O acento gráfico

Icona iDevice Acentúanse as seguintes palabras

As palabras agudas rematadas en vogal, en –n, -s ou –ns (mamá, Valdés, marrón, camións).

As palabras graves cando rematan en consoante distinta de –n, -s (ámbar), en ditongos decrecentes (amábeis) e en grupos consonánticos distintos de –ns (bíceps).

As palabras esdrúxulas (pálida).

As vogais i,u, tónicas cando van antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo (muíño).

Icona iDevice Algunhas particularidades

Os latinismos e palabras estranxeiras de uso habitual seguen as regras xerais de acentuación (de incógnito, córner).

As formas verbais + pronome enclítico (chámalo) ou a 2ª forma do artigo (tóma-lo zume?) compórtanse coma unha palabra.

As regras de acentuación son as mesmas para as letras minúsculas e para as maiúsculas.


Icona iDevice Non se acentúan

As palabras monosilábicas.

As agudas rematadas en ditongo decrecente (prometeu) ou en –iu, -ui (saltou).

Os adverbios rematados en –mente.

Os demostrativos e mais o indefinido e numeral un.

Os grupos iu, ui cando é tónico o primeiro elemento, pois neste caso forman ditongo (mentiu).

Os interrogativos e exclamativos.

Os pronomes ti e el.

O adverbio afirmativo si.

Tampouco se acentúan as seguintes palabras:

Acne, argon, arquidiocese, atmosfera, chofer, ciclope, cripton, diocese, elite, esexese, fluor, heroe, medula, neon, omoplata, parasito, paxaro, perito, quefir, radon.