PRINCIPAL

Saltar navegación

Competencia básica

 

esquema do aparelo fonador

Como articulamos as vogais?

Antes de centrarnos nas vogais convén reparar no noso aparello fonador, a parte do corpo que nos permite falar. O sistema nervioso central (concretamente o hemisferio esquerdo) controla o seu funcionamento.

Componse dos órganos de respiración (pulmóns, broquios e tráquea), órganos de fonanción (larinxe, cordas vogais e resonadores -nasal, bucal e farínxeo) e órganos de articulación (padal, lingua, dentes, labios e glote).

No seguinte enlace podes comprobar se coñeces a ubicación dos órganos do aparello fonador:

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/1835593/o_aparello_fonador.htm

Actividade

É conveniente que vaias poñendo en práctica o que se explique; non te limites a lelo, experimenta e ...fala galego!

A articulación das vogais prodúcese ao ascender o aire pola larinxe e saír pola boca sen atopar ningún impedimento.

1º: O aire, ao pasar pola larinxe, produce un son ou vibración das cordas vocálicas, polo que dicimos que todas as vogais son "sonoras". Se colocas a man no pescozo mentres pronuncias vogais notarás esa vibración (proba a facelo ti).

2º: Denominamos "punto de articulación" á zona da cavidade bucal na que se articulan os fonemas. As vogais articúlanse en tres zonas: a parte central, a parte anterior ou palatal (a máis próxima aos dentes) e a posterior ou velar (a oposta).

3º: No caso das vogais denominamos "modo de articulación" á maior ou menor apertura da boca durante a articulación.

Punto de articulación central, o /a/

Se observas como pronuncias o fonema /a/ decataraste de que o facemos no centro da cavidade bucal (posición central) e que abrimos a boca para a súa articulación. Por este motivo, definimos a vogal /a/ como sonora, central e aberta.

Propoñémosche observar a articulación das vogais empregando un pano de papel e un pouco de carmín para labios. Se tes paciencia e segues os pasos axiña o entenderás.

Pronuncia "rá" e presiona o pano contra os teus beizos. Logo pronuncia o "ra" de "radio" e apoia de novo o pano. Seguramente obterás algo semellante a isto:

Ao pronunciarmos "rá" abrimos un pouco máis a boca que cando dicimos "radio". Isto é así porque temos un só fonema /a/ pero con dúas realizacións, unha un pouco máis aberta cá outra. Non os consideramos dous fonemas porque non hai palabras que se diferencien polo maior ou menor grao de apertura dese "a"; tanto ten que pronunciemos rá ou radio con maior ou menor apertura do "a"; simplemente soarános máis ou menos raro. Asunto diferente é a maior ou menor apertura das vogais de grao medio, e /o.

Posición semiaberta/ semipechada

Fai agora o mesmo coas palabras "pé" e a letra "p". Observarás que a abertura da boca non é tan grande coma cando pronunciamos o /a/; a esta posición denominámola "grao de apertura media".

A apertura de "pé" é levemente maior cá de "p". Isto é así porque articulamos dous fonemas nesta posición: un semiaberto e outro semipechado. Ademais, se observas a posición, notarás que o punto de articulación é anterior ou palatal.

Recapitulemos o aprendido:

/a/: fonema vocálico sonoro, aberto, central

/ɛ/: fonema vocálico sonoro, semiaberto, anterior ou palatal

/e/: fonema vocálico sonoro, semipechado, anterior ou palatal

Tamén no punto de articulación posterior ou velar diferenciamos dous fonemas de apertura media: /ɔ/ e /o/.

Posición pechada

Se observas como pronuncias /i/ e /u/ decataraste do motivo polo que dicimos que son "pechadas"; o punto de articulación do /i/ é anterior e o do /u/ posterior. Practica ti e observa o triángulo das vogais que forma a súa articulación.