PRINCIPAL

Saltar navegación

3-2-1- Dialectalismos léxicos

Le a seguinte curiosidade dialectolóxica.

Unha apreciación dialectolóxica: lamáchega.

A lesma lamáchega de baba mollada. Lamáchega negra azul as veces, ese caracol sen cuncha do noxo. A lamáchega en latín LIMAX dos limácidos, é a palabra sobre a que quería escribir hoxe unha notas para este número da revista Nos. Os vellos din lamáchega, a tradición, lamáchega, meus pais lamáchega e eu e os da miña xerazón dicimos lamáchega na miña térra de Arteixo. Aquí ao lado chámanlle coa variante lagáchema, moitos co castelanismo babosa, e sei que noutras zonas de fóra é lesma e noutras alugachas. Esta palabra lamáchega é dita con gheada, esta esdrúxula palabra é a miña aportación á Dialectoloxía galega, na ciencia da Lingüística, aprezados lectores da revista Nos. Teño curiosidade por coñecer máis variantes dialectais dos nomes deste animal da baba. Din que para chamarlle as follas de pino hai case cen nomes en Galiza segundo os territorios, comezando por arumes e picos. ¿Cantos nomes teremos para o que na miña fala é lamáchega?

Roberto López, Revista Nós, 15 de agosto, 1925, nº 20.

 

Proposta de investigación

Coñeces algunha palabra que se nomee de xeito diferente noutra área lingüística?

Atréveste a facer unha pescuda lingüística similar á que efectuou Roberto López?