Antre dous séculos

Ramón Cabanillas

GALICIA

Ceo branco do luar,
ceo azul de medeodía:
son dous anacos de ceo
a bandeira de Galicia.

 

 

 

 5      ¡Galicia! Nai e señora,
        sempre garimosa e forte;
        preto e lexos; onte, e agora,
        mañán… na vida e na morte!

        ¡Galicia! ¡A Galicia santa
10     de romeiros e xuglares!
        ¡A de historia que abrilanta
        a Tradición nos fogares!

        ¡A que suspende e namora
        con inespricable segredo
15     da gaita que rindo chora
        e do alalá triste e ledo!

        ¡A que sabe as canturías
        de Rodríguez do Padrón
        e inda leva de Macías
20     a frecha no corazón!

        A dos antiguos mosteiros,
        a dos pazos encantados,
        a dos santos milagreiros
        contra os entangarañados1.

25     A das froitas valgadas2,
        a de barulleiro mar,
        a das roibas alboradas
        i as noitiñas de luar.

        A dos toxos feridores,
30     e das rosas velaíñas3,
        a dos ventos berradores
        i a das choivas miudiñas.

        A do Sar maino e tristeiro,
        pazo de almas enloitadas,
35     i o Miño casamenteiro
        de trasnos, meigas e fadas.

 

 

        A dos seráns campesinos,
        a dos brilantes orballos,
        a dos queixumes dos pinos
40     i as risadas dos carballos.

        O pobo doutras edás,
        traballador e guerreiro:
        o das irtas4 Irmandás,
        do Medulio e do Cebreiro…!

45    ¡Sempre Nai, sempre Señora,
        con leda ou cativa sorte;
        preto e lexos; onte, agora,
        mañán… na vida e na morte!

        A facenda, o creto, a vida,
50     o fogar…¡todo por ela!
        Con Castela, ben querida;
        aldraxada…¡sin Castela!

        ¡Irmáns! ¡Rubamos o cume
        desatrancando o camiño,
55     e botemos man do lume
        onde non chegue o fouciño!

        ¡Todo pra nosa Galicia,
        fror de tódalas virtudes;
        pra sedenta de xusticia,
60     ferida de escravitudes!

        Namentras o sangre vibre
        en beizos e corazón…
        ¡a espranza de vela libre
        i este berro: ¡Redención!

65     ¡Xuremos!
                      “Dereito ou torto,
        “sin máis alcuño5 ni achego6,
        “doente ou san, vivo ou morto,
        “gallego…¡soio gallego!”

Da terra asoballada, 1917

Vista_da_Costa_da_Vela

Soavela       
Fotografía de Fran González      
Fonte: Flickr      

 

 


 

1 Persoas que sofren o tangaraño: diaño maligno que, segundo a crenza popular, ataca os nenos deixándoos raquíticos e deformes; enfermidade causada por este diaño.

2 Val pequeno. 2 Parte máis baixa dun val por onde corren as augas naturais da choiva, dos mananciais etc.

3 Caracterizado pola suavidade, a delicadeza, a carencia de violencia e brusquidade ou por ter pouca forza ou intensidade. 2 Flor ou planta que morre pronto.

4 Que por algunha circunstancia, como o frío, o medo etc., permanece sen moverse ou dereito sen poderse dobrar.

5 Nome que se lle dá coloquialmente a unha persoa en lugar do seu propio, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias.

6 Lugar que proporciona protección. 2 Persoa que dá amparo a outra.

 

  • Esta é a versión íntegra do poema "Galicia" que Ramón Cabanillas incluíu na primeira edición de Da terra asoballada, 1917. Nel faise unha defensa dos valores propiamente galegos extraídos da súa historia, da súa paisaxe, dos seus costumes... Busca no texto e escribe no teu caderno estes elementos. Fai unha clasificación por temáticas.
Biografía de Cabanillas

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas:

Cabanillas

   Ramón Cabanillas
   Fonte: http://consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1434

Como outras personalidades importantes do , Cabanillas procede do mar de . Naceu na parroquia de Fefiñáns (Cambados) no ano 1876. Fillo de solteira, o seu pai, membro dunha coñecida familia cambadesa, recoñecerao sendo el neno. Con dezasete anos desprázase a estudar ao de Santiago de Compostela.

Até o 1910, data en que emigra a Cuba, traballa en diversas : administrativo nunha notaría, como secretario de concello, etc. Ao longo desta etapa funda e dirixe en Cambados os El Umia (1907) e El Cometa (1910). En vai desenvolver diversos traballos vinculados coa comunidade galega, entre eles o de administrador do Teatro Nacional. Igual que Follas novas de Rosalía de Castro, os dous primeiros libros de Cabanillas, No desterro (1913) e Vento mareiro (1915), publícanse na .

Xa de volta en Galicia, e baixo o proveitoso mecenado de Enrique Peinador, dono do Balneario de Mondariz, Cabanillas escribirá a maior parte da súa obra e acada o recoñecemento como “poeta da raza”, nun momento no que o concepto raza denotaba unha concepción positiva da diferenza esencial dos pobos, antes de que o fixese impracticábel o termo. Participa activamente nas políticas e culturais do seu tempo: Irmandades da Fala, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos...

Vincúlase ao e entra tamén en contacto coa asociación agrarista Acción Gallega –liderada polo abade Basilio Álvarez-, converténdose ao pouco tempo no poeta do movemento agrarista cos seus poemas de ton . Con estes mesmos obxectivos escribiu a instancias de Antón Vilar Ponte a traxedia histórica O mariscal (1926) onde fai unha recreación dos últimos días do mariscal Pardo de Cela.

Anos antes, no 1920, entrara na Real Academia Galega e fará o propio na Real Academia Española, no 1929. A chegada da Guerra Civil bruscamente a súa vizosa produción literaria e impúxose un silecio editorial que durou até o ano 1949 cando publicou Camiños no tempo. De feito foi o primeiro autor galego que publicou toda a súa obra en galego o que denota un forte coa lingua e coa cultura galega.

Escritor , un ano antes de morrer publicou Samos (1958) un magnífico poemario que destaca pola súa calidade literaria e lingüística.

 

 

As Irmandades da Fala e o Agrarismo

A lonxevidade de Cabanillas fai que non pertenza exclusivamente a ningunha etapa concreta senón que toca moitas. De entre elas destaca o período da Irmandades da Fala e do Agrarismo. Contesta o seguinte cuestionario.

  • As Irmandades da Fala fundáronse no ano 1916 en Lugo por iniciativa de...

Antón Vilar Ponte.

Ramón Cabanillas.

Castelao.


  • As Irmandades da Fala nos seus primeiros momentos tiña a seguinte estrutura:

Tiña un centro operativo na Coruña que xestionaba e controlaba o seu funcionamento.

Eran simples reunións de simpatizantes coa lingua galega sen vinculación ningunha entre unhas irmandades e outras.

Eran organizacións que se formaban en cada vila, cidade... Tiñan en común uns estatutos básicos de funcionamento.


  • O seu obxectivo principal era...

A exaltación e dignificación do idioma galego.

A defensa e promoción do patrimonio material galego.

A recollida e dignificación do patrimonio oral galego.


  • En que ano se converten as Irmandades da Fala nunha organización política, nun xermolo de partido político?

No 1919.

No 1930.

No 1920.


  • Que é o que pasa na última asemblea das Irmandades en Lugo no ano 1931?

Escóllese a letra do himno galego.

Xorde a figura de Castelao como líder político.

Fúndase o Partido Galeguista.


  • Que dúas institucións importantes para Galicia nacerán do seo das Irmandades da Fala?

O Grupo Nós e a Casa-Museo Rosalía de Castro.

O Grupo Nós e o Instituto da Lingua Galega.

O Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.


  • En que Irmandade estivo integrado Ramón Cabanillas?

Na de Cambados.

Na de Mondariz.

Na de Santiago de Compostela.


  • O ideólogo do Agrarismo foi...

Vicente Risco.

Basilio Álvarez.

Cabanillas.


  • O movemento agrarista defendía...

A abolición dos foros e a erradicación do caciquismo.

A mecanizació do agro.

As dúas anteriores son correctas.


  • O himno do sindicato agrarista que máis apoiou Cabanillas é un poema escrito por el mesmo que leva por título...

"En pé!".

"Lume no pazo".

"Acción Gallega".


A estrutura do poema

"Galicia" é un longo poema no que se poden establecer partes máis ou menos ben diferenciadas. Sinala o primeiro e o último verso das seguintes partes.

PARTES VERSOS DESCRICIÓN
 1ª 1-4 Introdución a través duns versos alleados da composición polo propio poeta pero que serven para enmarcar e predispoñer a lectura. Deben considerarse parte integrante do poema porque así o explicita o autor ao incluílos.
 2ª  Comezo do poema en si. Apóstrofe a Galicia. Referencia mítica e atemporal. Centra, ao igual que o título da composición, o tema principal.
 3ª  Corpo do poema 1. Descrición de Galicia a través de estrofas anafóricas.
 4ª Corpo do poema 2. Referencia a Galicia a través do pobo que a habita. Continúa a descrición mais cun ton que vai subindo e que vai predispoñendo a lectura final. Hai unha repetición dos versos iniciais.
 5ª  Longa conclusión. Apelación aos "irmáns" do pobo para defender a nai Galicia dos abusos que sofre. O poema chega á súa eclosión apelando á loita aberta. Aquí faise referencia á situación de sometemento que castiga Galicia, fronte as estrofas anteriores que describían a súa grandeza.
  
A forma externa

Completa o esquema métrico do poema sinalando o número de sílabas e o nome da estrofa. Sinala tamén o nome dos versos desta medida e o tipo de rima que ten.

 

 

ESTROFA VERSOS RIMA NOME DA ESTROFA

1

2

3

4

5

6

7

8

 3ª 

9

10

11

12


13

14

15

16

17

18

19

20

Versos
Rima
  
O contido do poema

Unha parte importante do poema é a enumeración que fai de elementos significativos de Galicia. Por grupos buscade información destes elementos usando a seguinte metodoloxía:

  1. Facede grupos de 3 persoas.
  2. Buscade información en internet (apóiate sobre todo na Galipedia).
  3. Peneirade todo o que sexa menos relevante.
  4. Elaborade un pequeno texto-listado para expoñer na clase:
    1. Os vosos compañeiros e compañeiras deben rematar cunha idea máis ou menos clara de aquilo de que lle falades.
    2. Débese poder establecer unha relación entre o que dicides e o feito de que Cabanillas o empregue no poema.
    3. Debe ser curto e claro.

 

  1. Rodríguez do Padrón
  2. Macías
  3. Sar
  4. Miño (por que cita estes dous ríos?)
  5. Medulio
  6. Cebreiro

Outros grupos poden recompilar aqueles elementos que aparecen sinalados como quintaesenciais de Galicia. Vgr.: a gaita (v. 15).

Que persegue o autor con esta longa enumeración?

Recursos estilísticos I

Sinala cales dos seguintes aspectos estilísticos se corresponden co poema.

Aparecen moitos epítetos.

Verdadeiro Falso

Non se emprega a primeira persoa do plural.

Verdadeiro Falso

Case non se usan os zeugmas.

Verdadeiro Falso

É posible atopar algunha personificación.

Verdadeiro Falso
Recursos estilísticos II

O texto constrúese en gran medida sobre figuras que contrapoñen conceptos. Completa os fragmentos que se che ofrecen, sinala o verso en que aparece e indica de que figura retórica se trata.

FRAGMENTO VERSO FIGURA
 na vida e
  ou torto
 da gaita que rindo
 con leda ou sorte
ou san
onte e
 e do alalá triste e
e lexos
 vivo ou

Vese perfectamente como ao longo de todo o poema hai un movemento constante entre dúas alternativas opostas que teñen por obxecto ocupar todo o espectro de posibilidades existentes (non queda nada entre o "vivo" e o "morto", tampouco entre "preto e o lexos"). Toda esta estrutura bipolar que paseniñamente o autor foi construíndo rómpese no último verso onde non hai alternativa ningunha, tan só unha vía: "gallego... ¡soio gallego!".

  
Recursos estilísticos III

A parte final do poema ábrese cunha estrofa onde destaca o seu ton metafórico. 

        ¡Irmáns! ¡Rubamos o cume
        desatrancando o camiño,
55     e botemos man do lume
        onde non chegue o fouciño!

Tenta asociar os seguintes elementos simbólicos con cadanseu elemento real (lembra que ti podes atopar outras correspondencias sempre que sexan xustificables en base ao texto; isto é poesía!)

IRMÁNS:

RUBAMOS AO CUME:

DESATRANCANDO O CAMIÑO:

Os versos 55 e 56 van máis aló e adquiren un ton simbólico. Tenta explicar que cres que poden simbolizar o LUME e o FOUCIÑO. Axúdate dos seguintes procesadores de texto ou faino no teu caderno.

Writebox

Bighugelabs

Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Ramón Cabanillas e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre a época de Cabanillas e das Irmandades da Fala facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.