PRINCIPAL

Saltar navegación

1- Competencia básica

Vulgarismos:

Hai de moitos tipos, pero ti procura non incorrer nos seguintes:

- Non confundas o artigo coa palabra, como fan os que din: amoto por moto, apresentar por presentar ou arradio por radio.

- Non suprimas a sílaba inicial en palabras como tar por estar.

- Sobre todo cando escribas, non suprimas a vogal do medio en palabras como pra por para.

- Vocaliza correctamente palabras como “número”, teléfono”, “condenado” ou “dezanove”, para non seguir estendendo incorreccións como númaro, taléfono, condanado ou dazanove.

Castelanismos:

- Procura aprender ben o xénero daquelas palabras que o teñen diferente en galego e en castelán, como o leite, o mel, o ubre...

- Aprende ben o uso de che (CI) e te (CD), pois o mal uso adoita ser por influencia do castelán.

- Non esquezas que en galego non hai verbos compostos.

- Lembra que en galego o posesivo + substantivo debe ir precedido de artigo (o meu libro é un agasallo de meu curmán), agás excepcións que debes saber.

- Ir + infinitivo (como “ir pescar”) en galego non leva preposición.

-Unha incorrecta colocación do pronome é outra das influencias do castelán, especialmente disonante. Pon atención no seu emprego.

Os castelanismos máis abundantes son os léxicos, mais tamén son doados de corrixir se prestamos atención. Procura non esquecer que as seguintes verbas existen no galego dende hai moito tempo e que hoxe sofren competencia das equivalentes en castelán:

vasoira (escoba), billa (grifo), tixola (sartén), caldeiro (cubo), vertedeiro (fregadero), peite (peine), cadeira (silla)...

Dialectalismos:

Como son formas propias de determinadas zonas (que denominamos bloques e áreas dialectais) debes poñer especial atención naquelas que corresponden ao teu bloque dialectal.

Se o teu galego é o do bloque oriental debes saber que a norma estándar escolleu algunhas formas que non son propias deste bloque, entre as que están as que a seguir che indicamos. Isto non quere dicir que non sexan galego correcto, senón que non son galego normativo, polo que deberías empregar as formas estándar cando escribas ou te expreses en contextos formais.

As máis importantes son:

Ti por tu

Plurais en -ns no canto de -is (pantalóns/pantalois)

Nai por mai

Irmán e irmá no canto de irmao e irmá

Catro e gardar no lugar de cuatro e guardar

Se o teu galego é o do bloque occidental debes saber que a norma estándar escolleu algunhas formas que non son propias deste bloque, entre as que están as que a seguir che indicamos. Isto non quere dicir que non sexan galego correcto, senón que non son galego normativo, polo que deberías empregar as formas estándar cando te expreses en contextos formais.

- Caracois no canto de caracoles.

- Meteu en vez de metiu

Son dialectalismos no plano fonético os que afectan ao seseo e á gheada (sapato, lus, por zapato, luz, ghato, reghalo, por gato, regalo), perfectamente válidos na fala, mais que non se contemplan na escrita a non ser que teñan unha intencionalidade expresiva.

Se pertences ao bloque central deberás saber cal das solucións anteriores é a túa.



Castelanismos ortográficos (repasa)

Palabras que se escriben con v en galego e non en castelán

 

Castelán

Boda

Barrer e derivados

Bulto

Bermejo

Abogado

Grabar e derivados

Abuelo/Abuela

Garbanzo

Cobarde

Esbelto

Buitre

Galego

Voda (do lat. VOTU)

Varrer e derivados(lat. verrere)

Vulto (lat. vultum)

Vermello (lat. vermiculum)

Avogado (lat. advocatum)

Gravar e derivados (l. gravare)

Avó/ Avoa (l. vg. aviolum)

Garavanzo (lat. *arwatius)

Covarde (fr. ant. coart)

Esvelto (it. svelto)

Voitre (lat. vulturem)

H: diferenzas entre galego e castelán

  En galego escríbense con h: Harmonía (lat. harmoniam), harpía (lat. harpyam) e as seguintes palabras:

Castelán

Ahí

Alhelí

Harpa

Hasta

¡hala!

Bahía

Hermita

Hermano

Hinchar

Hueco

¡hola!

Hombro

Huérfano

Hueso

Húmero

Huevo

Galego

(lat. ad hic)

Alelí (ár. Al-hairî)

Arpa (fr. harpe)

Ata (ár. hatta)

¡ala! (ár. hala)

Baía (fr. baie )

Ermida (lat. eremita)

Irmán (lat. germanu)

Inchar (lat. inflare)

Oco ( lat. occare)

¡ola! (creación expresiva)

Ombreiro (lat. umerum)

Orfo (lat. orphanum)

Óso (lat. vg. ossum)

Úmero (lat. umerum) 

Ovo (lat. ovum)