Saltar la navegación

Gallego

FERNANDO GALLEGO. Arquitecto

Fernando Gallego Fernández (Madrid 1907-1978) fillo do arquitecto madrileño Lorenzo Gallego Llausás, realiza os seus estudos de arquitectura na Escola Politécnica de Madrid. Durante a guerra civil española é membro da "Xunta de Salvamento do Tesoro Artistico Español" realizando labores no Museo do Prado en calidade de arquitecto e fotógrafo. Durante eses anos redactará diversos proxectos e encargarase do inventario fotográfico do "Patrimonio Chico", así como a reportaxe do traslado das obras do museo de Madrid a Valencia e logo a Cataluña. Xa na postguerra, a súa labor profesional o leva ó Vigo dos anos 40 e en colaboración co arquitecto Luis Martínez Feduchi proxecta a súa primeira obra na cidade, as vivendas "El Carmen" na r/ Gran Vía nº 174. Posteriormente deseñará  a vivenda unifamiliar para José Pernas (Gran Via nº 151) e na mesma rúa o "Edificio Vivendas Gran Via 146". Durante os anos seguintes realizará entre outros as vivendas "Cividanes" (Pza. Fernando o Católico) o edificio da ONCE ( r/ Gran Via) e diversos proxectos de edificios públicos, vivendas e ata algún edificio industrial.

No ano 1954, Agustín Pérez Bellas comenza a súa traxectoria profesional na cidade no estudio de Fernando Gallego. Alí e xa en colaboración, redactarán conxuntamente diversos proxectos como o Balneario de Samil, VigoBazar e Moya entre outros, grandes obras e todas elas desaparecidas hoxe en día. Así mesmo e a finais dos anos 50, Fernando Gallego proxecta a ordenación urbanística do Polígono de Coia, colaborando con él Agustín Pérez Bellas. As súas vidas profesionais continúan por separado, pero a súa sintonía persoal os levará a ser grandes amigos ata o final das súas vidas.

Fernando Gallego, desenvolve a súa traxectoria profesional e personal entre Vigo e Madrid, cunha biografía profesional moi pouco coñecida. Por problemas de saúde volta temporalmente a Madrid a mediados dos anos 70 e no ano 1978 sofre un accidente vascular que o deixa en coma, morrendo  no Instituto de Ciencias Neurolóxicas en Madrid aos 71 anos de idade.

Edificio "El Carmen". 1945

Unifamiliar "Jose Pernas" . 1946

Vivendas "Gran Via 152". 1946

Edificio "Cividanes". 1949

Edificio "ONCE". 1956

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"