Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer o Convención da Asamblea Xeral de Nacións Unidas de 1989.
  • Identificar os Dereitos fundamentais da Infancia promulgados pola ONU.
  • Valorar a importancia do contido dos artigos da Convención da Asamblea Xeral de Nacións Unidas de 1989.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Recoñecer situacións onde se implan os Dereitos da Infancia.
  • Desenvolver a capacidade creativa e artística para plasmar a información nun traballo de banda deseñada.
  • Elaborar un cómic a partir de datos obtidos por investigación.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de banda deseñada.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Concienciarse do papel activo que temos que xogar na defensa dos nosos dereitos.
  • Valorar a importancia da conmemoración do Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

Contidos

  • Día Mundial dos Dereitos da Infancia.
  • Convención da Asamblea Xeral de Nacións Unidas de 1989.
  • Dereitos da Infancia.
  • Versión reducida dos Dereitos da Infancia formulada por Unicef.
  • Metodoloxía das webquest.
  • A banda deseñada como recurso para informar á comunidade educativa.
  • Os cómics como documentos para reflectir o resultado dunha investigación.

Competencias clave

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. 
  • Software: Programas de navegación por internet. Programas de edición de banda deseñada en liña (Bitstrips, Pixton, Chogger, Comics Head). Aconséllase para traballar con contas de Bitstrips que permite crear un grupo de clase para traballar durante un mes gratuitamente. O titor debe crear a conta e facilitar os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a pescuda de información e para a edición en liña dos traballos de banda deseñada.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará fundamentalmente de forma individual seguindo as ordes do "Proceso" desta webquest. En gran grupo realizaremos a exposición dos traballos, a elaboración do cómic final e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou por parellas. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, sociais, educación artística e as áreas transversais de Ed. para la convivencia e dereitos humanos.

Temporalización

  • Cinco sesións dunha hora no colexio. 

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.