PRINCIPAL

Saltar navegación

6- Arcaísmos

Son palabras que caeron en desuso na lingua (por exemplo: "cibdade", "outo", etc.) ou que cada vez teñen menos ( "vegada", “ás vegadas”; ex. Heiche dar tomates da miña cortiña outra vegada que veñas por aquí).

Fíxate

A palabra “grazas” é un exemplo de arcaísmo recuperado. A RAG decidiu na reforma normativa do 2003 recuperar esta forma tradicional (nos textos medievais podémola atopar máis de catrocentas veces) que fora substituída no galego moderno polo castelanismo “gracias”, probablemente por influxo da igrexa (la gracia de Dios, etc...).

Exercicio 1

Corrixe os arcaísmos que haxa nas seguintes frases:


No quinto capíduo do libro que estou a ler aparece escrita a mor parvada que nunca vira impresa.
Roi estaba farto de que sempre lle pedisen a mesma cousa, iso que unha vegada e outra se negaba a compracelos.
Despois da accidentada viaxe en coche, por fin conqueriron chegar á cibdade antes de fecharen os hoteis.
Ese home merescía un outo posto na Administración, se o seu pasado exemplar non engana.
Ao acabar aquela longa carreira faltabame o áer e case me doía a cor como consecuencia da axitada respiración.

Exercicio 2

Corrixe os arcaísmos que haxa nas seguintes frases:


Hai que asumir que o feito de nascer xa implica que algún día falesceremos.
Non hai ren no mundo que me goste máis que tomar o sol na praia unha quente tarde de verán.
Non creo que sexa certo iso que dis de que favoresceu a algúns alumnos en prexuízo doutros.
Hai que ter moito coidado coa roupa de coores vivas: en canto as lavas unha vez perden moito e quedan máis apagadas.
O meu fillo debesce polos xoguetes de montar e desmontar, e en cambio non atura os xogos de mesa.