Saltar la navegación

Roman

 

ANTON ROMAN. Arquitecto

Antón Román Conde (Vigo 1909 -1998) obtén o título de arquitecto antes da guerra civil española. Unha vez finalizada a mesma e previo ao seu retorno a Vigo, é nomeado arquitecto xefe delegado polo estado en Guinea Ecuatorial (antiga colonia española). Alí inicia a profesión entre os anos 1940 e 1948, deixando a impronta das súa primeira obra descoñecida aínda hoxe en día. Xa en Vigo e dende os anos 50 ata a súa xubilación a mitade dos anos 80, realizará gran cantidade de obras entre as que destacan desde a Vivenda Sensat (hoxe Pazo dos Escudos) en Alcabre ata o conxunto de edificacións da ETEA en Teis, pasando por gran cantidade de vivendas unifamiliares.

Dentro da extensa biografía profesional de Antón Román, destacaremos as obras realizadas en colaboración con José Ruiz-Castillo (1938-2012) e Ricardo Urgoiti (1933-1972), discípulos de Felix Candela, arquitecto español exilado en México. Cos seus deseños e através da súa empresa Construcciones Laminares SL., Ruiz-Castillo e Urgoiti arquitectos de recoñecido prestixio no ámbito das construccións laminares de Formigón Armado,  executarán tres significativas obras na cidade.

Así e a finais dos años 60, Román, Ruiz Castillo e Urgoiti, constrúen en Vigo o estadio de Balaídos ( gradas de Marcador, Tribuna e Gol ),  a Igrexa de San Paio de Navia e a Igrexa "dos Picos" (Inmaculada Concepción) no Calvario. A novidade dos sistemas estructurais utilizados - láminas plegadas en Balaídos e paraboloides hiperbólicos nas Igrexas -  deixarán na cidade tres obras, que debido a unicidade e especificidade das mesmas, hoxe xa son historia da arquitectura viguesa e da construcción.

Antón Román foi presidente da subdelegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo, e morre case aos 90 anos, sendo recordado aínda hoxe en día pola súa gran laboura ao fronte do colectivo,  así como pola súa bonhomía e o seu carácter divertido e afable.

ETEA. Anos 50

Vivenda "Sensat" . Anos 50

Igrexa dos Picos. 1968

Estadio de Balaídos. 1969

Igrexa San Paio de Navia". 1969

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"