PRINCIPAL

Saltar navegación

2- Competencia media

Vulgarismos

Algúns dos vulgarismos máis comúns son os seguintes:

-Supresión da vogal ou sílaba finais (caridá por cari­dade, virtú por virtude, verdá por verdade). Denomínaseapócope”.

-Cambio de lugar dunha consoante, habitualmente un r (probe por pobre, Calros por Carlos, Grabiel por Gabriel; crasto por castro, melro por merlo, crabito por cabri­to, bulra por burla, cadavre por cadáver...). Denomínasemetátese”.

- Engadir unha vogal, habitualmente a-, no comezo dunha palabra: (amoto por moto, apresentar por presentar...). Ten en conta que hai formas normativas que historicamente son resultado dunha prótese vocálica (amora, apalpar, almofada). Denomínase prótese.

-Engadido dunha vogal ou dunha consoante no interior dunha palabra. O máis común é o uso do i antihiático, entre dúas vogais pertencentes a sílabas distintas (soio por -antigo soo-, lévaio por~levaino encheio por encheo, aldeia por aldea...). Tamén é frecuente no encontro do artigo feminino cunha palabra iniciada por vogal a (a ialma por a alma, a iauga por a auga...). Denomínase epéntese.

- Supresión dunha vogal no interior da palabra (dreita por dereita, espri­to por espírito, espranza por esperanza, vran por verán, pra por para, arbre por árbore, grandismo por grandísimo...). Denomínase síncopa.

- Alteracións vocálicas en sílaba átona:

Disimilación: menistro por ministro, sasenta por sesenta, direito por dereito, rigueiro por regueiro, cireixa por cereixa, for­mento por fermento...

Harmonización vocálica: condanado por condenado,  anduriña por andoriña, fuciño por fociño...

Dialectalismos

Como son formas propias de determinadas zonas (que denominamos bloques e áreas dialectais) debes poñer especial atención naquelas que corresponden ao teu bloque dialectal.

Se o teu galego é o do bloque oriental debes saber que a norma estándar escolleu algunhas formas que non son propias deste bloque, entre as que están as que a seguir che indicamos. Isto non quere dicir que non sexan galego correcto, senón que non son galego normativo, polo que deberías empregar as formas estándar cando escribas ou te expreses en contextos formais.

As máis importantes son:

Ti por tu

Plurais en -ns no canto de -is (pantalóns/pantalois)

Nai por mai

Irmán e irmá no canto de irmao e irmá

Catro e gardar no lugar de cuatro e guardar

Se o teu galego é o do bloque occidental debes saber que a norma estándar escolleu algunhas formas que non son propias deste bloque, entre as que están as que a seguir che indicamos. Isto non quere dicir que non sexan galego correcto, senón que non son galego normativo, polo que deberías empregar as formas estándar cando te expreses en contextos formais.

- Caracois no canto de caracoles.

- Meteu en vez de metiu

Son dialectalismos no plano fonético os que afectan ao seseo e á gheada (sapato, lus, por zapato, luz, ghato, reghalo, por gato, regalo), perfectamente válidos na fala, mais que non se contemplan na escrita a non ser que teñan unha intencionalidade expresiva.

Se pertences ao bloque central deberás saber cal das solucións anteriores é a túa.

Castelanismos

Nivel fonético:

Non pronunciar o n velar (de unha).

Nivel morfolóxico:

O emprego incorrecto do xénero dalgúns substantivos (*a leite...).

A utilización de pronomes non galegos (*Estos,*esos por estes, eses. *calquer por calquera...)

Conxugación verbal incorrecta (*había feito, *sufren...por fixera, sofren)

Uso indiscriminado de che (CI) e te (CD).

En galego esíxese min nas comparacións.

Nivel sintáctico:

Incorrecta colocación do pronome átono.

Introdución de a na perífrase IR + infinitivo.

Posesivo + substantivo sen ir precedido de artigo.

Nivel léxico:

Emprego de palabras casteláns, unhas veces nas súas formas orixinais (*dios, grifo, sartén) e outras adaptadas á fonética ou morfoloxía do galego (*conexo).

Tamén podemos considerar un fenómeno propio da interferencia co castelán, o feito de que algúns falantes opten sistematicamente polas formas coincidentes con ese idioma cando se atopan con casos de sinonimia: acordarse- lembrarse, acostumarse-afacerse, brando-mol, esperar-agardar, colgar-pendurar, crer-coidar, aguantar-aturar, beizos-labios, derradeiro-último.