PRINCIPAL

Saltar navegación

3-2- Dialectalismos

Debemos diferenciar localismos léxicos, que só teñen uso nunha área xeográfica pero non constitúen desviacións da norma, e variantes dialectais consistentes en solucións morfolóxicas excluídas do estándar normativo.

Os primeiros, os localismos léxicos, (raposo golpe (wolf), rapante - meiga, xouba - parrocha...), aínda sendo minoritarios, están incorporados ao léxico estándar.

Os segundos, as variantes dialectais pódense clasificar en dous grupos, segundo afecten ao plano fonético ou morfosintáctico ( este, ese, aquel, iso); ao pronome persoal (il por el, tu por ti, cheísmo).

Observa

Son dialectalismos no plano fonético o seseo, a gheada e o rotacismo (sapato, lus, por zapato, luz, ghato, reghalo, por gato, regalo). O ditongo -ui- entroques da solución estándar -oi- (truita, muito, por troita, moito). Canto ás formas en cua ou gua (cuando,guardar) as solucións normativas son ca e ga (cando, gardar), a excepción de cuarto como numeral ordinal ou substantivo co significado de 'habitáculo', ademais das voces cultas (cuadraxésimo, cuadrimestre, cualificar). O rotacismo é un fenómeno fonético que consiste na realización do fonema /s/ en final de sílaba coma un son de consoante vibrante simple alveolar sonora.

 

Fíxate

No plano morfosintáctico poden afectar aos plurais de formas con –ns (cas - caes / cais ou ladrós - ladrois fronte ás formas normativas cans, ladrón); ás formas en -án, -á (o irmao / irmau, o irmá, a irmán, fronte ao normativo o irmán - a irmá); aos demostrativos (iste, ise, aquil, eso, fronte aos normativos); ás terminacións verbais (andais, andandes, andás, por andades; colliu por colleu, sigueu por seguiu).