PRINCIPAL

Saltar navegación

3-1- Vulgarismos

A maior parte das palabras consideradas vulgarismos obedecen aos seguintes fenómenos fonéticos:

Fenómenos do consonantismo

Apócope: consiste na supresión da vogal ou sílaba finais (caridá por cari­dade, virtú por virtude, verdá por verdade).

Metátese: consiste no cambio de lugar dunha consoante, habitualmente un r (probe por pobre, Calros por Carlos, Grabiel por Gabriel; crasto por castro, melro por merlo, crabito por cabri­to, bulra por burla, cadavre por cadáver...).

Rotacismo: consiste na realización como /r/ dun /s/ implosivo seguido de consoante sonora ou fricativa (derde por desde, derviar por desviar, lerma por lesma, derfilar por desfilar, dercender por descender...).
Reducións e vocalizacións de grupos consonánticos
(coluna por colum­na, correto por correcto, repunante por repugnante, perfeuto por perfecto...).

Fenómenos do vocalismo átono

Prótese: consiste en engadir unha vogal, habitualmente a-, no comezo dunha palabra: (amoto por moto, apresentar por presentar...). Ten en conta que hai formas normativas que historicamente son resultado dunha prótese vocálica (amora, apalpar, almofada). Ás veces, a norma considera igualmente válidas formas con prótese vocálica ou sen ela (arrodear / rodear).

Epéntese: consiste no engadido dunha vogal ou dunha consoante no interior dunha palabra. O máis común é o uso do i antihiático, entre dúas vogais pertencentes a sílabas distintas (soio por -antigo soo-, lévaio por~levaino encheio por encheo, aldeia por aldea...); Pacios (na toponimia) por Pazos. Tamén é frecuente no encontro do artigo feminino cunha palabra iniciada por vogal a (a ialma por a alma, a iauga por a auga...).

Noutros casos introdúcese unha consoante (afilloga por filloa, astrucia por astucia...).

Anaptixe: é unha variante da epéntese consistente na intercalación dunha vogal no interior dun grupo consonántico (garavata por gravata, ademi­rar por admirar, adiquirir por adquirir, moricego por morcego, Ingalaterra por Inglaterra...).

Paragoxe: consiste na aparición dunha vogal ao final da palabra : e: mullere por muller, tere por ter, ninguenhe por ninguén, eue por eu... ou i: verdai, mamai.

Síncopa: consiste na supresión dunha vogal no interior da palabra (dreita por dereita, espri­to por espírito, espranza por esperanza, vran por verán, pra por para, arbre por árbore, grandismo por grandísimo...).

Aférese: é un fenómeno semellante á síncopa pero dáse en posición inicial (nemigo por inimigo, maxinar por imaxinar, tar por estar, tadullo por estadullo...).

Alteracións vocálicas en sílaba átona:

Disimilación: menistro por ministro, sasenta por sesenta, direito por dereito, rigueiro por regueiro, cireixa por cereixa, for­mento por fermento...

Harmonización vocálica: condanado por condenado,  anduriña por andoriña, fuciño por fociño...

Labialización: somana, lovar...

 

Identifica o tipo de vulgarismo

Como é lóxico, os seguintes cantares populares non atenden á norma lingüística. Identifica os nomes dos fenómenos lingüísticos propios da fala popular cos que se coñecen as palabras que figuran resaltadas.

Anque veño por aquí

non veño por facer mal,

veño por adevertirme

con xente do meu igoal.

 

, ademais de anaptixe

 

Eu fun á feira do tres,

feira de perder o tempo,

que se paseian por ela

catro cabezas de vento.

 

A raíz do toxo verde,

é moi mala de arrincare,

os amoriños primeiros,

son moi malos de olvidare.

 

 

Eu casei e viudei,

todo foi no mes de maio;

que fertuna foi a miña

ter dúas festas no ano!

 Trátase dun caso de alteración vocálica en

Habilitar JavaScript

Practica o aprendido

identifica os fenómenos que explican as seguintes palabras:

Trator (por tractor):

Furbol (por fútbol):

Birisca (por brisca):

Falare (por falar):

Adivertirse (por divertirse):

Autobuse (por autobús):

Sanidá (por sanidade):

Collere (por coller):

Rucío (por Rocío):

Habilitar JavaScript

Repasa

morcego boca abaixo

Anaptixe é unha variante da epéntese consistente na intercalación dunha no interior dun grupo , coma no caso de "moricego" por "morcego".

Habilitar JavaScript