PRINCIPAL

Saltar navegación

Repaso do acento diacrítico

O acento diacrítico

Emprégase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir palabras homógrafas (que se escriben igual) que non sexan homófonas.

(As palabras homófonas son as que se pronuncian igual, p.ex., balor e valor)

Cando dúas palabras poidan confundirse, pónselle acento á que ten vogal aberta ou á que é tónica (por exemplo: bóla  , bola de pan).

Repasa as seguintes parellas

Á: contracción da preposición a + artigo a ( Vou á Coruña).

Extremidade de paxaro. partes dunha á de paxaro.

   A: preposición, artigo feminino singular (Fun a Fisterra/ Achégame a vasoira).

 

Ás: contracción da preposición a + artigo as (Gústame xogar ás cartas).

Extremidade de paxaro (plural): O paxaro ten as ás rotas.

e mais carta da baralla. (Tocoume o ás de copas na primeira man).

As: artigo feminino plural (Como arrecenden as galanas...!)

 

Bésta: arma composta dun arco flexible que serve para lanzar flechas. (O besteiro do rei fabrica as béstas e as flechas con madeira de teixo).

Besta:denominación xenérica para referirnos a calquera animal, especialmente os salvaxes. (Comportouse coma unha besta, non paraba de ornear).

Bóla (corpo esférico): acento diacrítico para diferencialo de

Bola/ bolo (de pan): a bola ou rosca ten un burato no medio, o bolo, molete ou fogaza, non.

 

: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo a (É máis grande cá miña casa).

Ca: conxunción comparativa (Teño máis libros ca ti).

Cás: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo as (Son máis grandes cás nosas casas).

   

Chá: terreo chan (Manuel María era da Terra Chá).

Chás: terreo chan (en plural) (Antano botabamos centeo nas chás).

 

: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo o (Es máis espelido có teu irmán).

Cós: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo os (Quérelle máis ós meus cós teus amigos).

 

Cómpre: é preciso (p3); acento diacrítico. (Cómpre obedecer as normas).

Compre: verbo comprar, mercar (Non é preciso que compren nada).

Cómpren: é preciso (p6); acento diacrítico. (Cómpren moitas horas de estudo para aprobar este exame).

 

: verbo dar (p3). (Nunca dá feito o traballo a tempo). // da = contracción da preposición de + artigo a: Veño da Laracha.

Dás: verbo dar (p2). (Dásme un chicle?) // das (Dáme das outras).

 

: Nota musical. (Dó, Re, Mi, Fa, Sol...) // do (Veño do fútbol)

Sentimento de pena, dor. (Dáme moita dó velo nese estado de angustia).

 

É: p3 do presente de indicativo do verbo ser. (É máis forte ca min). // E= coxunción (Fas e desfas ó teu xeito).
Fóra: adverbio de lugar (Botoume fóra da estrada adrede).// Fora=verbo ser (Se fora el de viaxe comigo, saberíalo).

: sinónimo: mala. Más: sin. Mala (plural)

 

Máis : adverbio de cantidade (Queres máis café?) // mais= pero; (Precisaba cartos para o aluguer, mais non os tiña) // conxunción "e" (Xoán mais eu imos de compras).

 

: corda entrelazada, resultado de atar. (Aprendín a facer nós de mariñeiro).

No: Contracción da preposición en+ artigo o:(Espérote no ximnasio).

 

Nós: pl. de nós (Cantos nós lle fago a esta corda?). Pronome persoal tónico 1ª persoa plural (Nós fixemos a empanada e eles non nos deixaron nada).

Nos: pronome átono. (Eles non nos deixaron nada).

 

Ó: contracción da prep. a + artigo o. Tamén se pode escribir "ao" (Vou ó/ao cine de cando en vez).

Ós: contracción da prep. a + artigo os. Tamén se pode escribir "aos" (Dálle de beber ós/aos paxariños).

Óso: osamenta, acentuación diacrítica. (Rompín un óso do dedo). // Oso: animal plantígrado.

 

: extremidade do corpo, acentuación diacrítica. (Teño os pés doloridos).

Pe: letra P.

 

Póla: ramificación da árbore, acentuación diacrítica. (Gabeou pola póla da cerdeira e apañou moitas cereixas).

      Pola: ave . (A pola nova xa ten pitiños).

 

Pór : verbo poñer. (Debes pór en orde os teus asuntos).

Por: preposición. (Fun de paseo pola vila)

 

Présa: estar apurado. (Non podo quedar, levo présa) // Presa: encoro. (Choveu tanto que a presa rebordou)

Presa: botín; peza que se obtén no exercicio da caza. (Foi presa do pánico).

 

: (lat. Sedem) lugar eclesiástico: capital da Diócese.

 

: soidade. (Gústame estar só). // So= debaixo de (Somete ben as sabas na cama).

: infusión (Non te molestes en facer té, xa sabes que devezo polo café)

 

Vén: verbo vir, p3 ( El non vén connosco?) // ven: verbo ver, p6. (Ven ben?)

Vés: verbo vir (Vés ou non?) // ves: verbo ver, p2. (Ves algo?).

 

Vós: pronome persoal tónico 2ª persoa plural (Fostes vós os que petastes á porta?).