Saltar la navegación

Bar

PEPE BAR. Arquitecto

Xosé Bar Boó (Vigo 1924 - A Coruña 1995) realiza os seus estudos de Arquitectura en Madrid, titulándose no ano 1957. Antes de terminar a carreira xa deseña o seu primer proxecto o edificio de vivendas e oficinas Plastibar na r/ Marqués de Valladares en Vigo. Construído en 1961, o edificio "Plastibar" considérase o paradigma da recuperación da modernidade en Galicia. A partires de ese momento e ata o seu falecemento desenvolverá unha intensa labor profesional compatibilizándoa ao final da súa vida coa docencia na Escola de Arquitectura de A Coruña.

A diferencia da maioría dos seus compañeiros de profesión e xeración, Pepe Bar é un arquitecto cunha obra non excesivamente extensa. A minuciosidade no desenvolvemento dos seus proxectos e o seu carácter obstinado na relación co cliente, marcarán as pautas do funcionamento do estudo do arquitecto. Aínda asi, son moitas as tipoloxías nas que Bar desenvolve o seu traballo, dende igrexas, vivendas unifamiliares, vivendas colectivas, hospitais, equipamentos...etc., onde pódense admirar o seu ben facer e as influencias da arquitectura contemporánea entre outros de Frank Lloyd Wright de quen era grande admirador.

Entre a o gran número de obras salientables, cabe destacar o Policlínico Cíes, a igrexa da nosa Sra. das Neves en Teis, Edificios de vivendas colectivas na Praza de Compostela ou no polígono de Coia, así como moitas vivendas unifamiliares en Coruxo, Canido, Toralla, ... etc. O alto nivel no deseño dos proxectos dende o xeal ata o último detalle, así como o maxistral empleo de materiais constructivos sinxelos como a pedra, o formigón ou a madeira, fan de Pepe Bar un dos arquitectos máis importantes da súa xeración tanto na cidade como a nivel Galego.

En 1995 e aínda en activo, Bar Boó morre a os 70 anos en A Coruña a consecuencia dunha infección no quirófano tras unha aparentemente sinxela operación de corazón. Sen lugar a dúbidas, a cidade e Galicia perden un dos arquitectos más representativos do século XX.

 

Edificio "Plastibar". 1957

Vivendas "Alameda". 1963

Policlínico "Cies". 1967

 

Igrexa "Nosa Sra. das Neves". 1968

Vivendas "García Olloqui". 1972

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"