Século XX

A poesía galega cando comeza o século XX mantén o paso firme iniciado no Rexurdimento no século anterior. Tan só a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista serán capaces de frear este proceso.

  • Antre Dous Séculos, son autores nacidos na década de 1870 e que se caracterizan pola falta de conxeción entre os seus integrantes e polo formalismo, moi lonxe do modernismo castelán. Os poetas que atopamos neste grupo son: Ramón Cabanillas, Noriega Varela, Francisca Herrera Garrido, etc. A figura de Cabanillas é, certamente excepcional, debido á súa lonxevidade e fecundidade creativa, o que lle permitiu escribir en épocas e baixo influencias moi diversas.
  • As Vangardas: así como ía avanzando o século XX a nómina de escritores e de escolas íase multiplicando. Entre outros movementos destacan as Vangardas cuxos principais representantes en Galicia son Bouza-Brey, Amado Carballo e Manoel Antonio. Este último marcará unhas pautas aínda válidas para os e as poetas da actualidade.

Na poesía de posguerra, moito máis amplo có de preguerra por motivos obvios, centrouse a análise en dous grupos poéticos: a Xeración de 1936 e a Xeración das Festas Minervais. Nesta última, escolleuse a Xosé Luís Méndez Ferrín, quizais o seu autor máis sobresaliente, que marcou un antes e un despois na poesía galega co seu Con pólvora e magnolias.