As maiúsculas

As maiúsculas: presentación power point.
Icona iDevice Escríbense con maiúscula inicial os seguintes casos:

A primeira letra dun texto, dos títulos dos libros e a que vai despois de punto.

Os nomes propios (de persoa, lugar, alcumes, animais…).

O artigo que acompaña o nome dalgunhas poboacións: A Coruña, O Barco.

Os nomes comúns cando pasan a ser nomes propios: Instituto de Educación Secundaria.

As abreviaturas de tratamento: Sra., D., Excmo.

Os nomes de institucións e os adxectivos que os acompañan: Real Academia Galega.

Substantivos e adxectivos que forman parte do nome dunha festa relixiosa, civil ou popular: Día das Letras Galegas.

Despois de signo de interrogación e exclamación cando equivalen a punto.

Algúns acrónimos: Sergas (Servicio Galego de Saúde).

Os nomes de xerarquías ou cargos importantes cando non van acompañados do antropónimo: o señor Director.


Icona iDevice Despois de dous puntos emprégase maiúscula:

No saúdo das cartas (Querida Uxía: Xa recibín a túa postal de Londres).

Nas citas textuais (O doutor dixo: "É un paciente poliálxico").

Cando o que segue forma en si mesmo un enunciado independente.


Icona iDevice Tamén se escriben con maiúscula:

As siglas: ONU, RAG.

A numeración romana: VI, III.

As abreviaturas dos puntos cardinais: N., S.

Os pés dalgúns textos administrativos, como as instancias:

                       SR. D. DIRECTOR DO IES DE SABÓN


Icona iDevice Non se escriben con maiúscula:

Os nomes das estacións do ano (primavera, verán, outono, inverno).

Os nomes dos meses (xaneiro, febreiro, marzo...).

Os días da semana (luns, martes, mércores, xoves...).

Os xentilicios (coruñés, lugués, arteixán, bolés...).

Os nomes das notas musicais (dó, re, mi, fa, sol, la, si).

As abreviaturas do sistema métrico decimal (cm., dm...) .