As Vangardas

Manuel Antonio

           Fomos ficando sos
        o Mar o barco e mais nós

           Roubánronnos o Sol
           O paquebote1 esmaltado
5      que cosía con liñas de fume
        áxiles cadros sin marco

           Roubáronnos o vento
           Aquel veleiro que se evadeu
        pola corda floxa do horizonte

10        Este oucéano desatracou das costas
           e os ventos da Roseta2
        ourentáronse ao esquenzo
           As nosas soedades
        veñen de tan lonxe
15     como as horas do reloxe
           Pero tamén sabemos a maniobra
        dos navíos que fondean
        a sotavento3 dunha singladura4
           No cuadrante estantío5 das estrelas
20     ficou parada esta hora:
           O cadavre do Mar
        fixo do barco un cadaleito

           Fume de pipa.        Saudade
           Noite     Silenzo     Frío
25        E ficamos nós sós
           Sin o Mar e sin o barco
           nós.

De catro a catro, 1928

Capa da edición orixinal de De catro a catro
   Capa da primeira edición de De catro a catro
   
http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=DecaacaF1&alias=Manuel+Antonio&

1 Buque para o transporte de pasaxeiros e correo.

2 Rosa dos ventos. Figura en forma de estrela dividida en trinta e dúas partes que indican os puntos cardinais e mais os vinte e oito intermedios, isto é, as trinta e dúas direccións do horizonte.

3 Lado da embarcación oposto a aquel do que sopra o vento. Antónimo: barlovento.

4 Distancia que percorre un barco en vinte e catro horas, contadas polo xeral a partir das doce do mediodía. 2 Tempo que dura a viaxe dunha embarcación desde que sae dun porto ata chegar a outro. 3 Rumbo, traxectoria.

5 Estupefacto, atónito. 2 Parado, detido, estancado.

 

"Sós" é un dos poemas máis representativos da vangarda galega e vén resumir bastante ben toda a poética manuelantoniana. Nel aparecen constantes súas coma o mar, a soidade, o barco ou o paso do tempo.

  • Relé o poema e anota organizadamente todas as palabras que pertenzan a algún destes campos semánticos.

Veremos que a poesía vangardista é radicalmente diferente de todo o que se fixera até o momento, tanto é así que a súa translación a esquemas musicais é máis complexa debido á inexistencia de rima, anisosilabismo, etc. Con todo, este poema foi musicado por varios artistas; aquí che deixamos as mostras:

    • Versión de Milladoiro no disco A quinta das lágrimas. Aquí.

Tamén che poden interesar estas dúas versións: a primeira recitada por Víctor Freixanes e a segunda musicada polo grupo pontevedrés Aerials:

 

Se non che funcionan os vídeos velaquí tes as ligazóns ás páxinas:

Compara estas versións con outras versións de poemas de Rosalía, Pondal, Cabanillas... Cales che gustan máis? Responden todos ao mesmo estilo?

Actividade despregable

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas:

Manuel Antonio Pérez Sánchez, o principal poeta das galegas, soubo recoller na súa obra as novas correntes e hispanoamericanas, adaptándoas á nosa literatura. Naceu en o 12 de xullo de 1900, no seo dunha familia conservadora. Quedou orfo de pai aos catro anos.

As primeiras ensinanzas recibiunas nun ambiente familiar dominado polo e a relixiosidade, contra o que xa dende ben novo combatería o seu espírito inquedo. Con só once anos escribiulle unha á súa nai na que lle comunicaba a decisión de non seguir a carreira e marchou estudar o bacharelato a Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e o .

Comezou a carreira de Filosofía e Letras, que abandonou en 1919 para cursar en Vigo onde participou na II Nacionalista de 1921 e coñeceu os membros máis influentes do galeguismo. A partir desa experiencia, Manuel Antonio adoptou un compromiso co idioma

Despois de ler a vangarda europea, o saudosismo portugués e mais o haiku xaponés, comezou unha actividade literaria publicando en revistas como Alfar ou Ronsel, de cuxo consello de redacción formou parte. En xuño de 1922 asinou xunto co artista Álvaro Cebreiro o manifesto ¡Máis alá! Dirixido fundamentalmente á mocidade , quería servir de auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo.

Entre 1926 e 1927 fixo as prácticas de piloto da mariña mercante a bordo do pailebote Constantino Candeira, do que era Augusto Lustres Rivas, a quen lle dedica De catro a catro. En 1929 desembarcou en Cádiz por mor do agravamento da que padecía e da que só sabían uns poucos amigos. O 28 de xaneiro do 1930 faleceu na aldea de Asados (Rianxo).

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979. En 2011 inaugurouse a súa casa-museo en Rianxo.

Manuel Antonio
Fonte: http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/28006

O tempo das Vangardas, Europa

No primeiro terzo do século XX, Europa experimenta unha grande actividade renovadora no campo das artes que vai revolucionar o mundo da artes para sempre; é a apaixonante época das Vangardas. Para saber unha migalliña máis delas contesta o seguinte cuestionario.

  • O concepto "vangarda" provén...

Da linguaxe deportiva.

Da linguaxe militar.

Da linguaxe industrial.


  • Cal destas series contén só movementos das Vangardas históricas?

Cubismo, Tribalismo, Surrealismo.

Pasadismo, Futurismo, Dadaísmo.

Surrealismo, Cubismo, Dadaísmo.


  • A Vangarda busca...

A arte pura.

A imitación perfecta.

A perfección extrema de fórmulas coñecidas.


  • Cales destas (entre outras) son características das Vangardas?

O antisentimentalismo e a renovación da linguaxe.

A valoración do eterno e do racional.

A trasparencia significativa e o racional.


  • O Cubismo...

Descompón a realidade e logo volve reconstruíla libremente.

O seu iniciador é Tristan Tzara.

As dúas anteriores son correctas.


  • Os movemento de vangarda espallaban os seus presupostos estéticos e ideolóxicos a través de...

Panfletos.

Medios de comunicación.

Manifestos.


  • Os poetas vangardistas buscaron a renovación da linguaxe poética a través de...

Rupturas bruscas da orde lóxica da oración.

Utilización de imaxes e metáforas moi estrañas e audaces.

As dúas anteriores son correctas.


  • Unha mostra de poesía cubista...

Son os palíndromos.

Son os caligramas.

Son os acrósticos.


  • O Dadaísmo...

O seu promotor principal é Tristan Tzara, dende Zúrich.

A súa estética segue os modelos da natureza.

Ningunha das anteriores é correcta.


  • As teorías da psicanálise de Freud víronse influenciadas polo...

Futurismo.

Surrealismo.

Creacionismo.


A vangarda galega

Completa o seguinte texto sobre a vangarda galega empregando as palabras que se che ofrecen máis abaixo.

A lírica galega non se mantivo á influencia dos movementos de vangarda que se estaban a producir en ; tardaron en chegar pero chegaron. A interpretación que deles se fixo en Galicia foi e interesante.

Por unha banda, desenvolvéronse dúas tendencias fundamentais:

  1. Vangarda universal: os autores completamente da traxectoria da literatura galega até ese momento e propoñen formas poéticas novas sen parangón no panorama literario daquela altura. Os movementos que representan esta tendencia son o Creacionismo e o Surrealismo.

  2. Vangarda galega: ao contrario do caso anterior, as propostas poéticas parten do cultural galego facendo unha interesante combinación entre formas poéticas ou antigas e enfoques modernos; son movementos que se desenvolven unicamente en Galicia, ao contrario do caso anterior. Non deixa de ser un tanto que un movemento de vangarda se defina polo que ten de antigo; en Galicia gústannos as cousas ao noso xeito. Nesta tendencia sitúanse o Neotrobadorismo e o Hilozoísmo ou Imaxinismo.

As características particulares de cada movemento da vangarda galega son:

  • Neotrobadorismo: xorde a partir da publicación dos medievais a cargo do portugués José Joaquim Nunes. Isto provocou unha conmoción nos poetas do momento que viron na temática e formal das composicións medievais unha nova vía de expresión vangardista. Esta corrente foi cultivada principalmente por Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira, 1933) e Fermín Bouza-Brey (Nao senlleira, 1933)

  • Hilozoísmo ou Imaxinismo: parte dunha identificación total coa , cousa moi frecuente na tradición literaria galega. Os seus principais precedentes son Cabanillas e Noriega Varela. O que fai deste movemento un movemento de vangarda é a plasmación dunha natureza en movemento, fortemente sensorial, cunha visión humanizada. As cores aquí xogan un papel fundamental. O seu máximo representante e fundador é Amado Carballo (Proel, 1924 e O galo,1928).

  • Surrealismo: fundado por André Breton, parte da escritura irreflexiva que lle permite chegar ao subconsciente. Xoga co mundo dos soños, da irracionalidade e da xustaposición de elementos aparentemente irreconciliables. Estes poemas transmiten unha atmosfera a cal non é posible analizar dende puntos de vista convencionais. Álvaro Cunqueiro escribiu Poemas do si e non (1933) baixo a influencia desta escola.

  • Creacionismo: nace en París da man de Vicente Huidobro e eleva a poesía á categoría de autónoma propia, con independencia do mundo externo convencional. As súas imaxes non teñen como obxecto imitar a realidade senón constituírense como unha realidade en si mesma, fermosa polo que é e non por a qué se se parece. Manuel Antonio é o máximo representante en Galicia cun único poemario publicado en vida, De catro a catro, 1928.

Os autores da vangarda galega reciben o nome de Novecentistas (por teren nacido arredor do 1900) ou Xeración de 1925. As súas opcións estéticas, ideolóxicas ou son diversas: se Manuel Antonio se declara abertamente de esquerdas e cunha militancia no idioma galego sen fisuras, Álvaro Cunqueiro politicamente sitúase no centro-dereita e tamén escribe en castelán (prosa).

USA ESTAS PALABRAS:

onírica, arbitrarias, cancioneiros, automática, , deslíganse, allea, lingüísticas, paisaxe, tradicionais, realidade, Europa, paradoxal, particular, acervo, sinxeleza.

  
Máis alá!

Le o seguinte fragmento do manifesto "Máis alá!", escrito en 1922 por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, e contesta as seguintes preguntas:

Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.

O XESTO

Non nos erguemos no xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios.

Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo “ismo” que aparece querendo a última palabra da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a Literatura.

 Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacábel contra os vellos.

 OS VELLOS

Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos –aqueles son os devanceiros-. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos.

É a lei de sucesividade que nos fai respetar ós devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar ós vellos en vida, baixo a lousa inamovible da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe.

Esta gafualla, de ser leigada a si mesma, debera irse, por exemplo, a Madrid, metrópole peninsular da barbarie civilizada, onde a súa teimosía anticronolóxica encadraría moi ben, completando aquel ambiente de inferioridade. Pero é a nosa desgracia que non só non fan iso senón que aínda teñen a pretensión, que en parte conseguen, de pasar por persoeiros da nosa cultura; e isto con outras cousas máis, é o que non pode seguir sendo.

 

  • O manifesto vai dirixido á mocidade xeral de Galicia.
Verdadeiro Falso
  • Segundo o manifesto, todos os "ismos" se cren os máis modernos e buscan conseguir seguidores dos seus principios estéticos.
Verdadeiro Falso
  • Queren protestar contra os vellos e conseguir seguidores para o seu movemento.
Verdadeiro Falso
  • Os devanceiros son os escritores da época de Pintos ou Rosalía.
Verdadeiro Falso
  • Madrid aparece representado como símbolo do progreso e da modernidade coma hoxe en día.
Verdadeiro Falso
  • O xeito de escribir dos vellos é o que fai que a literatura galega sexa inferior e anticronolóxica.
Verdadeiro Falso
A forma do poema

A literatura no tempo das Vangardas mudou radicalmente, tamén na forma. Sinala que serie das que se che ofrecen recolle elementos reflectidos no seguinte fragmento.

           Fume de pipa         Saudade
           Noite     Silenzo      Frío
25        E ficamos nós sós
           Sin o Mar e sin o barco
           nós.

 

 

Completa

Completa o seguinte texto sobre o poema coas palabras correctas.

A temática do poema é a xa que a voz poética en primeira persoa do plural describe como paseniñamente van diferentes elementos relacionados coa vida a até ficaren eles sós sen máis nada. Ese " " pódese asociar coas que están no que inspira o poema ou, por extensión, con todas aquelas que se senten soas. O feito de estar en implica unha soidade , paso previo á soidade máis arrasadora do " ".

USA AS SEGUINTES PALABRAS (lembra que hai palabras de máis!):

persoas, singular, bordo, soidade, contemplación, plural, solidaria, nós, barco, apartamento, perdendo, eu, completa.

  
Recursos estilísticos

O poema está cheo de imaxes sorprendentes baseadas en asociacións inverosímiles, característica propia da poesía de Manuel Antonio e das vangardas en xeral. Completa os seguintes versos e fíxate como se constrúen as imaxes.

Roubáronnos
O paquebote esmaltado/que
Roubáronnos
Aquel veleiro que
Este oucéano
os ventos da Roseta/ourentáronse

Explica coherentemente por que estas asociacións son dificilmente explicables en base ao mundo real.

  
A metáfora

A poesía de Manuel Antonio foi sometida a múltiples revisións e interpretacións: escolle ti a interpretación máis aproximada para a seguinte metáfora. Xustifica a túa escolla.

  • As nosas soedades
    veñen de tan lonxe
    como as horas do reloxe

As súas soedades son moi vellas.

As súas soedades son consubstanciais para eles, tanto coma o paso do tempo; son inherentes ao ser humano.

O tempo trae as súas soedades ao presente.


Imaxes

Na última estrofa aparecen unha serie de palabras: relaciónaas coa opción correcta.

FRAGMENTO INDICA...
Fume de pipa
Saudade
Noite
Silenzo
Frío

Agora tenta "completar" o que di o poema neste fragmento redactando un pequeno texto.

Comezo e fin

Fíxate no comezo e no final do poema:

  • A súa estrutura é...

Aberta.

Cíclica.

Pechada.


Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Manuel Antonio e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre as Vangardas facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.