Saltar la navegación

Yanhez e P. Lorente

 

TOMAS PEREZ LORENTE e PACO YAÑEZ. Arquitectos

Tomás Pérez Lorente (Vigo 1926 - 2006) realiza os seus estudos de Arquitectura en Madrid, terminando a carreira como o máis novo da "xeración do 57". Despois de moitos anos con escaso número de arquitectos na cidade, no ano 1957 se titulan 5 arquitectos vigueses: Tomás Pérez Lorente, Paco Yañez, Fernando Araujo, Javier Santoro e Pepe Bar. Este feito unido á nova situación económica xeral do país nos anos 60, dará un xiro ao desenvolvemento da arquitectura na cidade.

Da mesma xeración é Francisco Yáñez Ullóa (Vigo 1925) que comeza a súa traxectoria arquitectónica na cidade colaborando de xeito esporádico con diversos arquitectos como Agustín Pérez Bellas e Javier Santoro.

Tomás e Paco, xa amigos dende Madrid, colaboran de estudantes con Richard Neutra e o seu fillo Dion, nunha estancia temporal de ambos na capital para o desenvolvemento dun proxecto para un concurso de proxectos dos poblados residenciais das bases americanas en España. A partires do ano 1959, Tomás Pérez Lorente volta á cidade despois duns anos traballando en Madrid co arquitecto Fernando Montes. Dende entón compartirá o estudo con Paco Yáñez, no que colaborará de xeito continuado ata a súa morte no ano 2006.

A extensa carrera profesional de Yáñez e Lorente deixa gran número e variedade de obras arquitectónicas, dende vivendas unifamiliares, edificios relixiosos, edificios de viviendas, edificios industriais, etc. A morte  de Tomás P. Lorente, interrompe unha colaboración de casi 40 anos con Paco Yáñez. A súa carreira profesional deixa un legado inmenso de edificios na cidade entre os que destacan entre outros a Pesquera Vasco-Galega, o Hotel Bahía, Edificio r/ Laxe, Edificio "O Castañal", o Clube de Campo en Coruxo, o colexio das Acacias,...

 

Pesquera Vasco-Galega. 1960

Edificio PP. Xesuitas. 1964

Hotel Bahia. 1966

Igrexa PP. Redentoristas. 1967

Vivendas "r/ Laxe". 1967

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"