PRINCIPAL

Saltar navegación

Para saberes máis

A aparición da escritura

Antes de seren inventadas as letras había outros xeitos de representar a lingua falada:

Escrita Lineal A

Na escrita pictográfica representábanse os obxectos por medio dun debuxo. 

Na escrita ideográfica, os ideogramas representaban o obxecto ou unha idea relacionada (ex. o ideograma "sol" podía referirse ao astro ou ao día).

A diferenza das anteriores, na escrita silábica cada sinal representa un grupo de sons.

Na seguinte imaxe podes ver unha interpretación de como certos pictogramas foron simplificándose até convertérense en "letras":

Breve historia

A escritura cuneiforme, nacida en Sumeria, consta de 600 signos en forma de cuña que representan unha sílaba ou unha palabra.

O primeiro alfabeto coñecido é o semítico setentrional (aparecido en Asia, entre o 1700 a. C. e o 1500 a. C.). Constaba de 22 consoantes. Nel teñen a súa orixe os alfabetos hebreo, árabe e fenicio. Os gregos modificaron a variante fenicia, espallándoo polo mundo mediterráneo. Del xorde o alfabeto romano, que se converte no básico das linguas europeas occidentais, entre elas o galego.

Exercicio

Escríbelle unha mensaxe ao teu compañeiro ou compañeira na que lle transmitas, con escrita pictográfica ou ideográfica, a seguinte mensaxe:

Púxose o sol.