Saltar la navegación

Castro e Alonso

CASTRO e ALONSO. Arquitectos

Francisco Castro Represas ( Vigo 1905-1997) remata os seus estudos de arquitectura en Madrid e chega a Vigo para abrir o seu estudo no ano 1932.  Nos anos anteriores á guerra civil española, Francisco Castro desenvolve unha interesante arquitectura de estilo racionalista, adaptado á tradición da cantería de pedra xa existente na cidade. Dende o seu primer estudo na r/ García Barbón e logo na r/ Loriga, deseña os edificios máis emblemáticos desta primeira etapa entre os que destacan entre outros os Edificios Curbera, Sanchón, Crespo, ... etc..

A principio dos anos 40, únese ao estudo o seu compañeiro de xeración e arquitecto Pedro Alonso Pérez ( Madrid 1908- Vigo 1990) . Coa oficina no novo Edificio Sanchón (r/ Policarpo Sanz), Pedro Alonso colabora xa nos grandes proxectos dos primeiros anos 40 entre os que destacan o Edificio Albo  o Naútico de Vigo e o Edificio Santo Domingo entre outros.

A partir de entón e nas décadas seguintes, Francisco Castro e Pedro Alonso, conforman un equipo ben coordinado, adicándose Castro ás labores da xestión da obra e Alonso ás tarefas de deseño no estudo. Os seus diferentes carácteres e habilidades axudan á distribución do traballo. Así, "Don Pedro",  un home bondadoso e dotado excepcionalmente para o debuxo, asume o deseño das edificacións e a labor proxectual, mentras que "Don Francisco" home de forte carácter é quen de coordinar a execución das obras asi como a relación cos clientes e constructores.

Francisco Castro e Pedro Alonso xa xubilados, morren nos anos 90 deixando un legado arquitectónico imprescindible cara á lectura da evolución da cidade. Máis alá da súa época racionalista, a súa obra posterior é de gran interese e aínda está á espera da análise en profundidade que históricamente merece.

Edificio "Sanchón". 1935

Edificio "Cesáreo Glez". 1938

Edificio "Crespo". 1939

Edificio "Curbera". 1939

Edificio "Albo". 1942

RC Nautico. 1944

"INICIO"   Volta a "ARQUITECTOS"