Saltar navegación

O órgano, instrumento musical

Órganos da Catedral de Santiago

O órgano é un instrumento musical de vento que funciona grazas a un teclado. É moitas veces espectacular, de grande tamaño, e soe chamar moito a atención. Tamén porque ás veces non vemos á persoa que o toca, que se chama organista, xa que están pendurados das paredes das igrexas, no alto. Aínda que a maioría dos órganos están nas igrexas, non sempre é así: tamén hai órganos en salas de concertos e, aínda que resulte sorprendente, tamén os houbo nos cines. A pesares das súa complexidade, o órgano é un instrumento que ven de moi antigo. Sabemos que na antiga Roma xa se usaban órganos... no circo!

Nesta actividade imos a coñecer mellor estes impresionantes instrumentos e aprender moitas cousas sobre eles:  as partes que teñen, os diversos sons que producen, os diversos tipos de órganos que hai, como eran os antigos órganos... vai usando o menú para moverte polas páxinas e aprender máis sobre os eles!

Andrés Díaz Pazos. Agosto de 2015