Os Séculos Escuros

Os Séculos Escuros pasaron á historia como unha etapa en que desapareceu a literatura feita en galego e no que se empezaron a xestar todos os tópicos negativos que aínda hoxe están asociados á nosa lingua. Se ben este non é un período de esplendor, tamén é certo que os investigadores están a rescatar pouco a pouco autores e obras que permiten ver esta etapa con máis perspectiva.

Dos Séculos Escuros, período que abrangue os séculos XV2 a XVIII1, rescatamos o “Pranto da Frouxeira”, fermoso poema anónimo onde se fala da morte por traizón do mariscal Pero Pardo de Cela.