PRINCIPAL

Saltar navegación

Competencia media

Os puntos de articulación das consoantes

Bilabial: prodúcese contacto entre o labio superior e inferior: /b/, /p/, /m/

Labiodental: o beizo inferior roza os dentes superiores: /f/

Linguodental: a lingua toca os dentes superiores: /d/, /t/

Linguoalveolar: a lingua toca os alvéolos (a enxiva superior): /s/, /n/, /l/, /r/

Palatal: a lingua roza o padal: /Š/, /ĉ/, /ň/ e / λ /

Velar: a parte posterior da lingua móvese cara oa veo do padal: /K/, /g/, / ŋ /

Practica

Indica o punto de articulación dos seguintes fonemas:

/p/ prezo

/f/ flas

/Θ/zahorí

/t/ tebras

/r/ armar

Habilitar JavaScript

Os modos de articulación das consoantes

Oclusiva: o aire sae de golpe pola boca, despois dunha breve "oclusión": /b/, /p/, /d/, /t/, /g/ e /k/

Fricativa: o aire sae rozando, "friccionando":   /f/, /Θ/, /s/, /Š/

Africada: despois dunha oclusión inicial, o aire sae da boca rozando: /ĉ/

NasaL. O aire sae pola cavidade nasal: /m/, /n/, /ň/, / ŋ /

Líquida lateral: o aire sae polos laterais da boca: /l/, / λ /

Líquida vibrante simple: / г /

Líquida vibrante múltiple: /ŕ/

Practica

Indica o modo de articulación dos seguintes fonemas:

/b/ bramido

/f/ falar

/ĉ/ chan

/n/ noquear

/l/ alentar

Habilitar JavaScript

/S/:

É un fonema consonántico linguoalveolar fricativo xordo. Na Idade Media existía tamén a súa parella sonora, que aínda se conserva en portugués. Na escrita, para representar o complexo sistema de fonemas sibilantes empregaban diversas grafías (s, ss, z, ç: saber, passo, fazer, paço); observa que a letra "z" nesa época non representaba o mesmo fonema que hoxe ( /Θ/: zapato). No galego actual só empregamos a letra "s" para representar a linguoalveolar fricativa xorda. 

Este fonema ten en Galicia dúas realizacións:
- Unha realización predorsal e outra apical.  É dicir, a diferenza está en que a lingua toca os alvéolos coa punta ou co predorso.

- A realización apical en posición inicial, media e final é a que se dá en zonas de non seseo: sopa, casar, papeis.  É  tamén o /s/ en posición final das zonas de seseo: lus, rapas.

En zonas de seseo total conviven o /s/ apical (seis) e o predorsal. A realización predorsal aparece en posición inicial e media: sapato, vou casar un xabarín. O galego estándar indica que se escriba coa letra "z" aínda que se pronuncie "s" predorsal.

/g/ (/x/ en zonas con gheada)

O fonema consonántico oclusivo velar sonoro /g/ non é propio de toda Galicia. Nas zonas nas que está ausente existe o /x/ fonema oclusivo farínxeo xordo, que coñecemos como "gheada": ghato, ghaliña.

Observa como no Programa das Festas de Ribeira, un lugar que no se fala galego con gheada e seseo, intentan deixar moi claro o orgullo por esta característica.

Aviso moi serio da orjanisasión pra os espectadores:

A Real e ilustre cofradía da Dorna ten como prinsipal premisa evitar desjrasias en tódalas actividades orjanisadas durante a festa da Dorna, por elo rojamos aos espectadores do Jran Prix de carrilanas, eviten invadir o asfalto durante a disputa da proba, efajan caso en todo momento das indicasións pola orjanisasión (...)

Escoita

Que pasou?

Esmagháche-lo ghato coa sapatilla.

/r/

Estes fonemas linguoalveolares líquidos vibrantes poden ser simples ( caro) ou múltiples (rato). A diferenza estriba na vibración múltiple ou simple que realiza o ápice da lingua cando articula este fonema.

Proba ti para veres a diferenza.

As consoantes nasais

Queres entender por que denominamos os fonemas /n/, /ň// ŋ /  nasais? Fai a seguinte proba:

Presiona e tapa cos dedos o nariz mentres pronuncias "m", "n" e "ñ". Notas a presión do aire tentando saír?

Tapa de novo o nariz e pronuncia agora consoantes que non son nasais, como "r", "t" ou "b". Por que agora non ocorre o mesmo? porque o aire sae pola cavidade bucal.