PRINCIPAL

Saltar navegación

Competencia básica

Repasa a táboa dos fonemas

LetraNomeFonema(s) que representa
A a /a/
B be /b/
C ce /θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo); /k/ (+ a, o e u)
D de /d/
E e /e/, /ɛ/
F efe /f/
G gue /g/ (/x/ en zonas con gheada)
H hache
I i /i/, /j/
L ele /l/
M eme /m/
N ene /n/
Ñ eñe /ɲ/
O o /o/, /ɔ/
P pe /p/
Q que /k/
R erre /r/, /ɾ/
S ese /s/
T te /t/
U u /u/, /w/
V uve /b/
X xe /ʃ/, /ks/
Z zeta /θ/ (/s/ en zonas con seseo)
DígrafoNomeFonema(s) que representa
ch ce hache /tʃ/
gu gue u /g/
ll ele dobre /ʎ/
nh ene hache /ŋ/
qu que u /k/
rr erre dobre /r/

/ʃ/

Este fonema consonántico fricativo palatal xordo, presente en verbas como xamón ou seixo é un fonema característico da lingua galega. Na Idade Media existía tamén a súa parella sonora (a letra coa que se representaba era o "j", como en Cancioneiro da Ajuda). Este fonema non existe no castelán, polo que non caias na tentación de asociar a letra "j" co fonema velar do castelán (de jamón, por exemplo); lembra a grafía medieval (Arteijo, ou palabras como Pujol).

Observa tamén que a letra "x" non representa sempre o fonema /ʃ/, senón que tamén representa un grupo consonántico, como en taxi.

/ ŋ /

Este fonema consonántico nasal velar sonoro é o que pronunciamos cando dicimos unha. Como ben sabes, escribímolo co dígrafo -nh-; mais non só o representamos así, porque o n final de palabras como pan ou Ramón en galego tamén o pronunciamos velar, aínda que o representemos coa letra "n".

Practica en voz alta

As seguintes palabras: xordo, xerme, axotar/ exalumno, taxidermia.

Ningunha, ningún, algún.

Observa ben o seguinte: a secuencia "non o sei", o segundo "n" non se pronuncia velar, senón alveolar, pois a secuenciación é a seguinte: no-no sei.

1

Pregunta 1

Os fonemas /ň/ e /λ/ (ñ. ll) escríbense en portugués cos dígrafos "nh" e "lh".

Abellón

O fonema /λ/ represéntase en galego co dígrafo "ll".