PRINCIPAL

Saltar navegación

8- Actualización dun texto

Actividade de corrección

Traslada este texto de Manuel Murguía ao galego actual, depurándoo de posibles arcaísmos, vulgarismos, etc. Non consultes a retroalimentación até que remates.

Discurso dos Juegos Florales de Tui (1891)

¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos hachamos a ponto de non entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maior da pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres, as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso, o hermoso, o nobre idioma que do outro lado de ese río é léngoa oficial que serve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camões e Vieira, de Garret e de Herculano, o gallego, en fin, que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos di que pois somos un povo distinto debemos selo; que nos pormete o porvir que procuramos, e nos dá a certeza de que ha de ser fecundado en bens pra nós todos. Nel coma en vaso sagrado en que se axuntan tódolos prefumes, háchanse os principales elementos da nosa nacionalidade, de novo negada e aínda máis, escarnecida. Dóulle o celta a súa dozura e a maior parte do seu vocabulario; o romano afirmouno, tén dos suevos as inflexións, do noso corazón o acento afalagador, e os brandos sonos, e os sentimentos das razas célticas. Un tanto femeninos, é certo, pro que se tempran no valor heroico do seus fillos. Léngoa distinta –di o aforismo político- acusa distinta nacionalidade. Digámolo nós tamén, se nos compre con maior firmeza aínda, e poñamos de nós o que faga falla, pra que sea pra sempre esta léngoa en consonancia co noso esprito, e feita coma ningunha outra, pra a espresión dunha literatura tan oposta ó xenio da de Castilla como é esta que nós temos”.