Saltar la navegación

Inicio

A XEOMETRIA NA ARQUITECTURA do S-XX en VIGO

Benvidos/as á web "Xeometría Plana e Arquitectura do S-XX en Vigo", na que trataremos de plasmar a gran importancia da utilización da xeometría plana no deseño na arquitectura. Utilizaremos como exemplo práctico o ámbito físico e temporal  Vigo, 1932-1977, co obxectivo de analizar o período dende os anos previos á Guerra Civil ata a recuperación da democracia a finais dos anos 70.

O obxectivo da presente web de aprendizaxe é dobre , por un lado repasar os contidos de xeometría aprendidos ao longo da ESO, e por outra banda, coñecer o desenvolvemento da arquitectura no século XX en Vigo asi como unha aproximación aos axentes que a fixeron posible, os Arquitectos.

Se ben a construcción dunha cidade é un feito común de cidadanía onde colaboran promotores, constructores, arquitectos, aparelladores, etc.,  é no deseño da arquitectura onde o papel do/a arquitecto/a é fundamental e onde xorde a vinculación coa xeometría. De ahí que sexa imprescindible coñecer os que foron, que fixeron e como.

A estructura da web é sinxela e podes acceder aos contidos de dúas formas , no link "ARQUITECTOS" ou através das pestanas superiores a partires das seguintes páxinas. Ao final do percorrido e a xeito caseque de "divertimento" podes realizar un sinxelo exercicio de Autoavaliación. Como é lóxico e ocurre na vida real, obviamente todo está interrelacionado entre sí. Así que tí podes comezar como e por onde queiras, tan só dous consellos: disfruta e aprende, porque o coñecemento fará de tí unha persoa cando menos ... distinta, e a túa cidade agradeceracho.

Vigo, 2015.

In memoriam. A Pucho Magdalena "Pai". Aparellador, Constructor e Amigo.

Nota. A presente Web de contidos didácticos para a asignatura Plástica e Visual de 4º ESO, foi elaborada por Carlos García Movilla e Eduardo Berea Cruz durante unha Licenza de formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no curso 2014-15. 

AGRADECEMENTOS e CREDITOS

Obra publicada con Licenza Creative Commons Reconocimiento No comercial 4.0