Saltar la navegación

Fraga

ARTURO FRAGA. Arquitecto

Arturo Fraga Framil (Vigo 1916 -1987) fillo do empresario Isaac Fraga (o home que trouxo o cine a Galicia !) realiza os seus estudos de arquitectura na Escola Politécnica de Madrid. Finaliza o seu primer curso en xuño do 1936 e xa de volta e de vacacións en Vigo comeza a guerra civil que lle impide continuar os seus estudos durante os 3 anos do conflicto. Ao finalizar a mesma , e en contra da vontade familiar (que lle recomenda os estudios de medicina), retoma a súa formación como arquitecto, regresando a Vigo xa titulado no ano 1946. O seu primer traballo profesional será a dirección de obra do Teatro Cine Fraga, proxectado polo prestixioso arquitecto madrileño Jose Luis Gutierrez Soto. Dende entón e ata finais dos anos oitenta, desenvolve a súa actividade profesional caracterizándose por unha gran variedade de proxectos tanto en tipoloxías como escalas.

É nas reformas de locais comerciais onde Arturo Fraga deixa ben claro o seu coñecemento da utilización da cor, a luz e os materiais. Se ben gran parte destas obras hoxe en dia ou xa non existen o están a piques de desaparecer, aínda é doado recordar alguns deles como o bar Choco, Arrondo, Gladys, Cosmos...etc. Xa noutra escala e nas edificacións de vivendas colectivas deixase ver o seu carácter personal como home modesto e  sinxelo en obras de gran factura entre as que destacan o Edificio Seida (r/ García Barbón), o Edificio Lázaro ( Policarpo Sanz) ou as vivendas da r/ Gran Via. Dentro das múltiples tipoloxías e escalas traballadas cabe reseñar o Hotel Samil, a rotativa do Faro de Vigo en Chapela, asi como gran número de vivendas unifamiliares.

A finais dos anos oitenta Arturo Fraga Framil retírase, quedando o estudo no "Edificio Equitativa" ao cargo dos seus fillos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga, que continuan hoxe en día a labor do pai na cidade na que o apelido Fraga xa é unha parte imprescindible da súa historia.

"Gladys". Anos 50

Edifcio "Seida" . 1958

Vivendas "Gran Vía 146". 1961

Edificio "Lázaro". 1964

Hotel Samil. 1967

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"