dos carteis que fixo para a Giunta Regionale Toscasa foron despois publicados no prestixioso Graphic Annual.

Podemos dicir que se trata dun dos ilustradores de estilo realista máis importantes a nivel internacional, polo seu exquisito coidado dos detalles, así como polo seu fondo labor de investigación e documentación.

Analicemos unha das súas obras máis emblemáticas: ROSA BRANCA (1985).

ROSA BRANCA (1985)

Destaca nesta obra, como en toda a de Innocenti, unha pulcritude polos detalles, polos ambientes, e a recreación de atmosferas. Pero aquí, de maneira moi especial, chama poderosamente a atención o seu interese por amosar realidades moi duras a nenos, dun xeito pouco frecuente. O gueto de Varsovia é o escenario da historia, e nel desenvólvense unha serie de feitos terribles, que hoxe en día non adoitan aparecer en libros infantís.

O propio Innocenti fala desta intención, e di: "Os adultos, pais, mestres, os protectores dos nenos, queren para estes cousas que non fan dano. Pensan que é mellor que o neno viva nun mundo doce, mórbido, etéreo, infantilizado, reducido e protexido. Isto ten dado como resultado no mundo editorial unha preferencia por un tipo de ilustración con estereotipos infantilizados, que parece que lles dá bos resultados. Así, non corren riscos. Os nenos acéptano quizais porque se lles ofrece como adecuado a eles, infantil, pero chega un momento en que se aburren de todo isto, porque sempre é o mesmo. Este modo de educar é artificial e ao creador esíxelle pocuo. Creo que os nenos son máis intelixentes e valentes. De todas maneiras, é difícil dicir quen se equivoca e quen ten razón".

Podemos ver como Innocenti se basea en fotografías reais do gueto de Varsovia para retratar escena de realidades moi crúas, como esta:

Un dos aspectos interesantes desta obra consiste en observar o modo en que se regula a información entre a voz que narra, os significados que aporta a imaxe e os coñecementos históricos do lector: o neno non entende o significado das bandeiras que colgan por todos lados. En cambio, o lector é coñecedor disto. Dáse unha ambigüedade interesantísima entre o que o neno protagonista percibe, e os coñecementos históricos dos lectores, que saben realmente que está pasand, o cal redunda nun dramatismo moi logrado, e ao tempo moi sutil.

Así mesmo,o inxente labor de documentación de Innocenti lévanos a un acercamento especial aos feitos históricos, pola calidade da recreación de edificios, uniformes, roupas en xeral, ambientes, etc.

Rosa Blanca é un libro “pouco protector” en canto ao seu destinatario infantil. E tivo que ser Delessert, coa súa ollada aberta e libre de prexuízos, que se atrevese a publicalo.

OUTRAS OBRAS SALIENTABLES:

SHAUN TAN www.shauntan.net

Shaun Tan naceu en 1974. É un ilustrador e escritor australiano. En 2011 recibiu o Premio Memorial Astrid Lindgren1 e un Óscar á mellor curtametraxe animada, pola adaptación da súa obra "A cousa perdida".

Así como Innocenti procuraba o detallismo e a documentación ao límite, na obra de Shaun Tan podemos observar unha tendencia diferente: a recreación de mundos oníricos, de ensoñacións. Moitas veces recorre tamén a unha documentación preciosista, como na obra "Emigrantes". Pero, aínda así, case sempre aporta ás súas ilustracións aspectos non reais, soñados, posibles, que catapultan as historias cara unha serie de lecturas infindas.

Un exemplo moi especial: "A ÁRBORE VERMELLA" (2001)

A ÁRBORE VERMELLA

Estamos ante unha historia sen unha liña narrativa definida, clara. Máis ben é unha sucesión de mundos imaxinarios, libres, autónomos, que convidan aos lectores a tirar as súas propias conclusións, posto que o texto, tamén escrito por el, non aporta máis que outra historia aberta, indefinida.

Desta maneira, as posibilidades interpretativas son moitas, moitísimas, posto que se basea nese impulso tan infantil (e humano, en definitiva) para describir sentimentos e sensacións con metáforas, neste caso visuais: tormentas, botellas pechadas, peixes xigantes, a luz e a escuridade, o arco da vella, etc.

A protagonista, unha nena de aspecto fráxil, experimenta unha serie de sentimentos, e realiza unha auténtica viaxe por moitos deles: a frustración, a soidade, o descoñecemento, a desubicación, pero tamén a esperanza, a visión de luz tras o túnel.

Cando un le esta obra é consciente de que se trata de moitas obras: todos podemos vernos retratados na vida desta nena, e cada vez que volvemos ao texto experimentamos novos significados grazas ás poderosas metáforas visuais que aparecen ao longo das páxinas.

Que significa a árbore vermella? Depende do lector, depende das circunstancias do lector. Dado que o libro premite que proxectemos nas imaxes (e no texto) unha cantidade ilimitada de emocións, aporta unha serie de lecturas tamén ilimitada.

A pesar de que hai unha especie de "remontada" emocional cara o final do libro, a predominancia de sentimentos negativos é a norma na obra. Shaun Tan explica así a súa decisión:

"Algúns lectores téñenme preguntado por que as miñas imaxes son a miúdo sombrías, e creo que a razón é esa, porque me atraen máis as cousas que non acaban de estar ben, como as inxustizas sociais e medioambientais de Os coellos, a apatía social de A cousa perdida, ou incluso as ideas autodestrutivas de O visor. Creo que ese tipo de cousas son interesantes dende un punto de vista artístico, quizais porque non son temas resoltos, como un quebracabezas".

VERSIÓN EN VÍDEO DE "A ÁRBORE VERMELLA": CLICK NA IMAXE

OUTRAS OBRAS SALIENTABLES: