5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1. En que tipo de dicionario se atopa información sobre a orixe das palabras?


Dicionario etimolóxico

 Dicionario de dúbidas.

Dicionario ideolóxico.

 Dicionario de uso.


2. Con que finalidade pode utilizar un computador?


Para procurar información sobre un personaxe histórico en internet.

Para revisar a ortografía dun texto mediante un corrector.

Para atopar o significado dunha palabra no dicionario da RAG.

Todas as opcións anteriores son correctas.


3. Son importantes na comunicación oral os elementos paraverbais e non verbais?


Non, non serven para nada. Son superfluos.

Depende do contexto en que nos atopemos.

 Si, porque reforzan o dito mediante a linguaxe verbal e axúdannos a comprender mellor a mensaxe que nos queren transmitir.

 Depende do número de receptores que teñamos diante e que vaian oír o noso discurso oral.


4. En que consiste a repetición?


En utilizar nunha oración ou en varios textos referencias á mesma palabra varias veces mediante o uso de sinónimos, hiperónimos, repetindo o mesmo elemento.

En utilizar nunha oración ou texto referencias á mesma palabra unha soa vez mediante o uso de sinónimos, hiperónimos, repetindo o mesmo elemento.

En utilizar nunha oración ou texto referencias á mesma palabra varias veces mediante o uso de sinónimos, hiperónimos, repetindo o mesmo elemento.

En utilizar nunha oración ou texto referencias á mesma palabra varias veces mediante o uso de antónimos, hiperónimos, repetindo o mesmo elemento.


5. En que consiste a elipse?


En suprimir palabras que son imprescindibles para a comprensión dun texto.

En suprimir palabras que non son imprescindibles para a comprensión dun texto.

En engadir palabras que non son imprescindibles para a comprensión dun texto.

En engadir palabras que son imprescindibles para a comprensión dun texto.


6.Que é a deíxe?


Son palabras que serven para indicarnos cousas, persoas, etc. (deixis, en grego, significa sinalar). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto, son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc.

Son palabras que serven para referirse exclusivamente a persoas (deixis, en grego, significa sinalar). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto, son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc

 

 

Son oracións que serven para indicarnos cousas (deixis, en grego, significa sinalar). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto, son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc.

Son palabras que serven para indicarnos cousas (deixis, en grego, significa sinalar). Palabras coma ti, hoxe, aquí, isto, os nomes propios, son expresións deícticas, que nos serven para sinalar ou facer referencia a persoas, situacións, lugares, etc.


7.Que nome reciben as oracións con máis dun verbo en forma persoal?


Oracións coordinadas

Oracións subordinadas.

Oracións compostas.

Oracións xustapostas.


8.Que tipos de estruturas coordinadas teñen como nexos máis habituais e, nin?


Explicativas.

Distributivas.

Adversativas

Copulativas.


9.Cal das seguintes secuencias presenta xustaposición?


Esquecín a carteira na casa de Marta; recollereina esta noite.

Estou tan cansa que me doen as pernas.

Se gañamos o partido, seremos campións.

Mercarei esas luvas, aínda que son un pouco caras.


10. Que tipo de subordinada adverbial impropia hai na oración faremos moitos exercicios para que resolvas todas as dúbidas?


Causal.

Comparativa.

Final.

Concesiva.


11. Quen escribiu Campos de Castilla?


Rubén Darío.

Juan Ramón Jiménez.

Antonio Machado.

Jaime Gil de Biedma.


12. A que tendencia literaria están adscritos os autores que centran o seu interese nos problemas de España?


Modernismo.

Xeración do 98.

Xeración do 27

Novísimos.


13. Cal das seguintes obras pertence a Federico García Lorca?


Hijos de la ira.

Bajarse al moro.

Romancero gitano.

Arde el mar.


14. Cal das seguintes características non é propia do Modernismo?


Gusto polo exótico.

Presentación dunha realidade idealizada.

Presenza de múltiples elementos sensoriais.

Forte compromiso social.


15. Que autores pertencen á Xeración do 27?


Ángel González, José Hierro e Vicente Aleixandre.

Luis Cernuda, Jorge Guillén, Gerardo Diego, García Lorca e Pedro Salinas.

Pío Baroja, Miguel de Unamuno, Azorín e Valle-Inclán.

Gabriel Celaya, José Ángel Valente, Luis Martín Santos, Dámaso Alonso e Carmen Laforet.


16.   Quen é o autor de Cinco horas con Mario?


Miguel Delibes.

Camilo José Cela.

Rafael Alberti.

Eduardo Mendoza.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License