Poesía social

Irmaus

 

       Camiñan ao meu rente moitos homes.
       Non os coñezo. Sonme estranos.
       Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
       máis alá das sabanas e das illas,
5     coma un irmáu che falo.
       Si é túa a miña noite,
       si choran os meus ollos o teu pranto,
       si os nosos berros son igoales,
       coma un irmau che falo.
10   Anque as nosas palabras sean distintas,
       e ti negro i eu branco,
       si temos semellantes as feridas,
       coma un irmau che falo.
       Por enriba de tódalas fronteiras,
15   por enriba de muros e valados,
       si os nosos soños son igoales,
       coma un irmau che falo.
       Común temos a patria,
       común a loita, ambos.
20   A miña mau che dou,
       coma un irmau che falo.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962

Vilma_nena_arxentinaVilma              
Fotografía de Adriana Mato              
Fonte Flickr           

Este é un dos poemas máis coñecidos de Celso Emilio Ferreiro, o gran poeta social da poesía galega do século XX, que acadou gran popularidade grazas ás adaptacións musicais que del fixeron grupos coma Fuxan os Ventos; clica nesta ligazón para escoitala.

  • Escoita a canción e le o poema, son iguais? Tenta sinalar en que versos aparecen as diferenzas.
  • Por que cres que se producen estas alteracións a respecto do texto orixinal?
Actividade despregable

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas.

Placa de Celso Emilio en Vigo

    Celso Emilio
    Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Celso_Emilio_Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu en o 6 de xaneiro de 1912. O seu poema "Longa noite de pedra" converteuno no expoñente da poesía na literatura galega.

Estivo moi vinculado ao dende novo seguramente favorecido porque seu pai era membro das Irmandades da . Nos anos 30 funda as Mocidades Galeguistas en Celanova.

A súa actividade política e literaria viuse axiña pola sublevación militar de 1936. Foi obrigado a incorporarse ao exército e enviado a Asturias como radiotelegrafista. Durante un permiso en Celanova en 1937 foi detido e condenado a por manifestar en público a súa opinión ao réxime. Aínda que se evitou a súa execución, pasou no mosteiro de Celanova varias noites que abondaron para axudarlle a concibir a súa obra máis importante, Longa noite de pedra.

A partir de 1941 instalouse e Pontevedra onde participou activamente da vida social e cultural da cidade. Alí no ano 1949, xunto con Manuel Cuña Novás, a colección de poesía Benito Soto. Nese mesmo ano marchará para Vigo traballar como procurador, cidade en que vivirá até 1966. No ano 1964 participa na fundación da UPG, primeiro partido galego de posguerra. Pouco despois emigra a Caracas, Venezuela, onde recibe un duro golpe ao ver que os directivos das diferentes sociedades galegas que el tiña idealizadas son persoas , que esqueceron a súa orixe e que só se preocupan de se ; deste impacto negativo xorde Viaxe ao país dos ananos, 1968.

Xa en 1973 regresou da emigración e instalouse en Madrid, onde se dedicou por completo á actividade e xornalística. A morte sorprendeuno nunha das súas estadías en Galicia, o 31 de agosto de 1979 en Vigo. Os seus restos foron enterrados na súa vila, Celanova.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1989.

A poesía social de posguerra

Celso Emilio foi un escritor coñecido pola súa pertenza á corrente social-realista. Saibamos algo máis sobre ela! Escolle unha opción para cada pregunta.

  • O primeiro poemario de denuncia social feita en galego durante a posguerra...

Publicouse en Madrid.

Publicouse en Bos Aires.

Publicouse en Vigo.


  • Unha característica dos poetas galegos de posguerra é...

A pobreza cultural en que lles tocou vivir.

A riqueza estilística que amosan nos seus textos.

Non se caracterizan por nada en concreto; son unha xeración poética coma outra calquera.


  • A poesía feita en Galicia até os anos 60 caracterízase por...

Ser intimista, ruralista e costumista, cun xeneralizado carácter pesimista.

Ter dende o primeiro momento un marcado carácter social.

Ser intimista, costumista e futurista.


  • Cantas obras cres que se publicaron en galego en Galicia entre 1939 e 1950?

Entre 50 e 100.

Entre 12 e 50.

Menos de 12.


  • O primeiro poemario que se publicou en Galicia despois da Guerra Civil foi...

Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas.

Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.

Fabulario novo, de Manuel Cuña Novás.


A forma externa

Mide todos os versos do poema e sinala a súa rima, se é que a ten. Para medir os versos usas os recursos da sinalefa e da diérese.

Fíxate en que hai versos de arte maior e de arte menor!

Por último, indica cales son as letras que riman en cada verso. Sigue o exemplo proposto (lembra que nos ditongos só se ten en conta a vogal aberta!).

VERSO Nº DE SÍLABAS RIMA LETRAS QUE RIMAN
1 11 A o-e
 2
 3
 4
 5

 6
 7
 8 D a-e
 9
 10 i-a
 11
 12
 13
 14 -
 15
 16
 17 b
 18
 19 7
 20
 21
  
A estrutura temática

O poema ten unha estrutura bastante homoxénea. Porén, pódense diferenciar tres partes de moi diferente extensión. Completa o seguinte cadro cos versos correctos.

PARTE VERSOS
Do verso 1 ao verso
Do verso ao verso
Do verso ao verso 21
Recursos estilísticos I

Escolle a opción correcta na seguinte serie de cuestións.

  • Hai unha anáfora en...

Pero ti, que te alcontras alá lonxe
máis lá das sabanas e das illas,
coma un irmán che falo.

si os nosos soberros son igoales,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,


  • Vese un quiasmo en...

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,

Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro e eu branco,

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,


  • O seguinte é unha antítese...

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,

Por enriba de tódalas fronteiras

e ti negro e eu branco,


  • Contén un zeugma...

A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos.

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Nonos coñezo. Sonme estranos.


  • Contén unha estrutura paralelística...

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Nonos coñezo. sonme estranos.

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,


Recursos estilísticos II

No poema aparece unha comparación moi clara que se repite coma un retrouso. Escríbea no oco que se che dá.

Comenta a continuación o significado que cres que lle atribúe o poeta. Para facelo axúdate dos seguintes procesadores de texto:

Bighugelabs

Writebox

  
Recursos estilíticos III

O símbolo é un tropo no cal o elemento real é abstracto e se substitúe por outro concreto. Tenta asociar os seguintes símbolos co que queren representar.

SÍMBOLO QUERE REPRESENTAR
feridas
irmau
fronteiras
berro
camiñan
noite
patria

Comentade na clase estes símbolos, se os identificades, se hai máis, se credes que transmiten o que o poeta desexa, se empatizades co que está a dicir o poema...

Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Celso Emilio e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre a poesía social-realista facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.