PRINCIPAL

Saltar navegación

Sistema fonolóxico galego

Observa a diferenza

A fonética é a ciencia que estuda os sons.

A fonoloxía é a ciencia que estuda os fonemas.

Fonema

O fonema é o elemento mínimo distintivo.

Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen atopar ningún obstáculo.

Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.

O son é a realización do fonema.

A letra é o signo gráfico co que se representa o son dun idioma.

Repetimos os conceptos básicos

Fonema: unidade mínima de son da lingua (non divisible en unidades máis pequenas) con valor significativo. Isto quere dicir que os fonemas diferenzan palabras entre si: por exemplo, os fonemas iniciais de "pata", "rata", "bata", "mata" e "lata" non son os mesmos (son, respectivamente, o /p/, /r/, /b/, /m/ e /l/; para non confundilos coas letras, escribímolos entre barras) polo que dan lugar a palabras de significado totalmente diferentes.

Son: realización concreta dun fonema (que é un concepto abstracto). O son é o que realmente pronunciamos. Por exemplo: na realización do fonema /r/ hai persoas que pronuncian un son vibrante (verbigracia, en "ramo") e outras que realizan un son diferente (máis gutural); non obstante, entendemos que o fonema de referencia é o /r/; ambas pronuncias son realizacións (sons) do mesmo fonema. Representamos os sons escribíndoos entre corchetes: [ə].

 

Non confundir con "letra": representación gráfica dun fonema (observa: o fonema /b/ represéntase coas letras "b" e "v").

Equivalencias fonema-letra

Letra Nome Fonema(s) que representa
A a /a/
B be /b/
C ce /θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo); /k/ (+ a, o e u)
D de /d/
E e /e/, /ɛ/
F efe /f/
G gue /g/ (/x/ en zonas con gheada)
H hache
I i /i/, /j/
L ele /l/
M eme /m/
N ene /n/
Ñ eñe /ɲ/
O o /o/, /ɔ/
P pe /p/
Q que /k/
R erre /r/, /ɾ/
S ese /s/
T te /t/
U u /u/, /w/
V uve /b/
X xe /ʃ/, /ks/
Z zeta /θ/ (/s/ en zonas con seseo)
Dígrafo Nome Fonema(s) que representa
ch ce hache /tʃ/
gu gue u /g/
ll ele dobre /ʎ/
nh ene hache /ŋ/
qu que u /k/
rr erre dobre /r/

Observa a non correspondencia fonema-letra

1- Non todos os fonemas están representados por unha letra, pois algúns precisan de dúas (dígrafos): ch, rr, nh…

2- Algúns fonemas teñen máis dunha representación gráfica, segundo certas regras:

- O /b/ represéntase con b se procede de B-, -B- e -P- latinos (BUCCA=boca) e con v se procede de U- e -U- (ADUOCATU=avogado).

- /k/: c, qu (cara, queixo). /g/: g, gu (gato, guerra) /Θ/ : z, c (zoco, cera).

3- Dous fonemas poden ter a mesma representación gráfica:

-/r/: raro. /n/: fano, non.

- Vogais de apertura media ou pechada: oso, óso.

- Taxi (ks)- exército.

4- Algunhas grafías representan dúas posibilidades de pronuncia a escoller polo falante:

- Representación do seseo e gheada: aguia: /ágia/ ou /áhia/

5- Algúns signos gráficos non representan ningún fonema: caso do h, e do u que segue a g e q cando preceden e,i: guepardo.

6- No noso alfabeto algunhas letras só se usan na transcrición de nomes ou palabras estranxeiras: k, w, y, ç.