Saltar la navegación

Santoro

JAVIER SANTORO. Arquitecto

Javier González-Garra Santoro (Vigo 1925-1966). Arquitecto de corta traxectoria profesional, termina os seus estudos de arquitectura en Madrid en 1957. Ao igual que algúns dos seus compañeiros de promoción, colaboran entre sí nos primeiros anos da chegada a Vigo. Así as primeiras obras son asinadas xunto a Agustín Pérez Bellas, Paco Yáñez, ...

O seu traballo profesional desenvólvese nos primeiros anos sesenta, abandoando logo parcialmente a profesión ao dedicarse á planificación urbanística da cidade dende o marco político municipal. É nomeado tenente de alcalde de Urbanismo, e ocupa o cargo ata o seu tráxico falecemento no ano 1966. Á volta dunha viaxe a Madrid, por motivo das súas responsabilidades municipais, sofre un accidente na r/ Gran Vía e morre a edade 41 anos ao impactar no seu coche contra un árbol. A pesares de ser hoxe en día un arquitecto practicamente esquecido, a prensa da época da constancia da gran consternación e luto na cidade pola desaparición dun home e arquitecto moi valorado e querido.

A obra de Javier Santoro en Vigo non é moi extensa nin coñecida, pero aínda así perduran algúns edificios de vivendas no centro da cidade. A maior parte das edificacións son obras sinxelas cunha linguaxe formal uniforme que sufriron alteracións do seu estado orixinal o que dificulta as veces o recoñecemento do deseñado no proxecto.

Nota. Dadas as características específicas da biografía persoal e profesional de Javier Santoro, salientaremos un dos seus proxectos fora da cidade, O Burgo das Nacións, obra de Julio Cano Lasso e Rafael de la Hoz, arquitectos en colaboración con Javier Santoro.

Vivendas "r/ Falperra". 1961

Vivendas "r/ Camelias/Romil". 1961

Vivendas "r/ Churruca". 1962

Vivendas "r/ Oporto". Anos 60

Burgo das Nacións. 1965

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"