O guión e a diérese (e exercicios)

O guión e a diérese: presentación power point.
Icona iDevice O guión emprégase para:

Partir unha palabra ao final de liña. En caso de palabras derivadas por prefixación recoméndase separar o prefixo da base: hiper- /mercado. Agás nesta situación, deben escibirse subdirector, vicedecano, postoperatorio, etc. A única excepción é: ex director.

Unir os elementos dalgunhas palabras compostas: cantigas galego-portuguesas.

Coas segundas formas do artigo cando estas van despois de formas verbais rematadas en –r ou –s (optativo: saber a lección ou sabe-la lección); cos pronomes nós, vós, nos, vos, lles (optativo: fomos nós os dous ou fomos nó-los dous). Só é obrigatorio co adverbio interrogativo U: u-los óculos?


Icona iDevice A diérese emprégase:

Sobre o u dos grupos gue, gui para indicar que se pronuncia o u.

Coa letra i na p4 e p5 do copretérito dos verbos rematados en –aer, -oer, -aír, -oír para distinguir estas formas das do presente de subxuntivo: saïamos, saiamos.

Coas mesmas formas dos verbos rematados en –uír, aínda que non hai posibilidade de homonimia: contribuïamos, contribuamos.


Exercicio 1
 Indica se  é correcta a utilización da diérese nos seguintes casos:

 Pingüin   

Moïamos (prs. Subx.)

Moïamos (pret. Imperf.)

Lingüa

Lingüística

 




Correcto/incorrecto
Indica se son correctas as seguintes frases (verdadeiro=correcto/falso=incorrecto)


Onte oín canta-lo cuco.

Verdadeiro Falso


A pesar de quere-lo coche, non o podo mercar.

Verdadeiro Falso


Tiñas que pensa-lo antes de dicirllo.

Verdadeiro Falso
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Indica se é correcta ou non esta separación ao remate dunha liña:


Hi-permercado.

Verdadeiro Falso


Ollo-mol

Verdadeiro Falso


Esnaqu-izar

Verdadeiro Falso


Inda-gar

Verdadeiro Falso


Tabole-iro

Verdadeiro Falso


Ca-rtafol

Verdadeiro Falso