Saltar la navegación

Baltar

 

ALBERTO BALTAR. Arquitecto

Alberto Baltar Tojo (Santiago de Compostela 1939-Vigo 1993), fillo do cirurxián compostelán Don Ramón Baltar, comeza os seus estudos de Arquitectura en Barcelona, rematando en Madrid no ano 1965. Home polifacético, de tradición familiar vinculada á medicina, desenvolve a súa actividade profesional de arquitecto en Vigo. Os seus amigos cercanos o recordan como un home de gran encanto persoal e non dubidan en definilo con adxectivos como : brillante, noble, intelixente, entusiasta, enérxico ou impulsivo.

Como o arquitecto máis novo dos analizados no presente traballo, forma parte xeración que chega á cidade na segunda mitade dos anos 60 entre os que se atopan entre outros Xaime Garrido, Jaime Riera e Arturo Conde. Alberto Baltar colaborará en 1970 con Xaime Garrido, Pepe Bar e Jaime Riera na redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Baiona. A labor de Garrido como arquitecto municipal e o documento urbanístico consiguen en gran medida a conservación do conxunto histórico da vila mariñeira que coñecemos hoxe.

O legado da obra de Alberto Baltar é extenso e cabe salientar  como característica nos seus edificios o uso do formigón visto e a plaqueta cerámica mesturada coa pedra do país. Así e durante casi catro décadas realizará gran variedade de proxectos: vivendas unifamiliares, naves industriais, edificios de vivendas e diversos equipamentos (colexios, hospitais...) etc. A clínica POVISA ( hoxe desfigurada do orixinal), as viviendas da r/ Policarpo Sanz ou r/ María Berdiales, así como os edificios de "La Artística" na r/ Tomás Alonso, son grandes exemplos de arquitectura contemporánea que Baltar deixa en Vigo cunha linguaxe formal moi persoal e característica.

Home do seu tempo non dubida en ocupar cargos na xunta directiva no COAG así como en vincularse temporalmente ao mundo da política através de SIGALSA (Sociedade pública de promoción de solo industrial).  A brillante carreira profesional de Alberto Baltar queda truncada no ano 1993, ao morrer en Vigo dun cancro de pulmón aos 53 anos de idade.

Unifamiliar "Magdalena-Nogueira". 1971

Vivendas "r/ Cuba-Paraguai". 1974

Vivendas "r/ Policarpo Sanz". 1975

Vivendas "r/ Urzaiz". 1976

Vivendas "r/ Maria Berdiales". 1977

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"