O acento diacrítico

Normas de acentuación:  presentación power point
Icona iDevice O acento diacrítico:

Emprégase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir palabras homógrafas (que se escriben igual) que non sexan homófonas (mesmo son).

Cando dúas palabras poidan confundirse, pónselle acento á que ten vogal aberta ou á que é tónica.


Icona iDevice A acentuación diacrítica

Á: contracción prep. a + artigo a ( Vou á Coruña).

Extremidade de paxaro. partes dunha á de paxaro.

Ás: contracción prep. a + artigo as (Gústame xogar ás cartas).

Extremidade de paxaro (plural): O paxaro ten as ás rotas.

e mais carta da baralla.

Bóla (corpo esférico): acento diacrítico para diferencialo de

Bola/bolo (de pan): a bola ou rosca ten un burato no medio, o bolo, molete ou fogaza, non.

: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo a (É máis grande cá miña casa).

Cás: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo as (Son máis grandes cás nosas casas).

Chá: terreo chan (Manuel María era da Terra Chá).

Chás: terreo chan (en plural) (Antano botabamos centeo nas chás).

: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo o (Es máis espelido có teu irmán).

Cós: contracción da conxunción comparativa ca + o artigo os (Quérelle máis ós meus cós teus amigos).

Cómpre: é preciso (p3); acento diacrítico. (Cómpre obedecer as normas).// compren: verbo comprar, mercar (Non é preciso que compren nada).

Cómpren: é preciso (p6); acento diacrítico. (Cómpren moitas horas de estudo para aprobar este exame).

: verbo dar (p3). (Nunca dá feito o traballo a tempo). // da= contracción dea prep. de + artigo a: Veño da Laracha.

Dás: verbo dar (p2). (Dásme un chicle?). //das (Dáme das outras).

: Nota musical. (Dó, Re, Mi, Fa, Sol...).// do (Veño do fútbol)

Sentimento de pena, dor. (Dáme moita dó velo nese estado de angustia).

É: p3 do presente de indicativo do verbo ser. (É máis forte ca min). // E= coxunción (Fas e desfas ó teu xeito).
Fóra: adverbio de lugar (Botoume fóra da estrada adrede).// Fora=verbo ser (Se fora el de viaxe comigo saberíalo).
: sinónimo: mala. Más: sin. Mala (plural)

Máis : adverbio de cantidade. (Queres máis café?).// mais= pero; conx. "e" (Xoán mais eu imos de compras).

: corda entrelazada, resultado de atar. (Aprendín a facer nós de mariñeiro).

Contracción da preposición en+ artigo o: (Espérote na biblioteca).

Nós: pl. de nós (Cantos nós lle fago a esta corda?).

Pronome persoal tónico 1ª persoa plural (Nós fixemos a tarta e eles non nos deixaron nada).

Ó: contracción da prep. a + artigo o. Tamén se pode escribir "ao" (Vou ó/ao cine de cando en vez).

Ós: contracción da prep. a + artigo os. Tamén se pode escribir "aos" (Dálle de beber ós/aos paxariños).

Óso: osamenta, acentuación diacrítica. (Rompín un óso do dedo). // Oso: animal plantígrado.

: extremidade do corpo, acentuación diacrítica. (Teño os pés doloridos). Pe: letra P.

Póla: ramificación da árbore, acentuación diacrítica. (Gabeou pola póla da cerdeira e apañou moitas cereixas). Pola: ave . (A pola nova xa ten pitiños).

Pór : verbo poñer. (Debes pór en orde os teus asuntos).

Présa: estar apurado. (Non podo quedar, levo présa). // Presa: encoro. (Choveu tanto que a presa rebordou). Botín; peza que se obtén no exercicio da caza. (Foi presa do pánico).

: (lat. Sedem) lugar eclesiástico: capital da Diócese.

: soidade. (Gústame estar só). // So= debaixo de: somete as sabas.

: infusión.

Vén: verbo vir, p3 ( El non vén connosco?) // ven: verbo ver, p6. (Ven ben?)

Vés: verbo vir (Vés ou non?) // ves: verbo ver, p2. (Ves algo?).

Vós: pronome persoal tónico 2ª persoa plural.