Pernas
|
DESIDERIO PERNAS. Arquitecto
Desiderio Pernas Martínez (Vigo 1930-1996), estuda na Escola Politécnica de Madrid, ampliando os seus estudos nos últimos cursos através dunha beca IASTE na Haia. Titúlase como arquitecto no ano 1958 e antes de chegar a Vigo estuda no ITT de Chicago, Illinois, USA, onde impartían clase grandes arquitectos, entre outros Mies Van Der Rohe e Ludwig Hilberseimer. Se ben dende o ano 1961 xa participa nas reunións do COAG, é no ano 1963 cando establece o seu estudo en Vigo. A súa familia, vinculada ao mundo da construcción, ábrelle paso cara á consecución dos seus primeiros encargos na cidade. Este feito, unido ao seu carácter traballador e ambicioso levarao a ser con diferencia o arquitecto que máis proxectos redacta na cidade durante a segunda década do século XX. Edificios de vivendas, edificios escolares, equipamentos en xeral, vivendas unifamiliares, e así ata unha infinidade de tipoloxías e obras de todas as escalas posibles. A súa relación coa Caixa de Aforros de Vigo fai que constrúa máis do 50 % dos edificios de vivendas no Polígono de Coia e que dalgún xeito modifique a ordenación urbanística, quedando fora do proxecto Fernando Gallego e Agustín Pérez Bellas, autores do deseño urbanístico orixinal. |
Arquitecto de gran capacidade de traballo e intelixencia, posúe obras importantes na cidade entre as que cabe destacar entre outros a Facultade de Filoloxía no CUVI, o edificio "Derby", o Saladino Cortizo, o edificio "Simeón" ou a vivenda Unifamiliar "Pernas". A rehabilitación de Pernas realizada no Teatro García Barbón de Antonio Palacios, non quedou exenta de controversia a pesares da súa especialización en acústica asi como a súa paixón pola música. Debido á gran cantidade de proxectos elaborados no seu estudo, ao longo da súa carreira profesional colaborarán con él diversos arquitectos entre os que cabe destacar a José Herrrero, Luis Manso, José Manuel Quinteiro ou Pedro López . Gran admirador dos arquitectos do movimento moderno, cabe salientar as referencias nos seus proxectos á arquitectura nórdica, en especial á obra de Arne Jacobsen. No ano 1996 e aínda en activo, Desiderio Pernas morre dun cancro en Vigo aos 65 anos de idade. |
Unifamiliar "Pernas". 1964 |
Saladino Cortizo. 1968 |
Edificio "Derby". 1973 |
Edificio "Simeón". 1974 |
CUVI. 1977 |
"INICIO" | ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas, atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras ) | Volta a "ARQUITECTOS" |