Saltar la navegación

Araujo

FERNANDO ARAUJO. Arquitecto

Fernando Araujo Rodríguez (Vigo 1925 - 2010) arquitecto pertencente á  "xeración do 57", chega á cidade e comeza a súa traxectoria profesional colaborando en diversos proxectos con algúns dos seus compañeiros de xeración. Pronto organiza o seu estudo propio, obtendo gran cantidade de encargos que o levan a ser xunto con Castro e Alonso así como Desiderio Pernas , un dos arquitectos que máis obras constrúen na cidade nos anos 60 e 70.

Así os primeiros proxectos de Fernando Araujo, ao igual que moitos dos seus compañeros de xeración, mesturan a utilización da pedra, cun novo material cerámico na cidade, o gresite. Por outra banda o remate da última planta con pérgola de fórmigón para dar solución ao forxado de cuberta, convértese nun invariante da súa arquitectura. Home de trato afable e gran sentido comercial, é entrevistado en diversas ocasións na prensa local con motivo dos números especiais sobre a construcción dos anos 60. Os seus compañeiros o recordan como un home de gran simpatía que xa nos anos de estudante se perfilaba como o de máis futuro "comercial" de toda a xeración.

O final da súa vida discurrirá entre Brasil e España, mantendo o seu estudo na r/ Urzaiz ata a súa xubilación a finais dos anos 90. Fernando Araujo morre en Madrid no ano 2010 aos 84 anos de idade deixando un legado arquitectónico de edificios de vivendas importante e dunha factura e estilo sinxelo pero moi persoal.

 

Vivendas "Progreso". 1961

Igrexa San Xosé Obreiro. 1961

Vivendas "María Berdiales". 1963

Edificio "Alén". 1966

Vivendas "Urzaiz/ Via Norte". 1969

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"