Manuel Curros Enríquez

O maio

O MAIO

  
       Aquí ven o maio
       De frores cuberto...
       Puxéronse á porta
       Cantándome os nenos;
5     E-os puchos1 furados
       Pra min estendendo,
       Pedíronme crocas2
       Dos meus castiñeiros.
            
       Pasai, rapaciños,
10    Calados e quedos;
       Co que é polo de hoxe
       Que darvos non teño.
       Eu son volo probe
       Do pobo galego:
15    Pra min non hai maio,
       ¡Pra min sempre é inverno!...
           
       Cando eu me atopare
       De donos liberto
       E o pan non me quiten
20    Trabucos3 e préstemos,
       E coma os do abade
       Frorezan meus eidos,
       Chegado habrá estonces
       O maio que eu quero...
            
25    Queredes castañas
       Dos meus castiñeiros?...
       Cantádeme un maio
       Sin bruxas nin demos:
       Un maio sen segas,
30    Usuras4 nin preitos5.
       Sin quintas6, nin portas,
       Nin foros7, nin cregos.

Maio

Maio florido    
Foto de trescientoss!    
Fonte Flickr    

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

 


 

1 Peza de vestir para cubrir a cabeza, sen viseira, e que xeralmente ten aba

2 Froito do castiñeiro. Castaña.

3 Pop. Cantidade que o cidadán paga para contribuír aos gastos públicos

4 1Xuro superior ao establecido pola lei ou polo uso. 2 Actividade de quen presta diñeiro a un prezo abusivo.

5 Disputa xudicial entre dúas ou máis partes.

6 Promoción anual de soldados.

7 Contrato esencialmente agrario de longa duración ou mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas.

  • Este é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez, un dos integrantes da "Triple Coroa" do Rexurdimento galego, pero podería explicar que é iso da Triple Coroa? Xustifica esta expresión.
  • Cal dirías ti que é a temática deste poema: costumista ou social? Razoa a resposta.
  • É difícil entender a poesía sen a música, e viceversa e este poema non ía ser menos. Aquí tes dúas versións ben diferentes da obra de Curros. Escoita as dúas e tenta poñelas en relación coa actividade anterior: a que temática asociarías cada versión? Por que?

Versión de Luís Emilio Batallán
(texto e vídeo lévante a sitios diferentes)


Versión de Tiro na testa


  • Dentro da temática aparece unha visión anticlerical. Fíxate nas palabras que teñen relación coa igrexa e xustifica esta visión.
A vida e Curros Enríquez

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas.

Naceu en Celanova, en 1851, de onde á idade de quince anos por mor das relacións familiares debido ao carácter de seu pai. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade en que se fixo bacharel e comezou a carreira de , ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa madrileña polo que puido coñecer de primeira man os acontecementos políticos da I República. De feito, traballou como no País Vasco na derradeira guerra onde houbo de morrer por mor dun accidente. Nesta etapa é na que a súa ideoloxía que logo tentará poñer en práctica en Galicia e que o achegará aos rexionalistas.

No ano 1877 establécese en Ourense e comeza a traballar como na Delegación de Faceda. Nese mesmo ano preséntase a un concurso literario nesa mesma cidade con tres composicións: "A Virxe d'o Cristal", "O gueiteiro" e "Unha boda en Einibó". Gáñao e seguramente este éxito o animase a seguir escribindo polo que, tres anos máis tarde saca do a súa obra máis importante Aires da miña terra (1880). Este tivo moi boa acollida (foi reeditado tres veces até 1886), en gran medida pola sona que lle forneceu a do bispo de Ourense tachando o seu libro de , blasfemo e escandaloso. Pedía a do autor e o cárcere, do que se librou en segunda estancia.

no seu posto de Facenda en 1883, Curros volveu instalarse en Madrid onde volveu traballar como , primeiro en El Porvenir e despois en El País. Neses anos foi ultimando O divino sainete, que sairía finalmente do prelo en 1888.

As cousas non lle foron moi ben nesta segunda etapa madrileña e optou por marchar para con 43 anos, en 1894. Alí traballou como xornalista dirixindo varios rotativos e traballou de maneira para fundar a Academia Galega. A súa postura a favor da cubana suscitoulle novamente moitas polo que regresou a Galicia en 1904 para tentar, sen éxito, establecerse na Coruña. Alí foi recibido con e fixéronlle unha segunda homenaxe. Malia todo, non atopou ningunha axuda para quedar en Galicia polo que regresa a Cuba onde morre en 1908.

 

Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez      
Gran Enciclopedia Gallega, T. 8, pág. 144      

Rexurdimento, a época

O seguinte cuestionario sobre o Rexurdimento é válido tamén para Rosalía e Pondal. Ponlle ollo e a ver se atopas as respostas correctas!

  • O Rexurdimento xorde por influencia do ideal romántico que chega con retraso a Galicia.
Verdadeiro Falso
  • A Primeira República, de 1873 durará once anos.
Verdadeiro Falso
  • O Rexionalismo alicérzase en Galicia no Provincialismo e, á súa vez, dá lugar posteriormente ao Nacionalismo.
Verdadeiro Falso
  • Nesta época é cando se tenta aclara o pasado histórico de Galicia e é cando nace o celtismo.
Verdadeiro Falso
  • O Rexurdimento é un movemento eminentemente dramático.
Verdadeiro Falso
  • Os autores do Rexurdimento tiñan un coñecemento moi profundo  da tradición literaria galego-portuguesa.
Verdadeiro Falso
  • A posta en valor da literatura popular é algo consubstancial ao romanticismo.
Verdadeiro Falso
  • A primeira novela galega que se escribiu foi Maxina ou a filla espúrea.
Verdadeiro Falso
  • En 1867 o Gobernador da Coruña publicou no Boletín da Provincia unha Real Orde de Isabel II que prohibía levar á escena pezas escritas noutra lingua que non fose o español.
Verdadeiro Falso
  • Valentín Lamas Carvajal escribiu O catecismo do labrego, o maior fracaso editorial galego de todos os tempos.
Verdadeiro Falso
A forma do poema

O poema de Curros ten un esquema métrico uniforme e constante. Mide todos os seus versos, sinala a rima, di se é asonante ou consonante e di que nome recibe este tipo de poemas (axúdate da guía que aparece no apartado de Métrica).

VERSO MEDIDA RIMA VERSO MEDIDA RIMA  
v. 1 6 - v. 17  
v. 2 v. 18  
v. 3 v. 19  
v. 4 v. 20             Versos
v. 5 v. 21  
v. 6 v. 22  
v. 7 v. 23 Rima
v. 8 v. 24  
v. 9

v. 25

 
v. 10 v. 26 Trátase dun
v. 11 v. 27  
v. 12 v. 28  
v. 13 v. 29  
v. 14 v. 30  
v. 15 v. 31  
v. 16 v. 32  
  
Recursos estilísticos I

Tenta localizar no poema unha anáfora.

Aparece nos versos e .

  
Recursos estilísticos II

Sinala de que recurso retórico se trata en cada caso:

  • Nos versos 25 e 26 hai...

25    Queredes castañas
      Dos meus castiñeiros?...

Un políptoton.

Unha paronomasia.

Unha antítese.


  • Nos versos 21 e 22 hai...

                   E coma os do abade
              Frorezan meus eidos,

Un símbolo.

Unha diloxía.

 

Unha comparación.


  • Nos versos 19 e 20 vese...

         E o pan non me quiten
20    Trabucos e préstemos,

Un paradoxo.

Unha personificación.

Unha cousificación.


  • Que recursos estilísticos se acochan detrás dos versos 27 a 32?

         Cantádeme un maio
       Sin bruxas nin demos:
       Un maio sen segas,
30    Usuras nin preitos.
       Sin quintas, nin portas,
       Nin foros, nin cregos.

Asíndeto e aliteración.

Polisíndeto e enumeración.

Polisíndeto e comparación.


Recursos estilísticos III

Unha das figuras retóricas máis rendibles poeticamente é a metáfora. Neste poema de Curros aparecen dous elementos antitéticos que no poema posúen uns valores metafóricos especiais aparellados: maio (v. 15) e inverno (v. 16).

  • Asígnalles cadanseu significado para facer máis comprensible a mensaxe xeral do poema.
  • Faino por escrito e tenta xustificar a túa escolla.

Bighugelabs

Writebox    

A estrutura do poema

Xustifica por que o poema ten unha estrutura circular. Para te axudar, completa o seguinte verso:

Bighugelabs

Writebox 

  

Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Curros Enríquez e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre Curros e o seu contexto facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.