Rosalía de Castro

Actividade de lectura

¡PRA A HABANA!

         
               I

       Vendéronlle os bois,
       vendéronlle as vacas,
       o pote do caldo
       i a manta da cama.
5     Vendéronlle o carro
       i as leiras que tiña;
       deixárono sóio
       coa roupa vestida.
       "María, eu son mozo,
10    pedir non me é dado;
       eu vou polo mundo
       pra ver de ganalo.
       Galicia está probe,
       i á Habana me vou...
15    ¡Adiós, adiós, prendas
       do meu corazón!"


              IV
       "¡Ánimo, compañeiros!
       Toda a terra é dos homes.
       Aquel que non veu nunca máis que a propia,
20    a iñorancia o consome.
       ¡Animo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda!
       ¡I anque ora vamos de Galicia lonxe,
       verés desque1 tornemos
       o que medrano os robres!
25    Mañán é o día grande, ¡á mar, amigos!
       ¡Mañán, Dios nos acoche!"
       ¡No sembrante2 a alegría,
       no corazón o esforzo,
       i a campana armoniosa da esperanza,
30    lonxe, tocando a morto!

              V
       Éste vaise i aquél vaise,
       e todos, todos se van.
       Galicia, sin homes quedas
       que te poidan traballar.
35    Tes, en cambio, orfos e orfas
       e campos de soledad,
       e nais que non teñen fillos
       e fillos que non tén pais.
       E tes corazóns que sufren
40    longas ausencias mortás,
       viudas de vivos e mortos
       que ninguén consolará.

Rosalía de Castro, ¡Pra a Habana! (fragmento)

Emigración

Compañeira na emigración
Imaxe de David Torea
Fonte: Flickr

 

 


 

1 Conxunción en desuso que significa "despois de que", "cando", "así que".

2 Cara, rostro humano.

Este é un coñecido poema de Rosalía onde fala da emigración. Como outros moitos poemas seus foi fantasticamente musicado por Amancio Prada. Aquí podes escoitalo:

Amancio Prada

Tamén podes ver un fragmento do concerto que deu este cantante na Habana aquí:

 

Tamén é interesante a versión que fixeron os de Fuxan os Ventos dentro do seu disco Noutrora. Aquí está:

 

Podes, por último, ver o texto íntegro do poema se clicas nesta ligaźon.

  • Despois de escoitar estas dúas versións do poema xustifica cal cres que é máis fiel ao orixinal de Rosalía.
  • Cal é a que máis che gusta máis? Xustifícao tamén!
  • Cal é a voz poética do poema? Hai máis dunha? Lembra indicar onde aparece co número do verso!
A vida de Rosalía

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas.

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro
http://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/rag-celebra-hallazgo-textos-ineditos-rosalia-castro/20140116140846168144.html

Rosalía de Castro é a figura máis do galego. Naceu en Santiago de no ano 1837 froito da relación entre a Teresa de Castro e Abadía e dun . As últimas apuntan a que o nome deste relixioso era José Martínez Viojo. creuse que fora pola súa nai e criada por unha súa tía paterna en Ortoño mais todo apunta a que sempre estivo con súa en Padrón.

Con dezanove anos coa súa nai a Compostela onde entra en contacto coa mocidade da época a través do Liceo de la Juventud, ao que pertencían persoeiros como Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal. Con eles participa en 1856 no " de Conxo", feito polo cal foi enviada a Madrid a completar a súa formación. Alí con Manuel Murguía dous anos máis tarde, no 1858.

O matrimonio viviu en lugares (Madrid, Murcia, Simancas...) debido ao traballo do home etapa en que Rosalía escribirá a meirande parte da súa obra, tamén Cantares (1863) e moitos poemas de Follas (1880). Serán anos duros nos que coñecerán a económica mais tamén persoal ao a morte prematura de dous dos seus fillos.

No 1871 regresa a Galicia para rematar vivindo en Padrón, na xa famosa Casa da , onde morrerá anos máis tarde, en 1885.

Deixou unha cumprida obra en galego e en castelán polo que pasou a ocupar un lugar nas letras . Dedicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas, no ano 1963, coincidindo co primeiro da de Cantares gallegos.

Escolla múltiple

Escolle a opción correcta no seguinte cuestionario sobre os dous libros de poemas máis coñecidos de Rosalía.

  • Rosalía fíxolle unha homenaxe tácita na publicación de Cantares Gallegos ao seu home, Manuel Murguía.

Si

Non


  • Que busca Rosalía con Cantares?

Cantar as boas comidas que se poden atopar en Galicia.

Reflexionar sobre o seu papel no mundo que a rodea.

Reivindicar a dignidade de Galicia e dos galegos.


  • A estrutura de Cantares baséase en...

Un gaiteiro comeza a tocar e cantar cantigas populares que logo parafrasea.

Ten unha estrutrua aberta.

Ten unha estrutura pechada circular


  • Os poemas de temática amorosa de Cantares...

Adoptan maioritariamente unha óptica feminina, moitas veces cun sentimento amoroso inocente e esperanzado.

Reflicten un amor desgarrado e amargado na súa maioría, de quen esa de volta de todo

Case non aparecen poemas de amor


  • Segundo o título dos seguintes poemas de Cantares, cal dirías que pode ser a súa temática principal?: "Un repoludo gaiteiro", "Nosa señora da Barca".
    

Temática patriótica e social.

Temática costumista

Temática amorosa


  • Follas novas foi publicado...

Na Habana

En Santiago de Compostela

En Vigo


  • Follas novas divídese en...

3 partes

4 partes

5 partes


  • O amor no segundo poemario de Rosalía...

Ten un carácter máis festivo ca no anterior.

Ten un caracáter triste e amargurado

Case non hai poemas amorosos e os que contén este poemario son de carácter popular, na liña das cantigas de amigo.


  • Dentro do intimismo de Follas novas, pódese atopar unha imaxe literaria que representa o sentir rosalián. Cal é?

Espello cóncavo

Alma doente

Negra sombra


  • Cal das seguintes non é unha parte do poemario Follas Novas?

As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.

Da leira

Varia


A forma do poema

A simple vista pódese ver que o poema de Rosalía está composto por diferentes tipos de estrofas. Asocia cada estrofa co seu nome correcto.

Estrofa Nome
A rima

Escribe a rima das diferentes estrofas. Fíxate se son de arte maior ou menor. Indica se son asonantes ou consonantes.

 

1ª ESTROFA

 

2ª ESTROFA 3ª ESTROFA
v. 1 5+1 - v. 17  7  - v. 31 8 -
v. 2 6 a v. 18  7 a v. 32 7+1 a
v. 3 v. 19 v. 33
v. 4 v. 20 v. 34
v. 5 v. 21 v. 35
v. 6 v. 22 v. 36
v. 7 v. 23 v. 37
v. 8 v. 24 v. 38
v. 9 v. 25 v. 39
v. 10 v. 26 v. 40
v. 11 v. 27 v. 41
v. 12 v. 28 v. 42
v. 13 v. 29      
v. 14 v. 30      
v. 15            
v. 16            

 

Rima

 

Rima Rima
  
Que di o poema?

Xa se dixo que a temática do poema ten que ver coa emigración pero, como a enfoca? Ordena a información segundo aparece no poema.

ESTROFA O QUE DI PERSOA
Recursos estilísticos I

Na primeira parte do poema hai unha enumeración que se apoia nun recurso estilístico que se acocha destrás das palabras que faltan no seguinte fragmento. Complétao e indica de que recurso se trata.

       os bois,
       as vacas,
       o pote do caldo
       i a manta da cama.
5     o carro
       i as leiras que tiña;
       deixárono sóio
       coa roupa vestida.

                                         Trátase dunha

  
Recursos estilísticos II

Axudándote do dossier de recursos estilísticos tenta explicar a diferenza entre zeugma e elipse tendo como referencia os seguintes versos:

18    Toda a terra é dos homes.
19    Aquel que non veu nunca máis que a propia,                


27    ¡No sembrante a alegría,                                    

  

Recursos estilísticos III

Explica xustificadamente o paradoxo do verso 41: "viudas de vivos".

Se o desexas, pódeste axudar dos seguintes procesadores de texto en liña:

 Writebox

Bighugelabs

Recursos estilísticos IV

Este poema caracterízase por ir intensificando paseniñamente a emoción até chegar ao final. Para conseguir este efecto emprega moitas figuras de repetición. Dálles o nome a estas que se atopan na terceira estrofa:

Éste vaise i aquél vaise
e todos, todos se van
orfos e orfas

e campos de soledad1

e nais que non teñen fillos

e fillos que non tén pais

vivos e mortos2

1 aquí aparecen tres figuras estilísticas de repetición; escríbeas por orde alfabética

2 non se trata exactamente dunha figura de repetición

Recursos estilísticos V

Explica por que nestes versos hai unha metonimia.

13       Galicia está probe,

39       E tes corazóns que sufren

Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Rosalía de Castro e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre Rosalía e o seu contexto facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.