PRINCIPAL

Saltar navegación

Sistema vocálico

As vogais

As vogais son sons da fala humana producidos ao expulsar aire pola boca, acompañados da vibración das cordas vocálicas; por iso dicimos que son "sonoras".

Segundo a posición da lingua na cavidade bucal e a maior ou menor abertura desta emitiranse vogais diferentes. Canto maior é o número de vogais nunha lingua, menor é a diferenza entre elas, pois o espazo articulatorio é moi reducido; a delimitación oral e auditiva nesas linguas, vólvese, por tanto, máis esixente á hora da súa aprendizaxe.

Non todas as linguas teñen o mesmo número de vogais (o castelán ten 5, o galego e o portugués 7, o inglés 20 e o francés 19). Isto é debido, por exemplo, a que a posición intermedia é máis aproveitada nunhas linguas que noutras. Por outra parte, algunhas linguas, coma o francés ou o portugués, teñen tamén vogais nasais. O galego tamén as tivo, pero hoxe están prácticamente desaparecidas.

 

Observa

Os fonemas vocálicos cumpren función silábica, xa que o núcleo da sílaba é sempre unha vogal.

Sa-bi-a-mos / co-tiá

Posición tónica ou pretónica

 

En posición tónica ou pretónica o sistema vocálico do galego presenta sete fonemas:

 

Punto de articulación

Anterior ou palatal

Central

Posterior ou velar

Pechada

/i/

 
/u/

 

Abertura media pechada

/e/

 
/ọ/

 

Abertura media aberta

/ ę/, /ɛ/

 

 
/ɔ/

Aberta

 
/a/

 

 

Posición postónica non final

En posición postónica non final, os fonemas redúcense a cinco, xa que non se dá á oposición entre abertura media aberta e abertura media pechada: /a,e,i,o,u/: /kágado/, /número/. Nesta posicion é frecuente a vacilación no punto de articulación (númaro).

Posición postónica final

En posición postónica final o número de fonemas redúcese a tres: /a,e,o/. Ocasionalmente, en palabras non patrimoniais poden atoparse /i,u/: taxi, tribu, álbum, corpus.