Lírica galega

A MÉTRICA GALEGA

 

1. O VERSO: CÓMPUTO SILÁBICO E RIMA

O verso é a unidade menor dun poema que se representa graficamente nunha soa liña sen ocupar todo o renglón. O ritmo do verso conséguese mediante unha axeitada distribución das sílabas tónicas, as pausas métricas, o número de sílabas e a rima.

 

1.1.  O CÓMPUTO SILÁBICO

Medir un verso consiste en contar o número de sílabas métricas que o integran, tendo en conta que estas non coinciden coas sílabas gramaticais. Por iso se deben coñecer estas normas básicas relacionadas co acento da última palabra de cada verso:

  • Se o verso remata en palabra aguda ou monosílaba: cóntase unha sílaba máis. Observa esta estrofa de Helena Villar Janeiro:
¿Como será o seu cantar?

¿Onde buscará o xantar?

7+1=8

7+1=8

  • Se o verso remata en palabra esdrúxula: réstase unha sílaba:

"E nas purpúreas clámides"  (9-1)=8  (Eduardo Pondal)

  • Se o verso remata en palabra grave o número de sílabas métricas e gramaticais será o mesmo, polo que non se debe restas nin engadir nada.

Ademais, hai outros fenómenos métricos ou licenzas que condicionan a medida dos versos:

  • SINALEFA: unión nunha soa sílaba métrica da vogal final dunha palabra coa vogal inicial da palabra seguinte. Esta licenza métrica aparece con moita frecuencia.
  • SINÉRESE: unión nunha única sílaba métrica de dúas vogais que forma hiato nunha palabra.
  • DIÉRESE: división dun ditongo en dúas sílabas métricas.
  • HIATO: ruptura dunha sinalefa, ben porque unha das vogais está acentuada, ben por unha cesura*.

 1.2. CLASIFICACIÓN DOS VERSOS SEGUNDO O SEU NÚMERO DE SÍLABAS

Son versos de arte menor aqueles que miden entre dúas e oito sílabas métricas, mentres que aqueles que miden nove ou máis son versos de arte maior. Por outra banda, distinguimos os versos simples dos compostos. A partir de doce sílabas métricas, os versos son compostos. Estes versos divídense en dúas partes denominadas hemistiquios, separadas por unha pausa ou cesura. Entre os dous hemistiquios dun verso composto a cesura non permite facer sinalefa. Nos versos alexandrinos é obrigatoria a presenza da cesura debido á súa gran lonxitude. Fíxate nestes versos de Ramón Cabanillas tirado de Na noite estrelecida:

 

"Ó romper novo día, a barca milagreira
atracou antre as laxes dunha nova ribeira."

 

VERSOS DE ARTE MENOR

VERSOS DE ARTE MAIOR

Nº DE SÍLABAS

NOME DO VERSO

Nº DE SÍLABAS

NOME DO VERSO

2 sílabas

BISÍLABOS

9 sílabas

ENEASÍLABOS

3 sílabas

TRISÍLABOS

10 sílabas

DECASÍLABOS

4 sílabas

TETRASÍLABOS

11 sílabas

HENDECASÍLABOS

5 sílabas

PENTASÍLABOS

12 sílabas

DODECASÍLABOS

6 sílabas

HEXASÍLABOS

13 sílabas

TRIDECASÍLABOS

7 sílabas

HEPTASÍLABOS

14 sílabas

ALEXANDRINOS

8 sílabas

OCTOSÍLABOS

 

 

 

1.3.  A RIMA

A rima consiste na coincidencia total ou parcial de sons entre dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada. Existen dous tipos de rima:

  • RIMA CONSONANTE: repítense todos os sons (vocálicos e consonánticos) a partir da última vogal acentuada.

 "Xenio leyal d'a independenza nosa,

Por ela batallou; man homic
ida

Con infame treicion quitoulle a v
ida:

¡Martir foi n'ista terra xener
osa!"     Valentín Lamas Carvajal

 

RIMA ASONANTE: repítense só os fonemas vocálicos, sen ter en conta as consonantes. Tampouco contan as vogais débiles nos ditongos nin a penúltima vogal das palabras esdrúxulas.

Para sinalar a rima entre dúas ou máis versos utilízase unha letra (seguindo a orde do abecedario) que se escribirá en maiúscula se os versos son de arte maior e en minúscula se son versos de arte menor. Cando os versos non riman indícase mediante un guion (-). Podemos distinguir tres tipos de versos que non riman:

VERSOS SOLTOS:
aparecen en poemas nos que outros versos si riman, como, por exemplo, os romances.
VERSOS BRANCOS:
constitúen poemas cuxos versos teñen o mesmo número de sílabas (isométricos) pero non riman.
VERSOS LIBRES (VERSÍCULOS):
poemas constituídos por versos de diferente medida e sen rima, nos que o ritmo apóiase no emprego especial da lingua. Utilizados na poesía contemporánea.

 

1.4.  O ESQUEMA MÉTRICO

Tras realizar o cómputo silábico e sinalar a rima dunha estrofa ou poema obteremos o esquema métrico da devandita composición. Observa o exemplo:

"Lúas de vrau e neve van cobrindo 

os curutos espidos dos outeiros.

Fouciños de luares montañeiros,

arcanxos malvazul lle van xunguindo." 

11A

11B

11B

11A   (Pura Vázquez)

 

2.  A ESTROFA

Os versos combínanse entre si para formar estrofas e poemas. Unha estrofa é un conxunto de dous ou máis versos cunha estrutura rítmica fixa determinada polo número de sílabas dos versos e pola súa rima. Segundo o número de versos que as forman, as principais estrofas son:

Nº versos

Estrofa

Nº sílabas

Rima

Arte

Esquema métrico

DOUS VERSOS

Pareado

 

Asonante/consonante

Maior/menor

AA, aa, Aa, aA

TRES VERSOS

Terceto

Hendecasílabos encadeados

Consonante

Maior

ABA- BCB- CDC...

Tercerilla

Arte menor

Consonante

Menor

a-a

Soleá ou soledad

Octosílabos  encadeados

Asonante

Menor

a-a

CATRO VERSOS

Cuarteto

Hendecasílabos

Consonante

Maior

ABBA

Redondilla

Octosílabos

Consonante

Menor

abba

Cuarteta

Octosílabos

Consonante

Menor

abab

Serventesio

Hendecasílabo

Consonante

Maior

ABAB

Cuaderna vía

Alexandrinos

Consonante

Maior

AAAA

Copla

Octosílabos

Asonante

Menor

-a-a

Seguidilla

Heptasílabos

Pentasílabos

Asonante

Menor

7- 5a 7- 5a

7a 5b 7a 5b

CINCO VERSOS

Quintilla

Arte menor

Asonante/consonante

Menor

aabab, aabba, abaab, ababa, abbab

Quinteto

Arte maior

Consonante

Maior

Igual que a quintilla

Lira

Heptasílabos / Hendecasílabos

Consonante

Maior/menor

7a 11B 7a 7b 11B

SEIS VERSOS

Sextilla

Arte menor

Consonante

Menor

aabbaa, abcabc, etc.

OITO VERSOS

Oitava real

Hendecasílabos

Consonante

Maior

ABABABCC

Octavilla italiana

Arte menor

Consonante

Menor

-aab(agudo)-ccb(agudo)

DEZ VERSOS

Décima

Octosílabos

Consonante

Menor

abbaaccddc

 

3.  O POEMA

O poema é a obra en verso concibida polo poeta como unha unidade. Hai dous tipos de poemas, aqueles que están formados por unha ou máis estrofas (poemas estróficos) e aqueles que non están formados por estrofas (poemas non estróficos).

3.1  POEMAS ESTRÓFICOS:

  • SONETO: poema de catorce versos hendecasílabos distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos. O seu esquema métrico é, normalmente, ABBA ABBA CDC DCD, malia que a rima dos tercetos pode ter outras combinacións (CDE DCE...). É a composición máis utilizada dende o século XVI. O responsable da introdución na lírica peninsular desta composición de orixe italiana foi Garcilaso de la Vega. Na lírica galega aparecen as primeiras mostras nos Séculos Escuros.
  • ZÉKHEL: composición de orixe mozárabe. Adoita estar escrito en octosílabos e está formado por un pareado, que é o retrouso, e por un grupo de catro versos dos cales os tres primeiros riman entre si en consonante e se denominan mudanza; o último verso é o verso de volta e rima en consonante co retrouso. Polo tanto, o esquema métrico sería aa–bbba, aa–ccca, aa–ddda. Esta estrofa pódese atopar nas Cantigas de Santa María:

 

"De graça chẽa e d' amor 
de Deus, acorrenos, sennor

Santa Maria, se te praz,
pois nosso ben tod' en ti jaz,
e que teu Fillo sempre faz
por ti o de que ás sabor.
De graça chẽa e d' amor
de Deus, acorrenos sennor.

E pois que contigo é Deus,
acorr' a nós que somos teus
e fasnos que sejamos seus
e que perçamos del pavor.
De graça chẽa e d' amor
de Deus, acorrenos sennor."

 

  • VILANCICO: poema tradicional de versos octosílabos o hexasílabos. Consta de dúas partes:

a) o retrouso: formado por dous ou catro versos que se repiten ao longo de toda a composición. Ás veces completo e sen variación, e outras veces, parte del e con variacións.

b) o pé: estrofa de extensión variable, onde o último ou os dous últimos deben rimar con todo o retrouso ou coa súa parte final. É diferente en cada nova estrofa:

"Toquen as gaitas ledos saltar
Veña unha cantiga orixinal.
Ao Dios Meniño todos cantemos
o son da música, o la, la, lá. (retrouso)
1.
Nesta noite silenciosa
Cando o universo enteiro
goza do sono pirmeiro
bella luz lle cubre a faz.
E aquel astro supremo
que desipando tenebras
e arropando densas nebras
gozo e paz aos homes da.
2.
A este Neno tan garrido
cántanlle os seus paxariños,
a Groria cós Anxeliños
por toda unha eternidá.
Cántanlle, pois, as criaturas
con todo seu corazón;
e pregonan con amor
de Dios a fina bondá."                      (vilancico popular)

 

O vilancico desenvólvese na lírica peninsular como derivación do zékhel, do cal se diferencia principalmente na mudanza: no vilancico é unha redondilla ou cuarteta, e no zékhel é un monorrimo; outra diferenza aparece no retrouso: no vilancico xeralmente é de tres ou catro versos, mentres que no zékhel adoitan ser dous.

  • LETRILLA: trátase dunha variante do vilancico. O retrouso adoita ser de dous versos e a mudanza de maior extensión. Ten un ton burlesco e satírico. Esta composición foi moi utilizada polos poetas do Século de Ouro español. Podes ler un exemplo de letrilla no cantar XXI dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
  • CANCIÓN: combinación de versos heptasílabos e hendecasílabos divididos en estrofas chamadas estancias. O poeta distribúe libremente a rima pero, unha vez fixada na primeira estancia debe ser respectada no resto do poema. Este poema é de orixe italiana e chegou á Península Ibérica no Renacemento.

 

 

3.2.  POEMAS NON ESTRÓFICOS

  • ROMANCE: poema formado por un número indeterminado de versos octosílabos con rima asonante nos pares e soltos os impares: -a-a-a-a-a-a... Aquí tes un exemplo:

Andivo todos os mares
baixo o corazón da vela.
Mariñeiro era por gala
dos mariñeiros da terra,
pescador nas outas augas
onde aboian as estrelas,
atal que brancas alfoias
para enfeitar ás sereas.
             
   (Xosé María Álvarez Blázquez)

 

Son variantes do romance octosilábico:

1) romancillo: con verso heptasílabos ou máis curtos,

2) romance heroico: versos de once sílabas.

  • SILVA: extensión indeterminada de versos de sete e once sílabas combinados e rimados libremente en consonante e na que poden deixarse algúns versos soltos sen rima. Constitúe por estas particularidades unha forma moi libre, de tendencia antiestrófica e próxima por tanto ao versolibrismo. Esta composición de orixe italiana foi introducida na lírica peninsular por Luís de Góngora.

  • POEMAS FORMADOS POR VERSOS LIBRES OU VERSOS BRANCOS: vid. apartado A rima

 

 

Mira o que mide!

No seguinte poema de Vázquez Pintor, poeta galego do Morrazo, escribe nos ocos en branco o nome do verso segundo o seu número de sílabas métricas

Póster íntimo

Galicia é
Un mundo soio
Sete cans ladrando ao vento
Un croio
Un cemiterio do tempo
Un pedrón
O paricio dun meigallo
Un pranto e un espantallo
Pro a do canto non.
Galicia é
Un pé
Que tripa xeo
Un pobo ao rego
Unha gaita e un fol
Un xenio mol...
O demo bebeu no corgo
E Deus mirouno beber
¡que pracer
que desacordo!
Entón o demo carpantouse
De rías e de paisaxes.
Deus lembrouse
Dos aldraxes

Xosé Vázquez Pintor

 

  
Rellenar huecos

Escribe en los espacios en blanco el esquema métrico de la siguiente glosa de Jorge Manrique. Está compuesta por tres estrofas, completa los huecos correspondientes con el nombre de cada una:

      Esfolla rosas de escuma                 
       o rodicio, arreo, arreo...                   
       Da tolda no escuro seo                   
       ¡como a i-auga se degruma!          

5     A moe sorbe i-estruma,                   
       enfebrecida, o centeo.                     
       Brasa caída do ceo                          
       o Sol, no bandazo aluma                

       A belida muiñeira                             
10  esmorece no serán,                         
       do pecado prisoeira;                       

       un maino vento levián                     
       espalla pol-a riveira                         
       a labarada do vran.                          

                                                 Avelino López Otero

Escribe a continuación o nome de cada estrofa:

  • Primeira estrofa:
  • Segunda estrofa:
  • Terceira estrofa:
  • Cuarta estrofa:
  
Tipos de estrofas

Completa na marxe esquerda dos versos o esquema métrico e, á dereita, o nome da estrofa en cada exemplo:

 

MODELOS

TIPO DE ESTROFA

MODELOS

TIPO DE ESTROFA


Mariquiñas, Mariquiñas,
quen se estime non me chame.
Olla que o ano é de fame
i anda a garduña ás galiñas.

                     Curros Enríquez

 

¡Galicia,! Nai e Señora,
sempre garimosa e forte;
preto e lonxe; onte, agora
mañán... na vida e na morte!

                                    Ramón Cabanillas

E porque é tan lugués, e porque o pide
teu xeito agreste, porque ben lles prace
ós verdes do Vilar de Lamonide
i ó hostil acivro que ond'a murta nace;

                                     Noriega Varela

 

 

É a man da paz a santa man que enxoita
bágoas do dor en sangue da ferida,
reconforto da alma esmorecida
polos estragos da mundana loita.

Ramón Cabanillas

 

Santo da barba dourada,
vello honrado, meu patrón,
raio, fillo do trebón,
capitán da roxa espada,
señor da cruz colorada,
valente e forte guerreiro
que en todo o mundo enteiro
polo mar e pola terra,
chama, na paz e na guerra,
Sant-Iago o cabaleiro.

                     Martín Torrado

Mas o que ten mal sino,
mal sino o seguirá,
que as rápidas correntes
non volven nunca atrás.
¿Qué asperas, si a esperanza
caso de ti non fai?

           Rosalía de Castro   

 

Tal os salvages ríos descendendo
dos penedos altísimos e ingentes,
se lanzan logo sobre o mar horrendo
soan as grutas fondas, e as potentes
olas braman; e ben o mar rompendo,
os marítimos monstruos diligentes,
mostran a aura doce e deleitosa,
algunha cola horrenda e mostruosa.

                          Eduardo Pondal

     ¡Qué dóce e deleitoso
  é dun pai o desvelo, cando, á beira
     do seu leito de esposo,
    vai oír pracenteira
  do seu primeiro fillo a vos primeira!

                        Curros Enríquez

  
Cales serán estes poemas?

Le os poemas e relaciónaos con algúns dos que aparecen no cadro despregable:

 

EXEMPLOSNOME DO POEMA

Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nalgún intre de amor desesperado!

Xosé María Díaz Castro

 

A ricaz que garda os puros sentimentos
da interior perfeución, porto seguro
dos que fuxindo do trebón escuro
buscan craror de sol e moles ventos.

Fontela de diviños pensamentos,
forte bastión, impenetrable muro
contra o dardo carnal ardente e impuro
e os tortos, mundanaes chamamentos.

Canle aberta nos célicos verxeles
de fresca, crara e lírica ágoa viva
cantareira de místicos ronseles,

a alma do máis outo amor cautiva
soio na soedade gusta as meles
da vida espritual contemprativa.

Ramón Cabanillas

No niño novo do vento
hai unha omba dourada,
meu amigo!
Quén puidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén puidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén puidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén uidera namorala,
meu amigo!

Álvaro Cunqueiro

 

Arrimeime a un pino verde
contando estar acollido,
menos da choiva do ceo
que do meu propio feitizo.
Pedinlle consolo ao ar
pasouse o ar fuxitivo;
pedinlle consolo ás agas
de min se arredaron rindo;
senteime á veira da mar,
¡atopeime tan cativo!
Quixen deprender coas olas,
soio deprendín sospiros;
quixen parolar coas nubes,
tan outas non me sentiron.
Aos paxaros rexoubeiros
amostreilles o meu sino,
os paxaros peteiraron
no meu corazón ferido.
Funme consellar coas pedras
vellas coma o mundo mismo,
mostráronme a sua dureza
i eu entendín o seu dito.
Canso de longo penar
arrimeime a un verde pino
e faleille: ¿Entenderás
ti meu door, irmanciño?
¡ I en troques de responder
botouse a chorar conmigo!

Blanco Amor